viernes, 30 de marzo de 2012

¿SERIA ASÍ O PRINCIPIO?



 Abri os ollos, e volví cerralos. Amordiqueime nos brazos, pous seguro que estaba a soñar.
 Dous ou trescentos metros debaixo do alto no que me atopaba, alí estaba:
 Un poboado de chozas, como as pallozas prerrománicas, co teito de o que, desde a  miña postura, pareca colmado de palla ou algo parecido.
 Desde a miña posición no altiño, contaba abaixo, no medio duns arbore grandísimos, catorce ou quice chozas.
 Non se via a ninguen polos arrededores. Solo aquelas arbores de copa estrana, mais ben plana e algo escangallada. Como esas árbores que se ven nos documentais que saen nas televisións cando dan reportaxes de Africa. Eso sí, moi altos e a copa esparramada.
 Empezaba a clarexar o día, e entonces empezou a haber movemento polo poboado. As primeiras que ví foron dúas mulleres que se alonxaron unha decenas de metros da aldea e subironse a unha arbore que alí habia. Era unha arbore que a gallas parecian espiñas. As mulleres ian desnudas da cintura para arriba, so levaban un pequeño taparrabos e descalzas. Recolleron uns fruitos que o arbolexo tiña e volveron as chozas.
 Foron saindo mais mulleres das pallozas, mais por alí non se via a ningún home. As mulleres empeceron a xuntarse a beira das chozas, armadas con paus. Escomenceron a cantar e a cabar a terra con aqueles paus afiados. Estou seguro que o que pretendian era labrar a terra para sementar algo.
 Nove ou dez mulleres, sairon da aldea en dirección a un rio que pasaba cerca. Levaban uns lareiros e unha rede en forma de cesto moi grande. Deiteron aquela especie de rede no fondo do caudal da auga, deixando unha parte a flor da mesma. Algunhas das mulleres empeceron a bater cos lareiros na auga, na parte oposta donde estaba a rede, e ian acercandose a mesma. Nun momento a muller que parecia a que mandaba nas outras, deu un berro e todas  o mesmo tempo levanteron os bordes da rede na que habia un bon mangado de peixes. Foron escollendo algúns e devolvendo-os o rio. Solo colleron os que consideraban de bon tamaño e os mais axeitados. En pouco tempo volvian as chabolas cunha boa carga de peixes.
 Cuando as peixeiras volvian empeceron a sair das pallozas rapaces que ian acompañados por otras mulleres que parecian mais xovenes que as que xa vira. Habia unha muller que levaba nas costas un rapaz, metido nunha rede que colgaba dos hombreiros. Era un bon sistema para sair con el, deixabale as mans libres.
 Todas as mulleres parecía que tiñan un papel asinado, e todas parecia que o levaban a cabo con a maior celeridade e perfeción.
 Chamoume a atención que por alí non houbera ningún home. Aquelo no podía ser un pobo de amazonas, pous había rapaces, que alguén debería haber enxendrado.Ou polo menos axudado.
 Con sigilo cambieime de lugar de observación, pous non quería que me viran, mais que nada por medo. Non sabía que reación teria aquela xente o atoparse cun especimen distinto a eles.
 Cheguei a outro outeiro, desde o que divisei unha choza armada no alto dunha arbore, e debaixo unha especie de galpón rectágular. Alí solo habia homes.
 Apareceu un cun porco montes morto o lombo. Sairon dous vellos do galpón, racheron o porco a metade, e o mesmo que o traia, levou unha o poboada das mulleres, quedandose os homes co resto.
 A beira do galpón había unha dúcia de homes a redor dun lume. Puiden ver que nas brasas estaban a asar unha espécie de escarabellos e gusanos, de un tamaño considerable, de uns sete ou oito centímetros de longos e gordos coma dedos. Cando estaban asados puxeronse todos a redor, despous do berro do que parecia o mais anciano, e foron comendo o que parecia un festín para eles. Ian coemdo e cantando, ou algo parecido. Polo menos daban berros.
 Hos homes tamen ian desnudos da cintura hacia arriba, solo levaban unha espécie de canuto sobre os organos sexuais, que casi sempre collain cunha das mans. Parecia que estaba couidando das súas partes íntimas.
 Parece que os homes, sempre fumos aficionados a presumir dos nosos atributos. Supoño que se os atributos dos burros foran trasladables, todos estarian capados.
 Cuando os homes acaberon de comer, sesteeron polos arredores. Cando acaberon as mulleres, volveron a buscar froitos, e cuidar das criaturas.
 Alí daba a sensación de solo facian algo útil as mulleres. Os homes zanganeaban.
 O sonido dunha sirena dalgunha fábrica despertoume. Estiven pensado naquelo caseque todo o dia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario