martes, 8 de mayo de 2012

Si algunha vez te presentas a ti mesmo.......



 Estábamos cavando as viñas. Era esa época na que xa as cepas tiñan gromos con tenriños acios, que querian decir que unha boa colleita estaba en camiño.
 Daquela xa os días eran longos. Era necesário e saludable, levar unha merendiña, para que o corpo non se viñera a menos co esforzo da guincha.
 A medio día decidimos comer as viandas que nos foran preparadas. Subimos o cimo das viñas, a buscar a sombra dun castañeiro. Cando estábamos dando conta dunha tortilla moi saborosa, e a pundo de repartirnos un cacho de chourizo daqueles que as nosas nais adoitaban conservar en graxa derretida, que facía que estiveran tenriños e xugosos, estalou o primeiro trono.
 Case sen saber como, o ceo foise encapotando, e aquelo colleo a pinta de unha boa tormenta.
 Como xa case tíñamos acabada a xeira nas viñas, convencín o pai de que lisquera para a casa antes de que viñera o forte da tormenta. Eu quedariame a acabar a xeira e baixaria despous o riu a tentar coller algunha bácora, pous de todos é ben sabido que despous dunha tormenta as salmofario entran moi ben a mosca afogada.
 Acabou a tormenta, eu acabai de cavar, e baixei o fondo dos prados de Vilares a tentar ás pintonas.
 Subin riu arriba mandando o engano as correntes do Tuela. Pasei polo pozo dos Barbeiros, e metinme na marañade amieiros que hai arredor da Rabudeira. Non sei se algún de vostedes estaria alí algunha vez. Os amieiros estan mestos, e na maioria dos casos as súas raíces forman na auga unha estupenda maraña na que se esconden as bogas, escalos, barbos e trutas, tamén esconden os ovos dos parrulos e das pitas d'auga.
 Nalgúns lugares, hai que pasar entre dous ou mais árbores e porse de lado, tal é a sua espesura.
 Senteime a fumar un Celtas corto, contemplando a beleza dos raios solares traspasando polo medio das arbores, das suas follas e chegando a estampanarse nos gogos da beira do riu, tamén vendo como o fume do cigarro as debuxaba, alí por onde pasaba.
 Mirando aquelo, que parecia unha cousa do outromundo, tiven a sensación de que a auga deixera de correr riu abaixo, os paxaros cantaban con mais forza e non se sentía ningún outro son, que non fora o trino dos alconchois, e o canto de algunha vazcuallada mesturado co dalgunha miorla truteira.
 Metido naquel momento, no que o tempo parecia que se houbera detido, foi cando, de sútaque, me atopei conmigo mesmo.
 Quedei abraiado de encontrarme a min mesmo, mais cando me fun a saudar, desfixose o feitizo, volvín a meterme outra vez dentro de min, e endexamais me volvín a encontrar.
 Se algunha vez me volvo a encontrar conmigo mesmo seguramente xa non me coñecerei. Un faise vello, as neuronas flaquean e a pereza fai estragos.

1 comentario:

  1. Hai que estar ben só e tranquilo para toparse cun mesmo.
    Eu topeimeun par de ocasións pero xa hai anos que non me topo; xa sabes como é a vida familiar.
    Gustgoume esa sensación do río Tuela.

    ResponderEliminar