viernes, 31 de enero de 2014

¿É CARO TER SOÑOS?



 

Erguinme, esperguiceime, fixen as miñas flexións de alongamento muscular, un chisco de gimnasia zen, abdominais, e mais cousas que xa non recordo. Todo co ánimo de espabilar o espirito.tal como se espabila unha vela, ou unha lámpada de aceite.
Estaba a soñar que vivia nunha sociedade, na que uns poucos mangoneaban a uns moitos, sempre,e cada certo tempo, os que mangoneaban decianlle os mangoneados que, nos proximo anos ian facer que por alí os cans  serian atados con chourizos. Os moitos, ben fora por perguiza, por non enterarse ou por estar de acordo, nunca cambiaban a sua maneira de proceder.
Hai que votar os mesmos- dician- pous vale mais o mau coñecido que o bo por coñecer. Naide queria arriscar o seu cutre “modus vivendi”, non fose o caso.
As inxusticias no entorno de todos cada vez medraban mais, pero como a a cada un non le afectaba e non sufrian as consecuancias, miraban para outro lado. Non vai conmigo- decian-.
Cada vez a maneira de vivir era mais complicada, cada vez la complicaban a mais xente. Xa casi naide se abstraia daquela situación, que por outro lado todos, xa, consideraban inxusta, mais o medo seguia a facer estragos. Teño pouco- decian- pero hai quen ten menos.
Aquela resignación, predicada desde pulpitos, ágoras publicas e xente considerada con “estudios”, amodorraba a todo o persoal. Era como se un mastín grande houbera convencido o magote de ovellas de que o peor estaba fora e inda sen chegar, polo que debian facerlle caso a él e ó pastor, que de cando en vez vendia algún rixelo, e comia outro.
Xa empezaban algúns a pensar que o mellor seria desfacerse daqueles poucos en ben dos moitos. Polas boas ou polas más. Xa habia moita xente dacordo, solo facia falla un lider que o propuxera e os levera o triunfo.
Espertei, dandome conta de que o soño fora demasiado real.
Deime conta de que non vivia naquela sociedade. Vivia nunha sociedade, que non tiña nada pero tampouco necesitaba nada. Solo o agarimo dos conxeneres, e o maior desexo de cada un era o de axudar o veciño.
A sociedade na que vivira estaba nos libros de istória, acababa de ler un, e aquelo xa ia moito tempo que estaba superado.
Supereran-no, cando todos se diron conta de quen era o inimigo. O inimigo era aquel que os asoballaba, aqueles poucos.
Vivian escravizando a xente contandolle istorias que chamaban “economia”. Inventeran unha cousa que chamaban lei da oferta e da demanda, que consistia en facer cousas inutiles, mais facer que todo o mundo as desexara, para o que tiñana que traballar como burros para conseguilas, mais cuando xa todos as tiñan ivan e cambiaban-nas por outras e asi hasta case o infinito, tendo-os sempre sen tempo a pensar, para conseguir aquelas engatusadeiras.
Cando as inxusticias chegaron a un punto moi alto, un membro dos esclavizados tivo unha idea xenial. ¿Por que non damos ós poucos alí onde mais les doe?.
Volvemos o mundo do troque. Cando un quere unha cousa cambia-a por outra que él ten, Primeira premisa abolir o diñeiro e os que o manosean.
Aquelas cousas que inda alguns poucos facian e le vendian o resto, sen ter en conta a xente que traballaba para eles, decidiuse que daquelo naide mercaría nada.
Os que vendian fume, como era un porvir mellor, ninguen les facia caso. Cada quen era o dono do seu destiño. ¡Fora intermediarios!
Cando saía de casa, apareceron por alí uns esbirros do poder, alguns dos que, nun momento, foran colegas, e quiexeron levarme con eles, para reformarme.
Bebinme aquela pócima que un sabio me dera. Quedei cataleptico durante cuarenta e catro horas. Cando estaba no cadaleito, e habia pouca xente no velatório, volvin en min e ó levantarme, fixen que todos caeran pola terra, o que me permitiu liscar dalí.
A revolución inda non estaba acabada nin perfecta.

3 comentarios:

  1. Depende, hai soños que saen caros e outros gratis.
    No teu soño déchelle renda solta os teus desexos e tamén denunciaches comportamentos doados de coñecer no noso entorno.
    A revolución está no berce aínda, :)

    Xabres, a ver se me botas unha man no tema do concurso ao que me presentei. No meu blog explico todo do que vai. Agradeceríacho.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Ohma, lin o teu blog, tentei entrar mais por algunha razon que se me escapa non fun quen. Volverei a intentalo. Se podo conta con el.

    ResponderEliminar
  3. Gracia, Xabres.
    E doado.
    Tes que rexistrarte. E entra polo logo do concurso que teño no blog. Pulsas onde están as estrelas e onde pon "vota"
    Temos tempo a facelo, tranquilo. Xa me contarás.

    ResponderEliminar