viernes, 16 de abril de 2010

¿RITOS ANCESTRAIS?


Falando coa miña tia Jesusa, recordoume un dos rituais que habia pola nosa terra, sobretodo na Teixeira. (Lástima que dos teixos so quede o nome Teixeira).

Polos anos cuarenta e cincuenta do século pasado, os pobos estaban ateigados de xente, e o terruño non daba casi para manter a todos.
Era moi importante que as colleitas fosen adiante, coa menor merma posible. Delo dependia que a fame fose mais ou menos grande.
Unha das peores situacions era que entrre a primavera e o veran viñera algunha tormenta, e se era de granizo moito peor. Podia arrasar os sembrados e todo aquello que estivera en sazón. Era polo tanto algo o que se le temia en extremo.
Nunha ocasión presentouse unha fea tormenta que non presaxiaba nada bon. Cúmulos negros, cada vez mais xuntos. A atmosfera encheuse dun calor asfisiante, mesmo parecia que da terra tamén saia calor abafante.
Pola parte da serra, empeceron a escoitarse os primeiros tronos, que se escoitaban duas ou tres veces gracias o eco que producian os lombeiros no val.
A xente empezou a preocuparse. Miraban o ceo casi implorando que aquello pasara. Alguén subiuse o campanario a tocar as campas, pois deciase que tiñan “virtud” e espantaban as tormentas.
Nas casas as mulleres empeceron a facer lume no que metian uns cachos de madeira a queimar, que foran bendecidos un dia na igrexa.Tamén escomenceron a queimar parte dos ramos que foran bendecidos o dia dos mesmos, antes da Semana Santa.
De súpeto unha muller entrou no forno, e collendo a “pa” de meter e sacar o pan, como se fose un estandarte empezou a camiñar polo pobo con direción a faceira.
Empezou a seguila o resto da xente da aldea, homes mulleres e nenos. Ian todos rezando aves marias e outras oracións, e cantando algún que outro salmo.
A tormenta empezou a deslizarse polos Moares, e esmorecendo desapareceo hacia o Patateiro.
A pala volveo o forno donde quedou entronizada, hasta o proximo dia que se cocera pan.
A miña pregunta é : ¿De donde procederia aquela creencia? ¿Seria unha creencia relacionada cos ritos agrarios?
Sea como fora, ahí queda, o que a xente creia.
Daquela, fora polo que fora, a tormenta pasou de largo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario