lunes, 15 de octubre de 2012

Felices tempos


 Nalgún tempo, nas aldeas había fontes de auga clara e fresca no verán e fría no inverno.
 Naqueles tempos, nas tardiñas, as mozas adoitaban agarrar as barril as e cántaras e ir buscar auga.
 Os mozos que traian "tontada" por algunha delas,apostábanse en lugares estratéxicos para leriar un pouco, ou no caso demasiado probable no que a moza fose vixiada por algún dos proxenitores, quedar en verse as agachadas nalgún lugar a hora e día concertado. 
 Todo isto traia como consecuencia case obrigatoria que na metade das aldeas da bisbarra as vodas eran de algún xeito tamén as agachadas, por mor do crego.
 Naqueles tempos, os cregos das aldeas tiñan un poder cás omnímodo. Tan era así que os certificados de penales non tiñan valor ningún. O que valía era o certificado de boa conduta posto polo cura nun pequeno papel.
 Os cregos non querían deixar entrar na igrexa a mulleres non casadas e preñadas. Tampouco boutizaban os nacidos fora do matrimonio. Adoitaban chamalos pola mañá cedo, inda entre fusco e lusco, e facían entrar os conatos pola porta de atrás.
 As fontes eran as verdadeiras alcahuetas, daquela.
 Tamén servían de alcahuetas as vacas, os cordeiros e no seu tempo os negrillos.
 As vacas e cordeiros porque había que levalos a pacer. Os negrillos porque había que riparlle as follas para cebar os porcos.
 Aínda que os pais das rapazas, coido que o facían de boa fe, algúns, parecía que outros non se decataban en que aquela roda non había maneira de rachala. Seus avós e seus pais naceron fora dos matrimonios.
 Na bisbarra había unha aldea que incluso, según as mas linguas, nacían nenos nos matrimonios sen consentimento do marido da nai. Tamén había algunha constancia de algún neno que nacido dentro dun matrimonio adoitaban pórse por pai outro home que estaba casado con outra mai de fillos propios e de extraínos.
 Nin na República escribida por Platón, a cousa estaba mellor pensada.
 Por iso agora digo aquelo de :"Tempos aqueles que os sabios dicían dourados". No era polos escribidores, senón polo verdadeiro "amor libre".

4 comentarios:

  1. Si es que ya lo dijo el Arcipreste de Hita... jejeje Siempre me ha sorprendido de los tiempos antiguos de Sanabria - de los que me han contado, supongo que también pasaría en otros lados - la mezcla entre Temor de Dios (o del cura) y el pragmatismo ante las cosas de la carne.
    Un abrazo, Xabres

    ResponderEliminar
  2. Amigo Xibeliuss: Aunque se habla de esa famosa cultura ibera de las tres religines que convivian, casi se puede asegurar que por Sanabria y Tras os Montes, esas tres religiones agonizaban, pero dejaron su impronta. Recuerdo los pañuelos a la cabeza de nuestras abuelas cual casi burkas, los anatemas judios y los sermones de curas barraganes..
    En fin, para "encrucilladas" las nuestras.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Caralludamente boa a "istoria", que defende coma nalgures sitos habíache moitas máis elasticidades que noutras onde parcuraban gardar as aparenzas. A xente de moitos luares lonxanos, nas aldeias, era máis capaz do que se pensa. Te xeito Xibeliuss Jar ao nomear ao de Hita que habendo pasado polo alto dos montes Carpetanos fixera unha ficada cunha serrana.
    Sonche bos os contos desas bisbarras.
    Breves saúdos
    Deica logo...

    ResponderEliminar
  4. Amigo d:D, non debemos esquecer que na bisbarra: Xeabra, Frieiras, e Tras os Montes, foi onde se agocheron aquelas persoas que por ter crenzas "non oficiais", foraon alonxadas dos centros. Non so forn Xudeus, tamén espanteron os "moros" e algun aliconque mais.
    Os humanos somos a rehostia, nunca aprenderemos!.
    Apertas.

    ResponderEliminar