viernes, 26 de octubre de 2012

¡¡VINHAIS!

                       Os  gradecidos comensais algo atareados.


 Quería deixar constancia dun lugar onde comer, e comer ben, no veciño Portugal.
 Non podo falar de tódolos sitios onde se come ben no pais veciño. Seguramente hai moitos. Comer ben, o mellor, hai mutos lugares onde facelo. Mais comer ben, estar a gusto, ter as consideracións dos propietarios, e sobor de todo da "XEFA" e cociñeira, eso non pasa en moitos sitios.
 A XEFA, é a alma mater deste pequeniño restaurante, e cociña como solo na zona de Tras os Montes, as Frieiras e a Sanabria, sabían facer as nosas avoas, que solo pensaban en que os estómagos quedaran contentes, e nunca pensaban no "custo" dos materiais empregados nin nos beneficios.
 Coido que fai de comer ben, porque o que le importa é que os comensais fiquen contentes, satisfeitos e teñan ganas de voltar por alí.
 Nos xa repetimos tres ou catro veces.
 Por se alguén ten curiosidade, e prezo e moi, pero que moi razoable.
 A vitela, posta de vitela, é do mellor. Vitela das afamadas vacas portuguesas da raza mirandesa. Tomates ecolóxicos da zona, cebola con sabor e con zume, e "alface" tenra e saborosa. Era no verán.
 O viño, ese viño que en Galicia se chama viño da casa, un estupendo viño maduro dos colleiteiros da zona.
 Unha sobremesa, de produtos da terra, elaborados agarimosamente pola XEFA, e como base principal o afamado queixo da Serra, portugués.
 Bicas de café, como solo os portugueses saben facer, acabando todo con un copo de aguardente vella ou un estupendo porto de dez anos, mínimo.A gusto do comensal.
 Xa sei que estaredes preguntando onde era, e como se chama o restaurante. Direino: é na marxe direita do Tuela, nunha terra con un microclima especial, e cunha xente agarimosa e faladora que inda non ten presa por ir a ningures.
 Solo teño un pero que dicir: Polo medio da vila pasa unha estrada que vai de Bragança a Chaves, e teñen case todos un código de circulación adaptado para cada un deles. Se eles teñen o obstáculo na súa direita, eres ti quen ten que ceder o paso.
 Todo isto e moito mais, sucede na bonita, alargada e quente vila de VINHAIS.
 O pequeno restaurante chámase VASCO DA GAMA. Se ides a comer alí, pedile que vos poñan os canecos de barro que teñen para o viño da casa. Nada de cristal. E o enxebre.
 Se vos gusta, e queredes voltar o lugar, pensai que se ides na época estival, xusto debaixo da estrada hai un minigolf, parade alí e disfrutade.
 Aparte de darlle as gracias a "XEFA", podedes deixar pagada unha "bica", para este pobre "larpeiro".

6 comentarios:

  1. Semella moi interesante e apetecible, ayyyyyy quen poidera ir a Vinhais!
    Xa sei que es un larpeiro pero nada de bica, só un bico. :)

    ResponderEliminar
  2. Apuntado queda - ¡hasta me ha despertado el apetito, a estas horas!
    Sólo he estado un par de veces en Vinhais, la última en la feria del fumeiro y me puse las botas. La carretera se las trae, sí, pero merece la pena si se puede hacer con tranquilidad. Si hay prisa vale más pasar a España y hacer el recorrido por la A-52, aunque sean más kilómetros.
    Un abrazo, Xabres

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si vas por Hermisende, podes coger e la Moimeta la carretera que va a Vinhais, son 25 km. de unas vistas bonitas. Eo sí hay que ir despacio. Tiene curvas, casi como las de Calabor.

      Eliminar
  3. Quédame un chisco a desmán pero tomo nota.
    Nunca se sabe onde daremos !.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non é moi cerca desde a Paradanta, mais na época estival unha voltiña por alí, coido que cho vai agrader Leo e Xela

      Eliminar