domingo, 11 de julio de 2010

¡BACORAS DO TUELA!




¡Xa está!. O tesón está preparado. Solo hai que porle uns chumbos rastreiros, e ¡listo!.

Escachouzaremos os gogos nas cachoeiras do fondo dos pastizais de Veigadiz, e despous tentaremos as arraigadas da Rabudeira. As bácoras, nesta época estan asoadas. Asi facemolas marchar os seus nieiros. Alí o tesón xa fai das del.

Fúmonos á cama. Non se podía estar no xergón, era tanto o calor que facía, que as pallas enchumbábanse de suor que volviá o corpo para acabar de amolalo.

Erguímonos cedo pra chegar no arraiar do sol o fondo das Barreiras. ¡Que listos eran os caralláns dos cabaleiros templarios! Na barreira da lado dreito do Tuela, tiñan as viñas, nas que o sol entraba desde a mañá hasta a noute. O viño que facian era de sona na comarca. Mandaban viño, coellos e perdices o castelo templariode Vinhais, e dalí subian as famosas alleiras trasmontanas. ¡Xa podían!

Empecemos cacheando gogos, lastras, e sobre todo as oucas, pois as bácoras adoitaban meterse no medio delas, tamén nas carrizas das bordas.

As camelas atizában-nos nos garlimpantes e liscaban pras arraigadas, onde despois esterlouzaríamos co tesón.. Aquelo tiña boa pinta, pois fuxian moitas.

O tesón estaba preparado con malla ancha, pra que solo quederan nel as desparpadas de mais de dez pulgadas. Habia que deixar as pequenas pra o seguinte ano.

En menos de unha hora, deixemos de trastear, pous xa tíñamos dabondo, habia dous carrelos cunha decena de camelas, de mais de trinta centímetros cada un. Unha vez escabechadas tíñamos peixe para uns dez días. Non facia falta mais.

Zampémonos uns ovos estrelados con patatas fritidas, que levábamos, debaixo dun escambroeiro dos poucos que xa quedan desas dimensiois, bebimos uns grolos de viño e durmimos unha boa sonada, facendo tempo pra que o sol non nos abrasera o cachazo subindo as costas da Mallada.

Cando subíamos crucémonos co gran truteiro de Hermisende, o ti Grabiel, que nos preguntou que qué tal. Enseñémosle a nosa pescata que era boa, ainda que non tiña nada que fose envexado pola del. Preguntoume se collera algunha a mau, dixenle que so unha, que fuxian; entonces él díxome:

¡Hai que entrarles con muto xeitiño, pous non tein pestañas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario