lunes, 13 de diciembre de 2010

BUSCAR A MORTE ¿PRA QUÉ?

                  Val dos Marcos desde a serra da Teixeira.


 Era na época en que eu tiña sete ou oito anos. Vivia coa miña avoa na haba da Gamoneda, nese recuncho que se mete hacia Portugal no linde dos pobo de Montesinho, Vilarinho e Paramio, pobos os que vou con relativa fecuencia. Gustame moito ir por alí, buscando cousas que ver no campo arqueoloxico. E ainas, abofé.
 Ali na Teixeira, tal é o nome do meu pobo de nacemento, a miña avoa as veces mandabame a casa do Luis do ti Ricardo a buscar cousas. Unhas veces zucre, outras aceite ou arroz.
 Sempre sucedia o mesmo; saia da casa coa fardeliña a buscar o encargo, atopábame co meu amigo David, ou co Santos, ou con Leonardo, e a idea de ir a mercar algo subía directamente o limbo dos xustos, e eu non retornaba a casa hasta que a tia Martina viña a buscarme.
 Na casa chegaba un pequeno rapapolvos, no que a avoa tentaba inculcarme un chisco de sentido común, para non caer de novo no mesmo erro. Coido que nunca dou resultado, sempre seguín atendendo mais ós amigos que a avoa. ¡Perdoa avoa, xa sabes que o sentido común é o menos comun dos sentidos!!.
 Un dia, xa case sentados a mesa para comer, a avoa decatouse de que le facía falta algúnha cousa para acabar de facer a comida. ¡Habia que ir a casa do Luis!
 Algué suxeriu que fora o rapaz a mercar o que faltaba, ó que miña avoa respostou: ¡Non, e urxente!, ide un de vos, pous o rapaz desde agora é o encargado de ir a buscar a morte.
 Fiquei todo abraiado, con aquel novo cometido, ainda que un pouco de medo tiña, pous a señora da gadaña nunca me fixo moita gracia. O mesmo tempo sentinme orgulloso de que a avoa me nombrera oficialmente o encargadode ir a buscar á señora dos pasamentos.
 Pregunteille porqué me fixera aquel nomeamento e díxome, que eu era o mais axeitado pois sempre que ia a buscar algo, non volvia hasta que no me iban a buscar a min.
 Así e todo a morte é moi arteira, pois cando finou a avoa, que estaba en Val dos Marcos, eu estaba en Santiago de Compostela.
 Creo que manderon a buscar á Parca, a alguén, ou ben mais dilixente ca min, ou a alguén que non tiña amigos polo camiño.
 Un espiritual vico, avoa.

1 comentario:

  1. Que envidia de avoa. Tiveches moita sorte por coñecela. Seguro que celebrou que non tiveses que ser ti quen fose buscar a morte.

    ResponderEliminar