lunes, 25 de junio de 2012

A TEIXEIRA I



                            Esta pedra está subindo a Mallada Grande, na veciña aldea de Montesinho

 Desde un tempo atrás, ando con arelas de falar sobre a aldea onde nacín: A TEIXEIRA.
 Sempre que o quero iniciar, sempre teño dúbidas de cómo empezar. ¿Fago unha reseña histórica?. ¿Defino o pobo?.
 Non sei, sexa como sexa, se un quere facer algo, o mellor é empezar. Se hai principio, polo principio, se non o hai o mellor é empezar o chou, e que sexa o que Deus queira.
 Empezarei pola miña aparición neste Planeta chamado Terra, que alguén bautizou como Planeta Azul, e pódaque, de seguir así a humanidade, chegue a converterse en Planeta Negro, e o que pode ser peor, Planeta Roxo.
 Continuemos. Nacín un día tres de Setembro do ano milnovecentos cuarenta e tres, en plena época da fame. Acabérase a guerra incivil e estaba Europa metida de cheo na que foi, hasta agora, a segunda guerra mundial.
 Aparecin neste planeta, nun curruncho Chamado A Teixeira, nunha casa pertencente a familia do pai de miña nai, a casa chamábanle a Curralada. Inda vivia o avó de miña nai que era polo tanto o meu bisavó. Teño entendido que nos coñecímos mais non nos vimos ben. Él estaba cego e eu coido que inda non me fixaba ben no que via.
 O avó de miña nai, meu bisavó, chamábanle o ti estanqueiro. Algunha vez falarei del, coido que era un verdadeiro persoaxe. En Puebla creo que o coñecian hasta os gatos.
 A Teixeira está ubicada ó norte da zona trasmontana portuguesa, pegada a aldea de Montesinho, que le dá o nome o actual parque natural do mesmo.
 Se mirades un mapa, veredes que o terreno portugués entra no español pola banda da Moimenta e tamén pola de Montesinho, deixando o axuntamento de Hermisende nunha espécie de cuna na que a Teixeira esta na parte oriental, mais oriental está Montesinho, e despous  está outra vez terreo xabrés, Calabor.
 Os meus recordos da Teixeira están sempre arredor das Moreiriñas, onde está a casa de miña tía e case hirmá, Jesusa. Daquela era a casa da miña avoa Martina. Alí fixen a mor parte das trasnadas que adoita facer un rapaz que viviu alí hasta os dez anos.
 Recordos daquela época teño dabondo, ireinos deitando por aiquí, falarei de todo aquelo que me acorde, evidentemente poreino na escrita a miña meneira, cousa que estou convencido que non le gusta a moita xente, mais é a miña forma de afrontar certas cousas, entre elas esta de falar da Teixeira e dos Carqueixeiros.
 De momento e para non aburrir, diremos que o nome de Teixeira, fala por sí solo. Refírese a unha árbore típicamente celta e do noroeste que está en vias de estinción: O TEIXO ou Tejo en castelan. Queda, pegando a Serra da Gamoneda, cerquiña da Farrapada un fermoso bosque destes enigmáticos árbores. O lugar chámase Teixedelo, está no termo de Requeixo e pegado a  “Serra”.
 O patrón relixioso da aldea que escollín para nacer é O Santo Estebo, e a patrona a Pilarica. Tiraban poucos coetes os días de festa.
 Tamén direi, que cando os Condes de Benavente eran os chupadores de sangue de toda a Sanabria Xeabra para aqueles que adoitamos a falar no idioma de Rosalia de Castro, inda que mal. Quería decir dos Condes de Benavente que a Teixeira entre outros tributos, primicias e diezmos, os veciños da Teixeira estaban obligados e entregarle trece perdices cada ano. O Catastro de Ensenada, dixit. Tamén falaremos desto.
 Agora quero deixar o meu recordo para todos os meus parentes mais directos que xa morreron, desde os meu avós e tios. Non os nomeo. Xa irán saindo os seus nomes en sucesivos posts.
 Tamén falarei do ti “Inácio”, do meu primo Santos e do meu amigo David Garrido.Tamén do Castelo do Mau Veciño ou Bamba, e do Penedo Mourón igual que do despoblado de Ros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario