miércoles, 7 de marzo de 2012

¡QUE A TERRA TE SEA BREVE!, LOLA.



 A sangría na Sanabria Alta, non para. As mortes, hoxe, na Xeabra xa non deixan na indiferncia, pous cando morre unha persoa, en termos estadísticos podemos falar de un quince, vinte ou trinta por cento que representa esa morte.
 Que sirva este “introito” como unha reflexión do que está a pasar, inda que o que me move a escribir é unha das últimas noticias luctuosas que a min me afectan moi directamente.
 Este último día tres de Marzo, deixounos Lola Lubián viuda de Felipe Lubián e mai de uns meus amigos, entre eles un meu cuñado.
 Tanto Lola como o seu marido Felipe, eran ese tipo de personas que a un caenle ben desde o primeiro momento que se coñecen. Polo menos eso foi o que me pasou a min cando os coñecín xa vai perto de trinta anos.
 Felipe contoume unha manchea de histórias da sua andaina pola vida e serras de Lubián, e nas noites de muiñadas no seu muiño na beira do Tuela. Pola súa boca coñecín cousas de Lubian, das trutas do Tuela e dos lobos nas anoitecidas, igual que os que caian no cortello. Sempre con un humor estupendo á hora de contalos, e cunha chisca de esaxeración que inda os facia mais enxebres e con mais “suspense”.
 Lola, sempre a vin menos comunicativa, mais sé se terciaba contaba parte das súas andainas coas cabras e cos traballos rutinários cotiáns.
 Endexamais les escoitei, a ningún dos dous, facer comentários negativos sobre ningún veciño. Cousa non escesivamente corrente nas aldeas.
 Foron unha parella traballadora, e moi empecinada na formación dos seus fillos. Os recursos económicos non les sobraban, igual que á maioria  dos xabreses, mais eles con esforzo e teimudos en que os fillos debian ter un porvir mellor que o deles, conseguiron darle unha formación a todos, cousa bastante inusual daquela pola zona.
 Coido que eran xente que a calquera le gustaría ter como proxenitores, con todos os seus defeutos e virtudes. Creo que deron mais do que podian e nunca pediron nada.
 Como le decía o seu fillo Felipe a seu pai cando tivo que ir o hospital de Zamora,  agora eu aplicolle-lo ós dous : "Xa cumplisteis co protocolo".
 Desde fai uns días Lubián é menos Lubián, igual que o resto das aldeas da Alta Sanabria, inda que sexa hoxendía o pobo con mais habitantes da comarca.
 O envellecemento da Alta Xeabra é evidente. Esperemos que solo sexa un “espejismo”.
 Desde aiquí mandole unha forte aperta a todolos fillos de Felipe e Lola, e a eles, se eu fose mais crente, diriales  “que gocen da eternidade, no ceo”.


1 comentario: