martes, 5 de junio de 2012

¡Non é má solución!



 Esculcaba e farexaba dentro do souto de castañeiros, na follarasca. Os castañeiros, xunto cos carballos, afreixos e nogueiras xa estaban totalmente espidos.
 Non era doado achar os fungos. Estaban agochados entre as follas, polo que habia que remexelas, se se queria  dar neles.
 Levaba desde a alba alí, remexendo nas follas e nos guizos que o paso do tempo esparexía polo chau. Aquelo era a verdadeira vida da capa da terra. Todo o que se depósitaba nela, acababa formando parte da mesma. En realidade xa era a mesma terra, pous dela saíra, dela se alimentera e a ela volvia.
 Mentras ia buscando, pensaba neso, solo por que se le viñera a cabeza, Pensou tamén no traxecto dos seres humans, neste planeta; era o mesmo.
 Todos éramos froito da terra. Comíamos terra transformada pola enerxía do sol en diferentes manxares, tales como patacas, pementos, tomátes e demais cousas comestibles polos humans, así como as carnes dos animais e peixes, que en definitiva tiñan o mesmo proceso de crecemento.
 ¡Era a famosa Alquimia Natural!.
 Estando nesas, chegousele a cabeza a idea do equivocado que vivira hasta entonces.
 Saíra polo que se chamaba o mundo, a ganarse a vida, sen pensar, que alí, no eido onde naceran os seus antepasados e él mesmo, era o mellor lugar para fecelo.
 Certo era que o arrancarle o sustento a terra poñía problemas, non sempre daba o que se queria, e as veces era tacaña. Mais tamén era certo que non pedía nada. Solo traballo, e bastante ben dosificado a todo o largo do ano.
 Saíra da aldea. Busquera traballos, tentera formarse dacordo cos tempos. Merquera coches, piso, comera en famosos restaurantes, visitera cidades, cando o traballo o deixaba.
 Como cada vez tiña mais necesidades, tiña que traballar mais para obter o suficiente para satisfacer esas estúpidas necesidades, que non eran tales, senon que estaban de moda. Todo o mundo o facía. Él non quería ser menos.
 En definitiva xa non le quedaba tempo para disfrutar de todo aquelo que compraba, pous, se quería acabar de pagalas tiña que traballar cada vez mais.
 Tiña a espáda de Damócles de non poder pagar algunha cuota a tempo, e de que le quiteran parte ou todo o que fora mercando. Bueno o de mercar solo era unha maneira de decilo. En realidade debiao todo.
 Unha pequena entrada, levábase o trebello, e o resto a pagalo todolos meses.
 Absolutamente todo, piso, coche,tv, mobles. Incluso roupa e as veces a comida, pous os arteiros centros comercias, co ánimo de quedarse en monopolio, daban tarxetas de crédito que te sacaban proporcinalmente unha parte cada vez mais grande do que gañabas cada mes.
 Últimamente, empezaba a ter problemas, pous non controlera ben e había meses que non le quedaba nada. Nin tiña tempo de cheirar o diñeiro. Saia da conta con mais velocidade da que entraba.
 Xa tiña tres ou catro avisos de embargos. Enterouse que podía quedar sen casa, sen coche e sen o resto de cousas, pous os que tan lixeiramente las venderan, inda eran mais lixeiros para sacarlas. Quedou abraiado cando se enterou que le podian quitar a casa, e así  todo o que tiña e que seguia pagando.
 Cuando lo conteron, e o protestar, dixéronle que era legal.
 ¡Ser será legal, mais que me leve o demo se é xusto!, dixo él.
 Agora estaba alí buscando “cocomelos”, na zona onde mais había. Despous dunhas tormentas de outono, abrollaban os fungos debaixo das arbores.
 Metido naqueles pensamentos, empezou a pensar que suguramente a súa vida nin servira para nada, e o que era peor, xa nunca serviria. Cada día aquelo da cidade era mais complicado. No medio dunha grande cidade non se achaban fungos, nin tanxiquera abelotas de carballo que puderan quitarle a un unha pequena fame.
 O día de anes acababan de enterrar o último parente que le quedaba.Por eso estba alí.
 A vida xa non tiña nngún sentido na cidade. Oproblema era que na aldea, pasaría o mesmo. Nesta sociedade, xa naide pode agocharse en ningures. Estamos todos supercontrolados e vixiados.
 Con eses pensamentos ia enchendo a cesta de cacaborros, cacavinas, cocomelos e demais.
 Achou dúas clases de fungos, que él ben coñecía, dúas amanitas. Unha averdosada e a outra con puntiños alaranxados. Tiñan un bon tamaño. Meteunas na cesta.
 De repente, quel ser humano, cambiou de talante. Aledouse, empezou a cantar, a asubiar e dar bricos polo souto abaixo, Acababa de encontrar a solución ós seus problemas.
 Pasou por diante do cemiterio, entrou hasta as lápidas dos seus. Cun grande sorriso nos beizos, diante da cova da súa nai, díxole:
 Mamae, acabo de atopar a solución a todos os meus problemas. Xa non tés que preocuparte por min.
 Dous días mais tarde estaba alí, volvendo a terra que o vira nacer. Naide se esplicaba a súa morte repentina.
 Na mesa da cociña habia unha cestiña chea de cogumelos. Todos comestibles.


1 comentario: