lunes, 25 de marzo de 2013

VOLTA AS ORIXES II




   Segunda xeira.



  Mentras tomaban a segunda parva a carón da lareira, lareira conservada con moito mimo polo tiu, éste foi contádole parte do proceso, do que o fin saia a palla pra aquel palleiro, que entre outras cousas servíale de toco o León. Era o León un mastin leonés, grande coma un becerro e bonachón a mais non poder. Eso sí, con xente descoñecida sé se pasaban nos seus dominios podia ser de tremer. Cando via en perigo a casa, a palleira ou calquera da familia, os pelos do lombo puñánsele como escarpias dirxidas hacia adiante, e mostraba uns incisivos de tal tamaño que non aturaba naide sen dar un berro. Nunca mordeu a naide, nalgunha ocasión non foi por falta de ganas.

 Mentras daban conta de unhas torradas cunhas lonchas de xamón, e unha pequena cunca de sopas de allo, feitas polo ancián, éste amosoule o Xé, un cuartillo de madeira, mediado de grao de centeu. Mira este grao é o que se leva as terras a sementar, do que mais tarde sairá a palla para o palleiro. Ante o abraio do rapaz e cun sorriso cariñoso, o tiu engadiu un motivo de asombro mais.

-         Mira, desde o momento de sementar hasta a nova sementaira outra vez, tanto o grao como a palla saida logo, e o novo grau, pasan polas maus dos labradores en cada proceso. É mais eu diriate que cada un dos graus e pallas sen excepción pasa polas maus hasta que acaban cada cual cumplindo coa súa razón de ser.Se non unha a unha, pouco le ha de faltar.

-         Tiu, alí no palleiro hai moitisimas pallas, e os graos tamén deben ser moitos, ¿Cómo é iso de pasar polas maus das xentes?

-         E sinxelo: cando chega o tempo da sementeira, despous de preparar e estercar as terras, o grau esparexe polas leiras. Faise a operación coas maus, polo tanto xa tes ahí a primeira pasada polas maus da xente. Despous cunha xunta de vacas e co arado, ese grau enterrase para que pasado un tempo xermine e naza o novo centeo.Cuando nace, saen como unhas herviñas verdes que mentras son pequenas chámanse més. Esta més nalgúns casos segase tenra e alimentanse algúns rixelos que poida haber nas casas. Cuando chega o vrao, o centeu xa medrado madura, a palla colle unha cor amarelante e as espigas inchan cargadas de graos.É entonces cuando os labregos  fan a seitura, que é nin mais nin menos a maneira de recoller todo, segando as pallas cunha fouce. Aiquí producese outra vez o que dixemos antes: cóllense as pallas na mau todas, inda que non sexa de unha en unha.Despous atanse os mollos, donde para facelo hai que volver a coller as pallas. Faise o medouco, acarrexando os mollos un a un. Mais tarde, outra vez de un en un carganse no carro como o de unha foto que ti coñeces,  faise a acarrexa hasta as airas, donde outra vez de un en un descarganse para facer a meda que queda preparada para a época da malla. Xa veras como logo, na malla, volvense a coller, tanto as pallas como o grau, e farase o palleiro e encherase o sitio. Diso falaremos utro día, pous agora temos de ir a cabar as viñas.



 Continuará……

3 comentarios:

  1. Gostaría de saber que é un rixelo, Xabres.
    Tes unha riqueza de vocabulario que me deixa abraiada.
    É un auténtico prazer lerte.
    Aperta forte.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Ohma:Corto e pego o que dí Martí Sarmiento sobre a verba.Se se busca nos diccionarios portugueses parece como rexelo ou rixelo. Eu tento de escribir(con non de masiada fortuna)no idioma dunha terra a medio camiño entre o Reyno de LLión, O de Galicia e o de Portugal, non en vano temos por alí o Penedo dos Tres Reynos, e a fonética deixou eso no meu disco duro. Apertas.


      Martha dôs Rexêlos. Martha nombre latino. Dôs rexêlos. La voz regêlo es muy antigua en Galicia, pues se halla en los instrumentos latinos. Significa en general todo ganado recién nacido, y en especial a los corderitos. Y su primitiva raíz es res, rei, que significa cosa, y de ahí la voz res y reses, aplicándose al ganado. Covarrubias dice que la res viene del hebreo ros, que significa cabeza, porque tantas cabezas de ganado es lo mismo que tantas reses. Ya dije, y repito, que en la lengua gallega no hay voces arábigas ni hebreas, ni orientales. Si la voz res, rei de los latinos vino en sus principios del oriente, en donde resch o rosch significa cabeza o principio no es de mi asunto. Angelo Caninio, citado de Vossio, es de ese dictamen. El mismo Vossio, en la palabra res, rei, cita otras cuatro opiniones para la vieja genealogía de res por cosa. La que hace al caso para el rexèlo, es la de Julio César Escalígero que dice: " res a pecore, quae opes erant antiquorum :: a rhen quod est ovis, pecus " y también hay rhes y polyrrhen " qui pecora habet multa " o que tiene muchas reses. Res, rei por cosa se conserva hoy en Galicia. Cuando las aldeanas vienen a Pontevedra preguntan a las que vuelven a su aldea: " Ay algo rem na praza?" y suelen responder: " non ay res ", esto es: no hay cosa de provecho. Y algo rem significa alguna cosa. Josef Lorenzo en su Amalthea Onomastica pone rescella, recella, por recula , reicula, parva res, o el diminutivo de res; Du Cange esos diminutivos, recula, recella, reicula, rescula, reicola, y, en otra parte, rescella. Al caso. La SC latina pasa a X en la lengua gallega, así, de rescella, rexèlla, rexèllo, y, pronunciando a la gallega una sola L, rexêlo. Es pues rexêlo una resecilla, en castellano o es una res pequeñita; si es corderita, rexêla y rexêlo, si es corderito. Es frase común en Galicia decir: "fulano tiene tantos rexêlos " pronunciando la X a la gallega. También oí aplicar rexêlos a otras crías de otros ganados. No sé que " dos Rexêlos " sea apellido, púsele como tal a la mujer Martha, ya por el asonante, ya por ser voz purísima y antiquísima gallega. Colección 1746-1770

      Eliminar
  2. Guauuuuuu querido Xabres, jeje, non esperaba tanto!
    Eu non coñecía a palabra.
    Moitas gracias amigo.
    Aperta forte.

    ResponderEliminar