martes, 27 de noviembre de 2012

VOLTOU A ESTANTIGUA..


 
 O curral era compartido polos dous veciños. Entrando, pola banda dereita estaba a escaleira dos Alves. O fondo por unha porta chegaba se a unha escaleira interior que levaba a lareira dos Riuceibe.
 A familia dos Alves estaba formada por catro persoas. A tía Ana, seu fillo Miguel a muller deste Marianela e o fillo destes últimos, Sandin.
 A familia dos Ruiceibe estaba composta polo ti Gervasio, a muller Ana e o fillo de Gervasio que tivera coa primeira muller. Esta morrera un ano atrás.
 Sandín Alves, aquela noite fora de ronda. Había unha rapaza no lugar que según dicían, a cousa xa ía camiño de voda.
 Cando volvía do fiadeiro da casa dos pais da rapaza marchaba bastante enrrugado, alí como era costume falarase de todo á última hora. A conversa dos presentes derivera hacia a Santa Compaña. Coma sempre habia quen estaba a favor da súa existencia e outros que non tal.
 Chamoulle moito a atención cando alguén dixo que a muller do Ruiceibe, a noite antes de morrer, fora diante de unha procesión de ánimas levando unha cruz, hasta a fonte da leira dos mortos.
 Dicían os mais vellos que todo aquel que collera a cruz e non a pudera deixar antes da fonte, morría antes das vintecatro horas seguintes.
 Cando o Sandín chegou a porta do curral, ésta estaba pechada coa tranca. Pensou que seu pai, sen darse conta de que él estaba fora, atrancou a porta por dentro.
 Tiña que rodear a casa, para chamar pola fiestra que daba as hortas. Aquela fiestra era a do cuarto de seu pai e súa nai.
 Cando estaba dando a volta detrás da casa, quedou medio atordoado durante un tempo indefinido. Diante de él subía unha procesión de ánimas encabezada pola Felipa, a muller morta de Ruiceibe.
 Agachouse detrás dun silvaredo, e a procesión pasou de largo. Non o viran. Foi o que o salvou según os dicires daquela xente que sabia destas cousas.
 Cando se repuxo do susto, acercouse a fiestra, e chamou polo pai, pedindo-le que le abrira a porta.
 Volveu o portalón de entrada do curral, e cando chegou xa seu pai estaba alí, ríndose de él, pois según le dixo, a porta non estaba trancada.
 Marchou a cama sen facer ningún comentario, e bastante preocupado polo que vira.
 Unha vez deitado, xa non estaba seguro de se o soñara, ou fora real.
 Sobre as tres da madrugada Sandín tivo un apretón da vexiga. Como en todas as aldeas da zona, os mozos, aliviaban a vexiga desde o alto do balcón que colgaba sobre o curral.
 A noite estaba totalmente estrelada, e como consecuencia dos aires de norte, estaba a caer unha xeada que case le deixa conxelado o "tubillo" de mexar. De sútaque quedou él mesmo conxelado pous diante da porta da familia do Gervasio estaba a ánima da muller morta.
 O mozo quedou abraiado e apalambrado de todo.
 ¡Aquela muller levaba a cabeza segada e debaixo do brazo esquerdo!
 O dia seguinte, a familia Alves tivo que chamar o galeno, pous o mozo estaba a delirar constantemente, e o termómetro andaba rebasando os 40º.
 Continuará....

2 comentarios:

  1. En mal negocio se ha visto envuelto el pequeño Alves... barrunto un final incómodo.
    Quedo a la espera, Xabres.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Gústame a historia,eu tamén fico a agardar...
    Unha aperta forte.

    ResponderEliminar