miércoles, 21 de noviembre de 2012

¡ADEUS BURROS, BOIS E CAGANETS!



 ¡LEMBRANZAS!, pasa o tempo, arrastra consigo esa éstrana cousa que chamamos vida, e a nós, entes consumidores constantes de enerxía, solo nos van quedando as lembranzas.
 Pero ¿que digo?. As lembranzas esnaquizan-se. Todas aquelas cousiñas que cando empecemos a nosa andaina incerta sobre este Planeta, e os nosos avós e avoas nos contaban e cantaban.
 Empeceron por contarnos aquelo dun paraíso nun lugar decoñecido do que fumos botados fora por mor dunha arbore chamada da ciencia do ben e do mal. Foi ma sorte, pensei.
 Despous de empezar as guerras entre irmáns, como a de Cain e Abel, veu aquel castigo dun diluvio, seguramente porque o persoal gustábale demasiado o asunto do fornicio, seguro que sen respetar en demasía o do sexo.Caso de Sodoma e Gomorra.
 Mais tarde apareceu polos montes do chamado, hoxe Oriente Medio, uns lideres, de cuxo influxo, inda hoxe non fumos quen de desprendernos.
 Andaban polos montes detrás das cabras, e decidiron que o mellor era ter terra propia non ocorréndoselle mellor cousa que expropiar os que xa a tiñan pola forza.
 Para xustificarse a sí mesmos decidiron erixirse en escollidos dos deuses dicindo que todas as demais criaturas eran indignas de todo.
 ¡Seguen nas mesmas!
 Apareceu alá pola Palestina, un home da mesma raza (xa se di que a mellor cuña é a da mesma madeira), que non quixo seguir polo mesmo rego.
 Predicou en contra dos ricos, a favor dos desleixados, pecadores e desherdados da fortuna, creado, despous,  uns poucos espabilados o que eles chaman a verdadeira relixión do verdadeiro deus, etc. etc..
 Todo iso xa o sabedes, e non é a miña teima neste embrollo. Os espabilados que atoparon un grande negocio na venta de INTANXIBLES FUTUROS (Igualico que agora)consisten-
tes en vender unha vida eterna no outro lado, é dicir no Alén. Vida a que se chegaría facendole caso a eles e pagando con diñeiro actual e actualizado, puntualmente agora.
 Ben iso tamén o sabedes.
 Daquela, os espabilados venderon que aquel Ser pensante no que eles se fundamentaron para vivir a costa dos demais, fora concibido por un espírito, iso si santo, nunha muller virxe. Fixeron que nacera pobriño, fóra da súa aldea, para mais enternecer ó persoal fixeron que nacera nunha corte tendo como primeiro berce un pesebre de palla. Iso que pola miña terra se chama unha manxadeira.
 Como era lóxico, os primeiros adoradores eran os inquilinos da corte: Vacas, ovellas, burros e galiñas.
 Agora ven o mais fodido, pra min, do asunto.O actual mandamais dos espabilados, vai e dice que aquelo non era certo. Alí non había, nin burros, nin vacas nin demais tipo de animais, como consecuencia do dito, eses entes sen alma, segun eles, deben quitarse dos beléns.
 ¡Carallo!, pra unha cousa que me gustaba, tamén van e quítana!
 ¡Esta maldita crise quere acabar cos xumentos! A ver se é quen de acabar cos ¡BURROS DE DÚAS PATAS!

1 comentario:

  1. jajaja qué graciosas fas as entradas. Entereime agora o dos animais.
    Os burros de 4 patas son mais listos cos de dúas, :)
    Bicos.

    ResponderEliminar