jueves, 21 de julio de 2011

ALTA XEABRA E VIGO. AS MIÑAS TERRAS.


 Despouxa (apouxa, ti Alexandre dixit) da estancia na famosa e fermosa varonía de Val ds Marcos, alá pola baixa-alta-xeabra, chega  un  a esa cousa que chaman civilización, e, aparte de desexar voltar o mundo “incivilazado”, cousa que se fará rápido, agarranse uns cabreos de sete estalos o reincorporarse e ver o que esas xentes que nos van a salvar, fan, dicen, e o que é peor, non dicen nin fan. ¡Non tocan eleucións agora!.
 Como dos avatares mundanos actuais, xa falaremos noutra, agora imos co verdadeiramente importante.
 Hoxe, xoves 21 de xullo, fún, coma outro día calquera, fora de tempo de mandra, a á avda. Atlantida a cumplir o ritual cotián e  aconteceume o seguinte:
 Para tentar “baixar” uns gramos, decidin, como moitos días, ir andando. A cousa non é unha broma, son cerca de dez kilómetros de ida polo tanto vinte en xeral.
 (Acabo de excoitar na tv. Que a xente mais honesta do mundo está no pp, según un voceiro deles)
 Volvendo o inicio, na volta hacia a maseira, esperei polo Bus nunha desas chabolas plásticas nas que se esperan eses trebellos.
 Esperábamos dúas personas, unha muller e mais eu.
 Chegou outra muller, que se sentou no medio de nos. Preguntounos por unha plaza, que estaba a uns trescentos metros a senso contrário do Bus. Dixele que non debia coller o Bus, andando chegaba en tres minutos. Dixo que so se sentera a descansar, que estab en casa dun fillo, ela era de Madrid, e a nora dixérale que fora hasta a praza.
 Falando, falando, falando, a pobre señora dixo que non volveria nunca a Vigo. Ela era de Madrid, viñera a Vigo a ver ó seu fillo. A nora mandera de paseo hasta a hora da comida. Aburriase ela sola.
 Sen vir a conto a veciña de banco, esplicoule que polo menos podia entender a xente. Ela estivera en Alemania “para gañar cartos” e alí falaban algo que non entendia e sufrira moito.
 Aquelo converterase nun diálogo de besugos, cada unha falaba do dela, sen escoitar á outra.
 Veu un bus, e a emigrante marchou nel. Quedemos a madrileña e mais eu. Recomendeile que se fora a parte marítima de Bouzas, donde hai unha boa marisqueria. Con a recomendación de que pedira os mariscos que mais le apeteceran. Cuando acabera que chamera a súa nora ou o seu fillo, que vivian nun chalet por alí, e que les fixera pagar a minuta.
 Díxome que o faria, xusto cando viña o bus nº 3, que era o meu.
 No bus tamén escoitei cousas curiosas. Se teño gana, algún dia falaremos delas.
 P:S: Estiven pola Xeabra, xa teño pementos, tomates, xudias, cenouras, cebolas e algunha cousa mais. Pena que as zreixas xa teñan demasiado arroz. Hai que volver a Xeabra a labourar no agro e recuperar o tempo perdido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario