jueves, 28 de noviembre de 2013

OS XENIOS (E II)



 


Continuación...



Xa, acabada a frugal cena do caído na regueira da porta do ti Pedro, e inda esperando o secado dos pantalóns e do capote, sentados, todos arredor da lareira, pregueronle o home que les contara a súa andanza polo castelo do Mouros.

“ Foi pouco tempo de reloxio o que estiven dentro-dixo- Nembargantes mentras estiven alí, percorrin case todo o que me foi dado coñecer. Mais tarde, cando saí, o Xenio díxome que o tempo dentro, non tiña relación co de fora. A relación seria de cada minuto de fora, aproximadamente unha hora dentro.

Antes de deixarme entrar, o Xenio, levome pola única entrada que o parecer servía para que os humanos puideran introducirse dentro das entrañas do castelo e por ende nas da Terra. Na beira do riu Gamoneda estaba un home cun caxato, arrequedando os lobos da serra, que o empezar a nevar forte nos altos buscaban algo de refuxio, ainda que aqueles eran lobos que estaban o coidado do Santo Antonio, cual era o home do caxato, que non os deixaba sair daquela zona pous eran os que tiveran que deixar soltos os rixelos, despous de que fosen “arresponsados” polas mulleres con poderes das aldeas dos arredores.

Cheguemos a entrada, a cual estaba disimulada polas louxas da zona e as urces e xestas que a cubrian, non deixando nin adiviñar que alí podia haber unha entrada.

Díxome o Xenio que dentro dos subterráneos babia varios tipos de seres que os habitaban, que non pasaria nada mentras él estivera conmigo, e que fora das galerias subterráneas eran totalmente inofensivos, solo podian facer trasnadas que as veces asustaban as xentes.

No que era o recinto do castelo, xa se vian grandes cantidades de tesouros formados por moedas de ouro e prata, dunhas civilizacións descoñecidas. Eran os famosos tesouros dos Mouros, dos que falan as lendas. Estaban alí guardados e vixiados polos Gnomos que eran os encargados deles, e tamén de ilos recollendo daqueles lugares nos que estaban olvidados dos seus donos.

O Gnomos, eran os seres mais perigosos de todolos que baixo a terra estan. Se te collen dentro sen alguen a quen teñan respeto ou medo, entretéñense incordiando o incauto de tal xeito que acaba toleando, e o fin morrendo de angustia e desesperación.

Entre outros seres que pululaban por debaixo da terra, os que mais me chameron a atención foron os produtores dos metales, os que facian que as augas regueran a terra por dentro e que tamén facian que abrollera na superficie, polas fontes.

Estes seres eran moi traballadores, en realide non descansaban nunca. Por exemplo os que estaban encargados de trransformar a enerxia da terra nos distintos metales, hasta chegar o estado de ouro. Puiden ver unhas trabes enormes deste metal, da que de cando en vez esparexian por distintos puntos case a flor da terra para que os homes o puidesen encontrar, a maioria das veces asociado a outros metais.

Os que tiñan como cometido o coidado da auga, eran incansables, pous debian recoller a auga, unha vez selecionada, despous das choivas e tormentas, canalizandoa por canles preexistentes, ou creando-os de novo en caso contrário, filtrando de novo aquela que volveria a superficie, facendoa pasar polos distintos metais dependendo da función que logo teria.

Tamén estaban os espirius negativos, eran algo así como os politicos, opuñanse a case todo, mais case naide les facia caso. Como espiritus solo podian meterle medo no corpo os mais inocentes e incautos.

O mais arrepiante de todo foi ver, o volver a superficie, uns exercitos de esqueletes armados con escudos e espadas, estas en forma de curz, e nos escudos outra cruz marcada. Eran o famosos exercitos dos Templarios, que andaban as liortas cos outros fanaticos do Islam, coñecianse polos seus alfanxes e babuchas. Deles,en ambolos dous bandos solo quedaban os esqueletes, mais inda alí facian ruxir con forza e xenio os seus ferros.

Habia representantes de outras relixions, mais naide destas facia as mesmas cousas que as xa relatadas. Esas dúas xa parecia que andaban cansas, pous contemplando os que non pelexaban, as veces sentian envexa.”

Chegado a este punto, xa cos pantalóns enxutos asi como o capote, o aparecido, entrou no cuarto a cambiarse de roupa. Saiu xa vestido coas suas roupas. 
 Estando dandole as gracias os donos da casa, escomenzeron as campas a tocar a “maitines”. Etonces sonou un estampido, e arredor do xigante fixose unha fumareira e o Xigante desapareceu.

Alguen dixo que os xenios do castelo dos mouros, acababan de volver a facer burla dos veciños, coma sempre. 
 Mais, o mais vello de todos dixo: Os Xenios non van nuca as igrexas dos cristiáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario