viernes, 15 de abril de 2011

¡¡¡ CARALLADAS!!!


 REPARTO DE BENEFICIOS EN VAL DOS MARCOSN (XEABRA).

  Estamos en días de tribulación  nos que as grandes compañías do país fan contas, reparten beneficios, e axudan a todos os lugareños de Val dos Marcos, con as ganacias do ano pasado que inda estaban sen repartir.
  Empezou a compañía de teléfonos, que por certo na comarca, sobre todo cos móviles, non cubre toda a extensión. Se te moves o norte ou o sur este ou oeste o mais probable é que perdas cobertura ou entres nunha rede de Portugal.
 Claro, aiquí, ainda que non se faga moito o de levar o trebello o morro au a orella, como de todo o mundo é sabido, todos somos accionistas da Telefónica.(¿Qué pasou cos as famosas matildes de todos os españois?).
 Bueno pois, pasou que os directivos desta compañía, que non puxeron nin un peso no seu desenrolo, agora dicen o que hai que facer. En primeiro lugar, e sen dilacción, o mais importante é pagarle a eles. Os que estan en despachos de caoba, raiz de nogueira nas mesas e cadeiras. Estes nunca están, nin pondo postes nin tirando lineas de cables. Tampouco están decindo como se fai, eso fan-no os técnicos, que en definitiva son outros curritos mais.
 Como eles son os mais importantes (Hitler tamén pensou que o era), deciden repartirse un feixe de millardos, entre eles (a fin de contas eles son poucos, en comparación co resto dos traballadores), e despedir a un vinte ou trinta por cento dos traballadores, tanto técnicos como manuais, pois se reparten diñeiro entre eles, o mellor a compañía, que non se sabe de quén carallo é, pode ter problemas a hora de pagarles o salario mensual a eles mesmos no futuro, e eles naceron por outro conducto. As súa nais parian por debaixo de un hombreiro. Polo tanto non son coma nós.
 Eses despedidos, en definitiva, non están acostumados o Moet Chandon, nin o Vega  Sicilia, polo tanto non o botarán de menos. A auga dos Millais é boísima.
 Nunha reunión habida en Val dos Marcos, para anializar esto, chegouse a conclusión de que era mellor prescindir do telefone. Volver a usar as campas e o fume para as comunicacións. E para seguir usando a rede, o mellor é facer contratos de tres meses con compañías estranxeiras, renovando a continuación o fin do periodo, mais reservando o direito de pasarse a aquela compañía, que mellor servico dé, e mais beneficios reparta entre os usuarios e non despida a ningún traballador, que él non queira irse.
 Agora que a diatriba acabou, quero decir que: ESTAMOS A DECIR QUE A CULPA A TEÑEN OS GOBERNOS, E É VERDADE, POIS NON SON CAPACES DE PORLE FRENO A ESTAS COUSAS.
 Collín o exemplo da telefónica, como podia tomar o da banca, ou da construción, e non digámos dos emporios nucleares, emporios no senso de imerios.
 Solo vos pido un favor: PENSAI, PENSAI, PENSAI, E ANALIZADE ESTAS  COUSAS, E O MELLOR CHEGADES A CONCLUSIÓN DE A QUE TENDES QUE VOTAR, NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS.

1 comentario:

  1. Eu o que teño claro é que goberno e altos directivos de empresas é a mesma cousa. Os políticos están en grandes compañías e tiran para elas.

    ResponderEliminar