lunes, 26 de marzo de 2012

A NOVA VIDA DO CORMANLAREIRO.


Hoxe chegoume unha carta do meu amigo Cormanlareiro.
 Xa ia tempo que non tiña contacto con él. Tamén, tempo atrás, escribín algunha cousa del, por estes eidos.
 Direivos que Cormanlareiro vive en Val do Marcos, é un gran aficionado a agarrar algunha truta para o seu própio consumo Nunca mais de unha. Vive solo, está viudo e ten un fillo que traballa, despous de acabar a carreira na grande cidade, lugar onde él vai con certa frecuencia a darle a paliza verbal, como él mesmo dí.
 Desde que se quedou viudo e o fillo acabou a carreira, decidiu deixar o seu traballo de experto en MK, nunha grande empresa multinacional, para cambiar de maneira de vida, e ser menos esclavo dun mundo consumista, e desbocado, tamén según él, no eido económico-financieiro. En definitiva deixou de participar na “vorágine” que eleva esa espiral tremenda que tenta acabar cos recursos do Planeta Terra. Xa falaremos desto noutro momento.
O caso é que según él, quedanle un par de anos para chegar a xubilación, cousa que espera que sexa en condicións inda normais. Deuse de alta na seguridade social como autónomo, ainda qué o que vende é cercano a 0. Mais debe facelo porque senón, cando le chegue o día do xubileo, pode ter problemas. Aforrou cando traballaba, e agora invirte parte dos seu aforros en sí mesmo deste xeito.
 Mercou unha quinta pola banda de Vinhais, en Portugal, onde pasa a meirande parte do tempo, limpándoa e traballando xa unha parte da mesma, a que xa le da unha serie de produtos horto-frutícolas, que pon a venda. Como él dice vende os excedentes, que eu coido que apenas le dan para recuperar a inversión nas sementes. Eso sí, cando as arbores frutais entren en producción, será outra cousa.
 Axudanle de cando en vez algúns dos veciños cos que coparte a meirande parte da sua produción. Ë unha especie de troco, produtos a cambio de un pouco de traballo, no que vai incluido o mantemento durante o tempo que dura, o viño do Alto Douro e Toro, e os agasallos dos rapaces da aldea cando cumplen anos, corbetura de algunha necesidade perentória de algún necesitado.Non é esmola, teñen que pagalo con traballo.
 En realidade case todo sai da produción da quinta, que ten unhas doce hectáreas, donde hai case de todo.
 Cando chega o mes de novembro, mercale ós veciños a produción de castañas, merca tamén, dependendo da colleita de castañas, varias decenas de porcos. A metade de raza ibérica e a outra metade de porcos celtas. Cebaos durante os últimos meses, hasta que comen todalas castañas, logo sacrificaos, e transforma toda a produción. De todos é sabido a sabedoría das xentes de Tras os Montes a hora de preparar os fumeiros, que despous teñen tanta sona. Desta produción é de onde realmente saca mais redemento, en forma de diñeiro,  despous de compartir parte cos veciños que colaboran con él.
 Bueno, quería contarvos o da súa carta, mais a introdución alargouse demasiado, e vou deixala para outra ocasión.
 Prometo seguir contando as aventuras do Cormanlareiro e a sua nova andaina.
 Hoxe teño que deixalo, pois quedei co meu amigo Céfiro, que coido vai a invitar a café, na casa do seu fillo Carlos.

 Continuará.

No hay comentarios:

Publicar un comentario