viernes, 11 de mayo de 2012

A Pala dos Albardeiros



 Hai un recuncho no mundo cheo de feitizo e ganas de vivir a pesar da dureza da terra e tamén dá da caluga dos seus acidentais gobernantes.
 Hai, decia, un recuncho no mundo que se chama a Alta Xeabra. E o único recuncho no que inda está o recordo de cando os reis de tres reinos que colindaban nun punto determinado a deliberar as súas renxeiras e merendar xuntos de cando en vez. Ese punto chámase O Penedo dos tres Reinos.
 Pértiño deste Penedo está a famosa poboación prerrománica, nunca dominada polas centúrias romanas , igual que un famoso pobo en Francia que tampouco foi domeñado por Xulio César. Esta famosa cidadela prerromana e autárquica é a famosa en todo o mundo: Val dos Marcos.
 En Val dos Marcos viven de vez en cuando, os descendentes da familia da Barriada de Arriba Os Marcelinos ou os da Igrexa, como queirais chamarles. Tiñan outro nome, mais non me dá a gana de transcribilo.
 Vereis, uns descendentes desta familia, nunha ocasión, xunto cun da familia Lubián de idem, decidiron, nun día de Maio dun ano que xa pasou, decidiron decía ir o nascente do riu Tuela.
 Este riu nace nas vellas serras dos montes de León. No fin, case, da Serra Segundeira, a cabalo dos terminos dos pobos de Lubian, Chaos, Hedroso e Barxacoba.( As clases de xeografía non se cobran).
 Ë o caso, que decidiron facer unha ruta desde os nascentes do Tuela, hasta o famoso santuario da Tuiza. Santuario no que se honra á Nosa Señora das Neves antes do inverno. Apareceu nunha nevada. Coma todas as aparicións, foi a uns pastoriños no mes de Agosto no medio de unha nevada. Inda os pobos de Chaos e  Lubián non se poñen de acordo se foi na terra dun pobo ou do outro.
 Ben, iniciémola andaina desde Barxacoba, subindo as empinadas ladeiras daqueles montes que lindan co termo de Lubián. Ë Barxacoba unha bonita aldea cerca de Porto de Sanabria, Está encaxonada nunha pequena ribeira dun afluente do riu Bibei, afluente que tamén se chama Bibei. Está na marxe direita do pequeno regacho, que rega un pequeno val entre duas montañas,que apenas están separadas por un par de centos de metros unha da outra. ¡Bonita aldea, debeis visitala xunto co cortello dos lobos, e unhas calzadas, seguramente da época medieval, enlastradas, das que xa apenas quedan para ver.!
 Cando estábamos baixando xa, pola beira do Tuela, Xusto, xusto o pasar cerca do lugar coñecido como O Caneiro das Bruxas, indicoume no outro lado do riu a coba Chamada dos Albardeiros.
 Faloume dos dous lugares, especialmente da Pala dos Albardeiros. Non sei o porqué, mais relacioneina coas Alabardas, as famosas espadas prerromanas do Noroeste peninsular. Prometinme a min mesmo volver a visitala outro día.
 Chegou ese día. Armado cunha cámara, unha boa caxata cun ferrón na punta, para subir ben polas morrenas que inda quedan naquelas serras, un zurrón con viandas e un termo de café.
 Cheguei a entrada da pala. Esperaba atopar algo con insculturas. Despous de darle unhas voltas a fraga, buscando algo con que relacionar o nome da pala coas alabardas, non atopei nada.
 Un pouco desilusionado decidin abandonar o lugar e ir visitar o Caneiro das Bruxas. Iniciei a baixada hacia o riu,que tiña que atravesalo para ir o outro lugar. Debaixo  do penedo donde está a pala dos Albardeiros, casi por casualidad, albisquei unha mina, semitapada polo monte. Adentreime por a abertura, retirando parte da maleza.
 Alí había unha entrada soterrada  pola que iniciei unha andaina hasta onde fora posible. Quería explorar aquel lugar. Cada vez estaba mais oscuro. De repente cedeu a terra debaixo dos meus pés e caí por un furado hasta chegar outra vez a terra firme, cun bon batacazo o chegar. Quedei medio inconsciente durante un pouco de tempo.
 Inda medio inconsciente, escoitei unha voz, entre gangosa e atiplada, que parecía estar declamando algo bastante triste. Parecia que falaba dun amor lonxano, dun corazón arrancado con un coitelo afilado, e dunha morea de tempo velando os restos mortais dun amigo.
 Non podía ser. Aquelo tiña que ser inda, os restos da zambucada. Senteime nunha esquina, enriba dunha treixa que alí estaba enrollada. Un adival pros da zona da Terra Chá.
 Cando espertei, pensei que seguia alucinando. O que tiña diante dos ollos era entre cómico e horripilante. Os personaxes que tiña diante eran todos coñecidos.
 Había un de “corpore insepulto”, no alto dun túmulo. Coas mans cruzadas sobre a cintura e vestido cunha túnica de liño pardo. No medio do peito tiña un buraco que le chegaba hasta as costas. No oco era onde estivera o corazón. O corpo tiñao “amojamado”, igual que esas momias que se atopan dentro das pirámides exipcias. Parecia que estaba morto, mais, ás veces xemía e laiabase chamando o seu amigo.
 A carón do “amojamado”, estaba outro personaxe, tamén bastante estraño. Vestido cunha túnica tamén de liño pardo, xa moi gastada sobre todo polo fondo, donde parecía que fora rota para fecer adornos cunhas tiras. Levaba á cinta ceñida unha grande espada, que le arrastraba o moverse. Cada vez que o mojama-esquelete, se laiaba, él acercàbase e falabale de xeito agarimoso e facía ruido co ferro.
 Nunha esquina habia unha figura inconfundible, tanto polo seu porte como polo xeito de estar. Reconocin-no inmediatamente polo “yelmo” que tiña na cabeza: Era o “yelmo de Mambrino”. Non habia dúbida, aquel personaxe era o mismísimo Caballero de la Triste Figura. Estaba ensimismado ou rezando. Coido que mais ben o primeiro, pous do segundo creo que desde que se atopou coa igrexa, alá pola aldea de Santa Comba de Sanabria, xa non o facía. Perdera a fé.
 Nestas apareceron dúas figuras femeninas collidas de ganchete. Cruzaban, paseando e charlando animadamente unha coa outra. O chegar o medio do recinto unha ia hasta o morto-amojamado e a outra hasta o caballero da Triste Figura, facían unha leve inclinación de cabeza, volvian a xuntarse e agarradas de novo reiniciaban o paseo. Entonces, o amojamado suspiraba de maneira arrepiante, e o Cabaleiro da Triste Figura, daba uns saloucos que mesmo parecián os berros dunha dúcia de lobos berrandole á lua.
 Entonces acercouse a min unha espécie de home, pequeno mais rexo, algo patizambo cunha barriga que mais parecía que levaba debaixo do saio un globo terráqueo, que unha barriga. Brazos curtos, maus gordas peludas e dedos curtos tamén, cheos de graxa, como se acabera de facer xabrón, mais sen habelas lavado. Tiña ollos saltois, unhas orellas grandes e desproporcionadas nunha cabeza que apenas se vía, pous levaba unha gorra enroscada na mesma. Supoño que para sacar a gorra necesitaba axuda, ou desenroscar todo.
 ¡Era o fiel escudero de Don Quixote!.- Pregunteille por aquelas personas que alí estaban, e él cunha fachenda casi insultante respondeume: ¡Mira que é vostede pouco letrado!. ¡Aiqui esta a prez da cabaleiria andante que por estas vereas reales, en tempos andivo desfacento entortos, e librando o mundo dos feitizos do desgraciado Merlín e seus amigos, dos que solo se salvaba o Gran Fierabrás.!
 O cabaleiro da cama é o Gran Durandarte, o que o cuida e o seu amigo Montesinos. As princesas que andan paseando son a belísima Dulcinea del Toboso, e a amante de Durandarte doña Belerma. ¡Imaxino que o meu señor e amo, no necesito nomeálo!.
 Cuando saí dalí, baixei a todo correr, cruzando dun salto por enriba do cortello dos lobos, o chegar a él, dun salto cheguei a Lubián onde na vella pensión do Agustín, estaban todalas forzas vivas que foran. Conteilles atropelladamente o que me acaecera, pensando que os ia a asombrar.
 Non fixeron nin puñetero caso. O fondo un vello con cara de coña e chsicandome un ollo dixo: Estiveches na Pala dos Albardeiros, e caiches na cova de Montesinos, ¿Non sí?


2 comentarios:

  1. Este é o meu testemuño sobre o bo traballo do xefe Eli Mark que me axuda .... Son Ann Earnis, de Carolina do Norte, EUA. Coa axuda deste feitizo, volveu o meu marido que me deixou fóra os últimos 3 anos. Finalmente coñecín a este home nun sitio no blogue que un dos clientes é de axuda, expliqueille todo e díxome sobre un ruído de feitizo que soubo e deume o seu whatsapp para escribir ao lanzador de feitizos para contarlle os meus problemas. En só 2 semanas, o meu home volveume. Só quero dicir as grazas a este lanzador de feitizos verdadeiro e sincero, señor todo o que me dixeches pasou e grazas señor. Por favor, quero dicirlle a todos os que buscan algunha solución para o seu problema, que consulte con amabilidade a este lanzador de hechizos, é real, é poderoso e todo o que diga o ruído de hechizo é o que sucederá, porque todo o que me dixo o lanzador. pasar. Podes contactar con el en: whatsapp + 2349015088017, correo electrónico: markmonroy869@gmail.com

    ResponderEliminar
  2. Este é o meu testemuño sobre o bo traballo do xefe Eli Mark que me axuda .... Son Ann Earnis, de Carolina do Norte, EUA. Coa axuda deste feitizo, volveu o meu marido que me deixou fóra os últimos 3 anos. Finalmente coñecín a este home nun sitio no blogue que un dos clientes é de axuda, expliqueille todo e díxome sobre un ruído de feitizo que soubo e deume o seu whatsapp para escribir ao lanzador de feitizos para contarlle os meus problemas. En só 2 semanas, o meu home volveume. Só quero dicir as grazas a este lanzador de feitizos verdadeiro e sincero, señor todo o que me dixeches pasou e grazas señor. Por favor, quero dicirlle a todos os que buscan algunha solución para o seu problema, que consulte con amabilidade a este lanzador de hechizos, é real, é poderoso e todo o que diga o ruído de hechizo é o que sucederá, porque todo o que me dixo o lanzador. pasar. Podes contactar con el en: whatsapp + 2349015088017, correo electrónico: markmonroy869@gmail.com

    ResponderEliminar