viernes, 18 de febrero de 2011

UBICACIÓN DE VAL DOS MARCOS (Cartas para nietos) 2ª entrega

     
 Espero que ninguen diga que non foi avisado. Desta vai, ou preténdeo, no galego da Alta Xeabra, mais concretamente no de Val dos Marcos.
 Na primeira carta tratei de explicarte, non sei se con acerto, onde estaba a aldea ou lugar no que paso os vraos, e todolos fins de semana que podo, no resto do ano.
 Verás, Sancibrao de Hermisende, chamado antiguamente Hermisende barrio de San Ciprián, forma parte de un concello que ten cinco lugares.
 O riu Tuela, unha vez que xunta todalas augas que baixan das serras de entre portelas, é decir desde a Tuiza para abaixo, conforma un val, entre dúas montañas, por un lado, o esquerdo do rio, o Monte Muga, e pola banda direita parte da serra do Marabón, hasta meterse en Portugal, alá por Cancelada nas habas das Mendreiras e da ladeira do Piñero e Lagoas de abaixao.
 Escoita unha cousa ; cando eu era neno, viví alí hasta os trece ou catorce anos a cotío, pasando tempadas tamén na Teixeira, lugar da miña mai. Pous ben, daquela o pobo estaba rodeado de uns grandes soutos de castañeiros, algúns dos cuais caseque poderiamos decir que eran milenários. Por Falgueiras  ainos que non os abrancan cinco homes.
 Aqueles castañeiros sempre estaban cheos de vida, propia e allea. A propia eran eles mesmos e os seus froitos, as sabrosas castañas. Comianse de moitos xeitos; asadas en bullós, cocidas en mamotas, cocidas con leite, e o que foi famoso caldo de Cacafú.(Esto terás que preguntar na familia como era). Servian tamén para cebar os porcos(menudo xamón), e recordo que por Santos, aparecia por alí un persoeiro que cambiaba castañas por sardiñas. Unha ducia de sardiñas por unha cesta de castañas. Facia negocio(Por certo que a verba negocio ven da negativa do ocio) esto non o tes que pescudar.
 Nos castañeiros vivian unha serie de animais e insectos, que de algúns voute falar. Habia e criaban neles as “ginetas” as garduñas, as donicelas, coido que gatos monteses tamén se paseban por eles, martas e algún mustélido mais, algún dia farei unha relación de animais que existiron, e inda, pola bisbarra do Val do Tuela e parte de Tras os Montes, axudado por un insigne home de Bragança, que fixo unha guia deles e da zona.
 Tamén criaban todolos páxaros que na comarca hai, tales como pombos, rolas, pigarros, miorlas, estorninos, pitos reais, alconchois etc. etc.
 Dos insectos podes imaxinar que case todos, tanto alados como vermes e cascudos, tamén tein o seu habitat neses imponentes e señoriais castañeiros.
 Eran tan importantes na vida cotiá, que naquele pobos, a xente, sobreviviu en moitos casos gracias a eles.  Antes de que en Europa houbera patatas, e millo, era unha fonte de alimetación, incluso se facia pan das castañas, ainda que o centeo para o consumo deles dábase ben.
 Se algué quere probar o pan de castañas, solo ten que ir a aldeia de Montesinho e mercalo. Eu merqueino neste vrao e está esquisito.
 Tamén daquela, sendo eu neno, creo que me engarabitei por todolos castañeiros da zona a procura de “nius”, na época correspondente. Os estornillos, pigarrros e pombos xunto cos pitos verdeais,foron sustitutos das carnes que non se podian mercar.
 Agora inda quedan castañeiros, incluso ainos novos nas leira dos arredores que se deixeron de cultivar, pero si se pasa polos soutos vellos, enchese o corazón de tristura. Hai moitos queimados, caidos, por culpa do lume que van apodrecendo os seus esqueletes. Eso sí, arredor deles nacen as silvas e as garbanceiras.
 O que antes era un espacio no que non habia solución de continuidade de castañeiros, hoxe, ten calvas enormes, como esas cabezas do humans que xa case solo le queda pelo na beira das orellas.
 Eu no sei se algún dia seremos obligados a volver o lugar para non morrer de fame. Non te rias de min que ó ritmo que van as cousas, eso non é descartable. Debemos polo tanto facer o que poidamos para a súa conservación, que tamén é unha maneira de conservar a vida en xeral
 Teño que recordar que sitios onde habia moito castañeiro, hoxe non ten ningún, exemplos: Vegadiz, As Lameiras. Vilares, a Fervenza, Chaguazais, As Latas e o Falgueirón. Seguramente hai mais lugares sen ningún, mais no pretendo facer unha lista exaustiva de cemiterios de castañeiros.
 CUIDEMOS A NATUREZA AINDA QUE NADA MAIS SEXA POR EGOISMO. O CUIDALA TAMÉN CUIDAMOS DE NOS MESMOS.
 Añado unhas fotos de castañeiros que xa non son e ouitros que o son a medias.






2 comentarios:

  1. ¡Menudos castaños tenéis en el valle! Yo no he llegado a conocer muchas de las zonas que nombras, pero, sí: se te cae el alma a los pies cuando te encuentras algunos esqueletos medio quemados, comidos por las malditas zarzas.
    Me contaron una vez una leyenda sobre una hermosa princesa mora (como no podía ser de otra manera) que ya no recuerdo si fue ella o en honor suyo por lo que se plantaron los castaños en Hermisende: de ahí su nombre.
    Un abrazo, Xabres.

    ResponderEliminar
  2. Estás invitado a la zona cuando yo esté allí (No quiere decir que no vayas cuando quieras). Tambien te podré enseñar cosas no tristes. Aquello se mueve, lento muy lento, pero se mueve.
    Me tendrás que contar esa leyenda, pués relacionada con el nombre, no la recuerdo. Lo de las princesas moras, por allí y toda Sanabria, es algo ancestral. Ojo, Moro o mora, creo que no es sinónimo de musulmán-

    ResponderEliminar