martes, 1 de febrero de 2011

PREMONICIÓNS


PREMONICIÓNS.

 Vou a contarvos con este nome unhas vivencias, que seguramente darán lugar a que os excépticos me den con elas na caluga, e o mellor con razón, pero o que si podo decir é que son reais.
 A primeiros do ano 1976, eu estaba a traballar en Santiago de Compostela. Tiña unha vida bastante rutinária, pois todalas semanas, invariablemente facía prácticamente o mesmo; traballo de luns a venres, e o venres pola tarde-noite viaxaba a Xeabra a casa dos meus pais. Na época da caza a cazar o fin de semana, e na época da pesca a pescar o Tuela. (Inda non perdín o costume, ainda que xa casi non hai nada que cazar nin que pescar)
 Como decia a primeiros de ano, en dous ou tres fins de semana, por mor da neve, non puiden ir. Un dos Venres tiven que durmir na Gudiña, lugar do que non puiden pasar. O temporal era tremendo.
 Durante tres noites consecutivas tiven unha ensoñación teimuda e sempre a mesma, coa particularidade de que sempre, o despertar, recordaba-a.
 Soñaba que estaba nun acantilado como os que hai pola zona da Costa da Morte. Eu estaba dando un paseo polo alto dun monte, co mar abaixo bruando. Non habia sol, mais tampouco era de noite, digo esto porque a visión era real, mais a luz un tanto irreal.
 De súpeto diante de min e na beira do acantilado apareceu meu tiu Manolo Paulino. Viña hacia min cun grande sorriso nos beizos, e eu o coñecelo fun cara él para darle unha forte aperta.
 Meu tiu o decatarse da miña intencón, puxo cara triste, acenoume que non me acerquera, e como eu non fixen caso, dun chimpo precipitouse polo acantilado o mar bruante.
 Despertei no momento e durante todo o dia, estive con mal corpo e dandole voltas no caletre o soño.
 Durante dúas noites mais, repetiuseme o sono, sempre identico, era como ver unha pelicula por segunda e terceira vez.
 No día seguinte, recibín a noticia: meu tiu ia dous dias que morrera nun acidente. Non me quixeron avisar antes para que non fora o enterro, pois habia unha forte nevada, e penseron con toda razón, que eu iria andando, inda que tivera que ir desde a Gudiña.
 Polas mismas datas con poucos dias de diferencia tamén morreu a miña avoa, tiña 89 anos. Nunca soñei con ela.
 Deixo outro par de premonicions?, para contárvola noutra o casión.
 Non todo van ser cousas de crise e caralladas parecidas.
 Quero agora desde aiquí deixar constancia do meu cariño por meu tiu. El foi o primeiro iniciador que tiven en moitas cousas.

4 comentarios:

  1. Xabrés, eres tan prolífico que non hai maneira de seguirte (non antes desa xubilación que se nos atrasa). Pero sempre é un gozo ler as túas historias e os teus soños. Este, certamente impresionante.

    ResponderEliminar
  2. Sí, impresiona. Me imagino cómo debió dejarte el cuerpo, Xabres.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Loro: Gracias pola túa comprensión.Xa verás cando chegues o meu estado como terás tempo, ainda que eu creo que teño o tempo mais ocupado que antes.

    ResponderEliminar
  4. Estas cosas dejan muy mal cuerpo. Sobretodo cuando le quieres a la persona, como es mi caso.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar