jueves, 18 de abril de 2013

RODABALLO GUISADO.






 Hoxe quero volver acompartir unha receita de peixe con  as papilas gustativas de todos vos. Eso das papilas gustame!.
 Hoxe tocoulle o turno a un rodaballo deses que quitan o hipo.
 Como solo somos dous a comer, foi debidamente troceado, conxelada a parte non cociñada, para outra ocasión e zampada con todos os honores a ración que consideremos para o “segundo almoço”.
 Ímos alá coa receita:
 (Antes de empezar, quero pedir disculpas a todos aqueles que estades terra adentro, solo uns poucos privilexiados coma nos podemos disfrutar das delicias con que o mar nos obsequia)
 Receita:  Nunha cazola, se é de barro alistano moito mellor, ponse un pouco auga (depende da cantidades de peixe), para un un peixe de mil quinientos gramos adoitase por unha taciña de auga. Añadese un vasiño de acaite de oliva virxe. Enriba ponse unha ou duas cebolas cortadas en rodaxas delgadas. Enriba da cebola deitanse tres ou catro patatas tamén en rodaxas non demasiado gordas, xunto con un par de pimentos verdes tamen cortados en tiras, cenouras tamén cortdas finas, chícharos (guisantes) arredor de douscentos gramos. Enriba ponse os cachos de rodaballo, unhas ameixas (almejas), estas son opcionais, salase e ponse o lume que se coza a fogo lento durante uns vinte minutos, e xa está.
 A hora de emplatar podese adornar con uns pementos roxos, se son do poquillo mellor, e uns esparragos.
 Acompañado todo por un viño albariño, se pode ser “ Do Ferreiro”, moito mellor, unha boa ensalada de alface (leituga) e cebola, e a ¡Zampar!.




 ¡Bon apetit!

1 comentario:

  1. Esta receita serve pra moitos tipos de peixe non, Xabres?
    Mais neste caso tocoulle o rico rodaballo
    (coñeces a cantiga do Rodaballo, chis chis?).
    Moi ben explicadiña a receita e a foto tamén.
    Bicos.

    ResponderEliminar