sábado, 9 de noviembre de 2013

XA ESTÁ


 



Tíñanme falado moito do avó Perfeuto de Lubián. Seguramente quen me falaba del, tíñale un cariño especial, non en van, comera con él as mellores sopiñas alá no alto da serra, nas lindes cos montes de Porto de Sanabria.
Un dia no que eu andaba a percorrer o nascente do Tuela, ese que baixa pola serra de Chaos, lamendo as ladeiras con morrenas da de Lubián, deime de bruces co espiritu do avó Perfeuto. Ainda que non o acrediteis, sabede que os espiritus libres e amantes da terra na que se desenroleron desde pequerrechos, unha vez que finan, adoitan visitar aquelas paraxes nas que transcurriu parte da súa vida, cando o espiritu andaba loitando por desenrolarse hacia un estadio mais elevado. Tal era o caso.
Encontreime con él no alto do Moncalvo, acercandome o Moncalvillo, desde onde vislumbraba o Alto da Mermiñeira , o Tormo, o Llombo, O Castillón, Cabril e Valdecasares, e divisando ao lonxe os serpenteares dos rios Tuela, Tera, Castro e Bibey (Vivei), que nas súas ribeiras alimentaban os corzos, ese animal tan escurridizo e o mesmo tempo tan babeco cando vei a un humano.
Tamén vos teño que decir que os espiritus dos antepasados, non se deixan ver a todo o mundo, coido que solo por aqueles que tamén aman as serras dos seus antepasados e que tentan de manter o recordo deles un pouco na memoria das xentes actuais.
Na relación que, arredor, de un par de horas mantivemos, decateime que él era consciente da miña admiración pola súa figura, fomentada polo seu neto Xusto.
Nas relacións que se manteñen cos espiritus dos devanceiros, que evidentemente nunca é falada, mais ben de xeito telepático, e'moi curioso o que eles chegan a saber de un, sen necesidade de contarlo. É como sé se levera tatuado na testa. Saben-no todo, ou adiviñan-ho.
Sabendo do meu interese tanto pola Pala dos Albardeiros como polo Caneiro das Bruxas, guioume hacia eles para ensinarmos. Como inda naide vestido con pel e ósos coñecera.
Ó primeiro que me guiou foi a Pala dos Albardeiros, notábase o seu cariño espcial polos montes de Lubián, a terra que le dera a forma, na vida pasada del.
Cheguemos os fuciños da pala dos Albardeiros. (Non dubido que non fai falla describir unha pala. A do pan é Pá.) e unha vez introducidos dentro, eu quedei un pouco sorprendido, pous aquelo xa o vira na ocasión que tiven anteriormente, seguindo as instrucións do Xosé, hirmán do Xusto. Daquela a Pala era poco profunda, non tiña inscripcións por ningures, a pesares de que eu pensaba que a vereda da idade media adiante podia ter algo que ver na sua orixe. Non era así, o parecer.
No fondo, e a man direita, habia un crollo grandisimo (grandismo, según meu sogro) e o avó insinuoume que resbalera por detrás del.
Resbalei polas costas da fraga e caín nun espacio amplo e diferente a todo o coñecido onde parecia que o tempo estaba detido. Tiña unha grande vantaxe aquelo, pous podias desplazarte por cousas. Tempos e circunstancias que se te ocorreran. Cousa que era como facer “zaping” na TV soamente co pensalo. Amoséronseme cousas que algún dia relatarei, cando teña gana e me pete.
Eu xa estaba lixeiramente acollonado pous empezaba a pensar como sairia dauqela especie de pazo subterráneo no que estaba. Dtro da miña caluga, sen saber como, decateime de que o avó chiscabame o olloen. Cando me decatei de que estaba no pozo da Moura, tratando de sacar da auga unha “bácora” salmo fario, daquelas de antes, negras coma chamizos e pelexonas hasta deixarse sacar por esgotamento, e xa case mortas.
Mirei hacia arriba, onde están as Muradellas, e como se fose de noite pecha, vin unha estrela guiñando coma os chisques do avo. Prometinlle que logo iriamos a Canada das Bruxas, se él me contaba algo. Dixo: ESTA FEITO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario