viernes, 16 de noviembre de 2012

¿UNHA MÁQUINA DO TEMPO EN VAL DOS MARCOS?


A última vez que estiven en Val dos Marcos, naquel día famoso da cacería mais grande que por aqueles lares houbo (xa sabedes 0 pezas 0 tiros), cando comimos a merenda meu irmán e mais eu, des cubrimos, por un afortunado, pra nos, accidente meteorolóxico, algo que seguro cambiará o devir do mundo que coñecemos.
 Vereis: A hora de comer a merenda, que durante toda a mañá me amolou o ombreiro por culpa do peso do termo de café, empezou a chover.
 Chovía coma se nunca o fixera, Estabamos na beira do Tuela, alí onde se mete cara o castro que hai onde o regueiro de Anta se xunta co riu nomeado, alá por debaixo da ponte do Cunqueiro. Castro da Cigadoña.
 Como a chuvia era cada vez mais forte, decidimos meternos na derruída casa da quinta de Cancelada.
 Efectivamente, a casa está derruída, e a medida que chovía mais forte, mais forte entraba a auga enriba das nosas calugas.
 Dixenle a me irmán que o mellor, no que fora a palleira, podiamos estar mellor, pous parecía que o tellado estaba mellor. Solo podía suceder que nos caera enriba unha daquelas lastras de louxa que facían o louxado da cosoupa.
 Despois de examinar sacramente o sitio, pareceunos que alí non nos mollariamos tanto.
 Trasladémonos o lugar que tiña bastantes buracos no piso, e nas fiestras da parte do sur asomaban unhas follas de un marmelo impresionante que alí había, cargadiño de marmelos.
 Cando acabemos de comer, e mentres baleirabamos o termo do café, dediquémonos a inspeccionar o recinto. Había unha sella, couso ou silo, onde os antergos metían o centeo e o millo, e na parte baixa, nun terrado medio agochado, había unha especie de armario moi grande, que nos fixo estar en desacordo nas funcións que aquelo podía haber feito no seu día.
 Eu decia que aquelo parecía unha máquina do tempo, e meu irmán decia que era unha antiga máquina de mallar.
 A min entroume unha dubida, pous nunha placa que tiña pegada nun lado decia algo así como Auria ou Aurea, a cousa non estaba nada clara.
 Ningunha das dúas cousas tiña sentido. Estaba alí ancorada e pola pinta debía pesar mais de dez quintais.
 Facíasenos tarde e decidimos liscar. Eu estou convencido de que aquelo, cando saíamos, fungou.
 Meu irmán dixo que seria o vento pasando debaixo das lastras do louxado.
 Aquelo fungou, aquelo moveuse, aquelo lostregou e nun intre case imperceptible, abaixo no Tuela, no famoso pozo dos Olmos, vimos como se mergullaba unha especie de dinosauro con plumas metálicas.
 Eu vinno. meu hirman tamén. Calemos, camiñemos de presa, e conxurémonos para volver alí con mais tempo e mais Temple a averiguar que era aquilo.
 Caimos na conta de que alí houbera unha casa do Temple.A cruz templaria estaba naquel penedo grande que soporta a marra da raia que está na beiriña do Tuela.
 Este fin de semana iremos, e a volta descubriremos o misterio que alí hai, SE é que o hai.

Contaremolo con pelos plumas e sinais, certificado por os erdeiros dos irmans que dan nome o pozo dos Barbeiros.

3 comentarios:

  1. A ver como rematao misterio.
    Tes un premio no meu blogo.

    ResponderEliminar
  2. Carallo, esa porta... Sóame. ;) Estou interesado na continuación da historia e se houbese foto dese marco coa cruz... Mellor.

    ResponderEliminar