domingo, 7 de abril de 2013

TAMAÑO DAS EMPRESAS.







 ¡Tempos!. Tempos aqueles, nos que inda non se inventera a era do despilfarro. Teño que definir o despilfarro como aquelo que desde o principio do século pasado está a pasar neste planeta Terra, sen que ninguén le poña couto. Claro, por iso esta querida Terra, estase a revelar contra todos.

 Vou tentar desenguedellar a parrafada anterior, e ver se son capaz de esplicarme.

 Para pornos en situación, solo temos que pensar no que está a suceder agora con unha empresa punteira galega do sector da extración e comercialización da pesca.(De un tamaño moi grande, opera en case todo o mundo) Coido que a situación desta empresa é paradigmática de case todas as grandes corporacións, non so da nosa terra, case me atreveria a decir que de todo o mundo chamado indebidamente “civilizado”.

 Vereis, cando eu era un aprendiz neste mundo de ganarse a vida, tentei como case todos, formarme o mellor posible, dentro das miñas posibilidades, para desempeñar unha función no mundo da empresa `productiva. Cando digo productiva quero referirme a ese tipo de empresa que fai cousas cun certo valor añadido, é que pode servir de algo as xentes que esten dispostas a mercar esas cousas.

 Daquela, nunha ocasión, nunha clase na que se trataba do tamaño das empresas, tiven o convencimento de que este tamaño non deberia nunca ser esaxerado. Tamaño grande solo para aqueles proxectos que os estados estan obligados a facer e que son competencia propia deles. Unha vez feito o proxecto a empresa pasará a outras cousas, ou desfarase. Esto seria cousa de outra reflexión.

 As empresa medianas e pequenas, son as que mais postos de traballo crean. Son as mais fáciles de reconverter, se o sector no que estan toca o seu fin. Teñen uns gastos de estructura pequenos e por ende os gastos finacieiros, son tamén mais pequenos, e como case unha consecuancia é dificil que acaben en mans de especuladores, que son a carcoma deste sistema que está agonizando na actualidade.

 Hai que pensar que tal como se fixeron as cousas hasta agora, o sistema necesitaba de uns recursos, mellor dito, quíxose  que se necesitera, uns recurso finacieiros que nadie tiña. Habia que recurrir os prestamos, e o problema era que o dos préstamos era unha espécie de espiral que non tiña fin, hasta tal punto chegou que as propias entidades financieiras, tiñana que recurrir o mesmo, co que a espiral o fin no era tal, senón unha espiral que nun momento determinado invertíase en sentido contrário.

 Nunca coas empresas tradicionais e medianas e pequenas dedicadas a pesca, por moitas que fosen puxeron e perigo as especies mariñas, e sobre todo nunca se despilfarraba, cos medios de pescas artesanal, unha comida que dalgún xeito poderia servir para unha humandad, que, paradóxicamente, fai as mores extración de peixe, desperdicia moito, e nembargantes, unha cantidad inxente de persoas na Terra, pasan fame.

 Esto é un humilde blog, no que pretendo, por negro sobre blanco, polo menos nun principio, cousas e recordos dunha terraa que leva nos “entretiños”, e a que quero, tal é a terra dos meus antepasados, e non pretendo dar clases a ninguén, mais neste momento  que estamos a sufrir, hai cousas das que no quero pasar, e pretendo deixar eiquí as miñas impresións. ¡Xa sei que non servirán pra nada, pous a avaricia dalgúns non ten límite, ni nadie que lo queira por!.

 Deixo aiquí esta idea, e seguramente co tempo irei desarrollandoa mais, e a ver no que queda todo esto.

 No proximo blog, falarei da maneira en como eu vexo como os politicos queren arreglar a cousa, a base de foder os de sempre sen buscar culpables. ¡Habelos hainos!


1 comentario:

  1. Eu si que non entendo de empresas pero nunca pensei que unha grande fose unha mala idea. Se é grande debería ter mais posibilidades de triunfar non?
    Os tempos andan revoltos, a ver se nos vas despexando as nubes, querido Xabres.
    Bicos.

    ResponderEliminar