miércoles, 25 de enero de 2012

AS AGUIAS ORFAS


 Teño vários amigos pola banda de Fornelos de Montes, de cando en vez véxome con algún deles e cóntanme cusas de cando vivian na aldea e da súa mocidade.
 Nun día destes pasados, atopeime con Xan. Estivémos de léria un pouco en nun intre da conversa, falóume de Chisco e das cousas que facía. Chamóume a atención aquilo e mais cando me dixo que Chisco era un paxaro.
 Entonces pedinle que me contara a história de Chisco.
 Daquela Xan inda estaba solteiro, tiña vintedous anos, acababa de volver da “mili”, e vivia cos seus pais. Facía os traballos normais que daquela tiña unha familia dedicada a gandeiría e algo de agricultura de subsistencia, como en case todo o noroeste. A história tanto poderia ser en Fornelos de Montes como en San Ciprián. A maneira de vida non se diferenciaba prácticamente en nada, solo na maior cercanía do Atlantico.
 Na casa tiñan vacas, algunha perica, como por aiquí chaman as ovellas, can e pitas.
 Na parte alta do termo da aldea, tiñan uns prados nos que adoitaba Xan levar as vacas a pacer Nun dos prados tíñan unha touza de carballos centenários. Algúns moi grandes. No medio do medio da touza habia un carballo altísimo e gordo como un castiñeiro daqueles gordos das Touzas ou do Carballal da nosa terra.
 No alto do devantito carballo tiña o niño unha águia real. Xan tiñao localizado desde que a femia estaba chocando, pois cando ia coas vacas para a zona a ágia pasábase todo o tempo dentro do niu, e o macho daba voltas de vez a cuando por enriba e achegábale comida e ós poucos substituia-a.
 Pasado un tempo naceron dous aguiluchos, que como todos estes paxaros, nacen totalmente indefensos Xan tiña-os mais ou menos controlados. Gustábale vixialos e ver como medraban.
 Un día, cuando subia con as vacas para a zona, atopou primeiro unha águia morta. Era a femia, e cando chegou os prados tamén encontrou o macho morto xunto a unha raposa e varios corvos.
 Chegou a conclusión de que alguén envenenera carne, e aquel veneno acabou faceno unha desfeita.
 Acordouse das crias e decidiu subir o carballo. Era moi alto e levoule tempo e traballo chegar onde estaba o niño ou niu. Alí estaban os dous aguiluchos, que o velo acercarse enfurruñéronse bastante. Inda non tíñan pluma, solo un plumón bastante tupido. Tivo que volver a casa a buscar un saco para metelos, e baixalos. Pola noite levounos para casa, quedouse él con un e o outro encargouse súa hirmá e o  marido del.
 Empezou a darle carne crúa cunhas pinzas. Non foi difícil pous o pobre becho debia ter bastante fame e non púxo demasiados reparos. O parecer o outro aguilucho tamén fixo o mesmo; empezou a comer tamén.
 Comeron e creceron  hasta facerse grandes. Non os tiñan engaiolados, tíñan-os soltos no curral. Aprenderan a convivir coas pitas, cos gatos e con as pombas que tamén tiñan. Un can que tamén andaba pola casa tamén aprendeu a respetálo. Acercouse demasiado o aguilucho, este fungoule, mais o can non fixo caso, entonces o paxaro apoiando a cauda no chan e coas poutas por diante, mandoule un recado ós beizos que le tarderon un par de semanas en curar.
 Aprendeu a voar de maneira empírica. Proba e error. Voando e estampandose as veces contra o chan outras contra os valados e algunha vez contra a figueira.
 O fin conseguiu voar como é debdo, e escomenzou a remontar o voo, agrandando cada vez mais a zona de exploración xunto coa súa hirmá. Eran un macho e unha fémia.
 Volvian sempre a comer e durmir á casa, eso sí cada un á súa. O parecer Xan tiña unha moto, e as veces o aguilucho, cando él saia na moto, seguia-o voando alto, cuando paraba a moto o páxaro baixaba e pousaba nela, como se a estivera a guardar.
 Un día viñeron a casa os do Icona, decindole que sabian que tiña unha águia, e que aquelo estaba prohibido, querian que chamera o paxaro e denuncialo, El díxole que podian mirar donde qixeran, que non habia ningún páxaro engaiolado. Que si algunha vez viña por alí algún paxaro dábale de comer igual que as pombas e os cans. Naquela casa non se le negaba un  bocadillo a ninguén. Eles mesmos podian comer algún se querian.
 Co paso do tempo a parella de águias cada vez tardaban mais en volver a casa, hasta que un día deixeron de acercarse.
 Solo algunha vez, indo coa moto, viu unha enriba del seguindo-o, e piando como se le dixera adeus.

2 comentarios:

  1. Xan converteuse en pai e nai dun paxaro ben intelixente.
    Os de Icona ou Seprona terían que atender outros asuntos.

    ResponderEliminar
  2. Paideleo: O meu amigo de lérias, inda coñeceo o Icona. Quero decir que foi naquel tempo. Efectivamente deberian haberse ocupado de que ninguén envenenara nada. A conversa arrancou desto. Apertas.

    ResponderEliminar