viernes, 15 de febrero de 2013

¡HAI QUE CAMBIAR OS PRINCIPIOS!






 Coa que está caendo agora, un acórdase dos tempos aqueles nos que o “pater familia” era o único que aportaba os reais á casa. Na casa non habia de nada, pero non faltaba de nada.
 En Val dos Marcos, habia cuatro familias que vivian do oficio dos “pater familia”. Dous carpinteiros, un pedreiro mais tarde albañil, e un ferreiro, aparte dun cura e os carabineros, o resto eran labradores, gandeiros e xornaleiros.Nalgures habia xa politicos.
 Non se sabe exactamente quen de todos eles vivia peor. Seguramente todos as pasaban”putas”.
 O iniciar o relato, acordábame dos tempos actuais, no senso en como se afrontaban as cousas por aqueles homes que tiñan un oficio, que, por que o creian así, ou por que non le quedaba outra, a hora de taballar, primeiro facian o “choio”, e despous cobraban, se podian.
 O normal, e falo por meu pai, era que traballera a xornal. O xornal podia ser a “secas” ou a “molladas”. Esto consistia en que o patrón dera de comer, ou fora a comer a súa casa.
 Recordo que nunha época, o meu pai cobraba a molladas vintecinco pesetas/día, e a secas trinta.Esto leva a un a pensar que a comida diaria valorabase solo en cinco pesetas.Uns quince céntimos de agora,
 Na maioria dos casos, o xefe, prefería traballar a secas, non polas cinco pesetas, senón porque moitas veces tiña que sobrecomer na casa.
 ¡Moito muderon os tempos!
 Chegou unha época na que moitas obras xa eran axustadas. Daquela tamén xa habia os que non podian pagar, pero nunca foron desahuciados, nin obligados exactamente a nada indigono.
 Nunha ocasión na que meu pai e un compañeiro axusteron unha casa para que viviran nela os membros dunha familia, alguén les dixo se pensaban cobrar todo. O Pepe respondeu: ¿Entonces deberian vivir debaixo da ponte?.
 Eso non foi o peor, senon cando, o rematar a casa, sobrou un pouco de material, e o xefe decidiu quedarse con él. Pasados uns cinco ou sei anos, o interfecto achegouse para darle unha parte da deuda, e o facer contas, descontoule o material que se quedera, actualizando o seu precio, mais o Pepe non actualizou o coste dos seus “xornes”.
 ¡Todos morreron xa, e foron enterrados no mesmo cemiterio!.
 Tempos aqueles, que inda que nadie denominou de ouro, eran polo menos humanos.

3 comentarios:

  1. Hoy en día esos actos estarían mal vistos. Solo se piensa en ganar dinero a costa de los demás. Se está perdiendo el concepto de Humanidad, los políticos no la conocen.
    A veces me gustaría volver a tiempos pasados, como tú dices, no teníamos nada y nada nos faltaba.
    Un abrazo
    ¡y no traigas más meigas a mi blog!....jajajajajaja

    ResponderEliminar
  2. Cuando vives entre un grupo reducido de gente ves los ojos de tu vecino todos los días: no hay masas, hay personas. Con esto no digo que las aldeas vivan o vivieran en el Jardín del Edén - el ramalazo cabrón de los humanos puede aparecer en cualquier sitio - pero un mínimo nivel de colaboración es inevitable (y práctico): cualquier día lo puedes necesitar tú.

    Un abrazo, Xabres.

    Pd. ¿Llegaste a ver esto?: http://goo.gl/L4txS

    ResponderEliminar
  3. Sonche cousas do xeito con que outras xentes tratan aos máis pretos; lles dixeran ou pasara o que pasara. A xente non tinha na súa cachola que tienha que gañar o diñeiro de golpe, senón pouco a pouco. Polo tanto pouco a pouco irían abonando as deudas.
    Nas nosas aldeias xa se sabe, sairon políticos, poetas, escribidores, artistas, un pouco de tudo; máis seguerán sendo xente que non tende a fagocitar sobre os outros semellantes.
    Beato Darzádegos
    Saúde, Ceibedade e Esquilmo
    Breves saúdos

    ResponderEliminar