viernes, 22 de junio de 2012

¡POLITICOS , O CARALLO (Competencias imprópias)



 "Competencias impropias."
 Hoxe acabo de enterarme de que os axuntamentos, hasta agora, e supoño que no futuro se non cambiamos esto, gastaban un montón de cartos nunha cousa chamada competencias impropias.
 A min so se me ocorren unhas poucas cousas con relación a isto. Se tiñan competencias impropias seria por necesidade, ou por gastar mais cartos para poder arrebuñar algo para o peto própio, ou porque os que tiñan as competencia propias non as exercian, ou.. ou.., así hasta todas as competencias impropias habidas e por haber.
 De sútaque, eu que xa teño anos, e por iso recordo cousas (Deus siga conservando a nosa memória), acordome daquelas mañás de domingo, nas que despous da obligatória misa, fiscalizada ás veces polos carabineros, despous da misa digo, soaban as campas con dúas ou tres badaladas que anunciaban reunión do concello.
 O concello era a xuntanza de todos os veciños da aldea, un por cada casa; a poder ser o “pater” ou “mater” familae con poder de decisión e que a sua decisión fora vinculante para o resto da casa. Non se admitian xentes menores de idade e xentes sen “siso”.
 O Alcalde Pedáneo, que era o que chamaba a concello, espuña o que había que facer, en función da época do ano.
 Arreglar camiños nunha época. Arreglar a traida das augas para o rego noutras. Facer calquera cousa necesaria para a aldea, en calquer caso. Sempre sen contar con axuda externa, solo se contaba cos veciños para as cousas da aldea.
 Era o que se chama unha verdadeira autocrácia. Inda ten este nome nas aldeas veciñas de Portugal.
 O axuntamento chamado oficial, donde o alcalde maior saia dunha terna que o secretário do mesmo mandaba a Zamora ó goberno civil.
 A famosa terna tiña truco. Sempre, sempre, de xeito inveterado, o elexido como alcalde era o primeiro da famosa terna.
 Está claro que na terna, para cubrir as costas do secretário, entraban xentes díscolas ou proclives a denostar o reximen.
 Como pode ser ben entendido, o segundo e o terceiro da lista nunca eran elexidos. Para decilo con mais claridade, o alcalde maior xa o elexía o secretário, que era o que levaba a voz cantante.
 Todo esto do chamado axuntamento, non tiña efecto no devir da marcha da aldea. Nesta os veciños eran os que tiñan a voz cantante. Esta voz cantante era forte, porque os veciños, en primeiro lugar non cobraban, en segundo lugar traballaban na cousa común de maneira grátis, e era obligatório cumplir con as medidas adoptadas na AUDIENCIA.
 A politica profesionalizouse tamén nas aldeas. Os concellos moven presupostos. Algúns, rara avis, nunca se empeñan. Solo gastaban o que ingresaban. Podese saber os que eran. Os que algún paisano crecía demasiado, ou non tiñan  infraestucturas minimas, eran os que se destacaban por ter dirixentes, honestos, ou aproveitados.
 Agora chegou o tempo das vacas flacas, e tanto o estado como a comunidade europea, tentan arreglalo. A pregunta é ¿Por qué teñen o mesmo trato os que se empeñeron e temos que pagar as suas debedas entre todos, e aqueles outros que están como fai cincuenta anos?.
 Partindo da premisa anterior, `poderiase colexir que, se a prtir de agora, os CIDADANS actuáramos como nas aldeas de vai cincuenta anos, ó mellor os politicos sobraban, pous agora non faría falla unha terna, e os elexidos non terian postestad para manexar diñeiro publico, para eso estarian os tecnicos con poderes limitados polos CIDADANS.
 En definitiva, haberia que decirle a politicos como a presidenta da Comunidade Autónoma do centro da Peninsula, que eles, os politico, son os criados dos CIDADANS e nunca os AMOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario