viernes, 26 de febrero de 2010

A MAU PELUDA



Desde que tiven noticias da existencia da Mau Peluda, no curral da Severina, non paraba de darle voltas a idea de ver a maneira de vela.
Tiña por costume acercarme o curral, pous alí estaban uns fermosos coellos que, en cuanto a Severina se descoidaba, eu entraba na corte a correr detrás deles para acariñar algún, cousa que eles non debeian apreciar moito, pois sempre fuxian.
Nunha ocasión, estando coa Severina dentro do curral, acerqueime “o pozo”, e ela díxome que no fora alí, pois podia sair a “mau peluda” e levarme pro fondo.
Obedecin, mais a partir daquela quedei a maquinar naquela maligna “mau peluda”, e no misterio de que estivese alí :”¡unha mau, e por enriba peluda!”.
Cada vez que barruntaba que na casa non habia ninguén, acercabame a fisgar polo buraco da pechadura, a ver se pillaba a mau dando voltas polo curral. Nnca tiven a sorte de albiscala. Debia ser que barruntaba a miña presencia.
A casiña da mau peluda era moi engaiolante para un neno de cinco ou seis anos. Tiña paredes (o brocal do pozo) e un louxado bastante feitiño. Outra das cousas que chamaban a atención era un sarillo no medio, que tiña unha corda da que penduraba un caldeiro grande no que según a Severina durmia a mau peluda.
Unha noite, mentras cenábamos, meu pai comentou que ian a empezar unha obra na casa do cura, él e o Manolo. Creo que entre outras cousas, tamén a tiñan que louxar.
Nada mais enterarme da noticia, xa fixen un proxecto para cachar á mau peluda. Mentras traballaban, apostaríame debaixo dun carro, e esperaría a que saira.
¡Meu dito, meu feito!. A primeira oportunidade, agacheime debaixo dun carro que estaba alí cargado de esterco dos porcos, esperando a ser trasladado as cortiñas.
Polo ollal dunha roda, vixíaba o brocal do pozo por ver si asomaba por alí, mais nada, despois de varios días apostado, non houbo maneira.
En vista de que a Mau Peluda non asomaba os seus dedos peludos, tomei a decisión de espreitar desde o mesmo brocal.
Co algo de medo, asomei os fuciños por enriba daquelas pedras gastadas de tanto rozar contra elas á hora de sacar auga, e como non chegaba ben a ver, debruceime por enriba daquela defensa, con medio corpo dentro do pozo e o outro, as pernas, colgando fora.
Entón sucedeu o que tiña que pasar; Apareceu a Mau Peluda, enganchoume polos pes é colgoume dentro do pozo, seguramente co ánimo de deixarme caer dentro.
O que sucedeu despois non o sei, pois cando volvin a recobrar o sentido, que nunca tiven, estaba deitado no balcón da Severina, con ela, meu pai, a tia Florinda e o Manolo, botándome auga na cara e dandóme sopapos.
Decian despois as más linguas que si fora o Manolo, que me collera polos pés, acenando con tirarme dentro. Tamén dicen que daquela perdín a noción da realidade.
Mais eu sei que non. Foi a Mau Peluda, que me tiña envexa. O de Manolo inventeron-no para que non collera medo.
Eu sempre fun valente e non tiña medo.
Non volví nunca o pozo, para non asustar a pobre Mau Peluda.
Hai que ser caritativo coas Maus Peludas, son boa xente!

5 comentarios:

  1. A mao peluda, o noso cocón máis enxebre, estaba a merecer unha homenaxe e ben sabrosa que lla deches. Fermosa historia, outra vez. E xa van unhas poucas. Parabéns.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, unha "vice" mais.
    Non tiña eu as mentes en que tí coñeceras a mau peluda. ¡Xa vais vello!.
    Acorda que no idioma, recoñecido en toda a galaxia, de Brumoso, non é mao senon mau.
    Ese acabado e "u", traime de cabeza.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Jejeje, esta gustoume. A mau peluda en todo o seu esplendor. Un clásico!!

    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Me has gustado mucho la historia de la Mao Peluda :)

    Menos mal que a mi nunca me contaron nada de ella, o a lo mejor era yo tan miedica que ni se les ocurrió!

    Besos

    Elisa

    ResponderEliminar
  5. Elisa: Supongo que estará traducida la "Maupeluda"
    Era una especie de coco de la época, y estaba inventada con fundamento. Se trataba de evitar que los niños se cayesen al "pozo".
    Besos.

    ResponderEliminar