jueves, 20 de febrero de 2014

XA IMOS VELLOS




 Ben queridos amigos: Hoxe quero dar un consello, inda que un amigo meu dicia que antes que consellos era mellor dar diñeiro. Eu disto último non teño.
 O consello que quero transmitir e sinxelo : Non vos fagais maiores.
 Explico o porqué: Vai un par de dias recibín unha carta dun banco que, moi amablemente me dicía que aumentaban en non sei cuanto a miña póliza de risco asociada a unha tarxeta de creto que teño deles.
 A póliza so cobre riscos de accidentes que previamente o billetes e cousas de viaxe, sexan abonadas coa devandita tarxeta.
 Hasta aquí todo normal, a póliza dan-ha por que queren, supoño que como acto de fidelización, e polo tanto poden facer con ela o que les pete.
 Seguidamente, noutro punto, comunícanme que a partir desa data, o seguro de vida que tamén estaba asociado a a devandita tarxeta queda definitivamente sus pendido.
 Isto último xa fode bastante, pois estes finos executivos, andan a dicirme que desde agora a morte é unha cousa cada vez mais cerca-na e segura. ¡Coño, como se non o fora neles!. Parece que eso que os que actualizan seguros poñen en practica con migo: ¡ O risco é certo e mais ou menos inminente!
 É por iso que recoméndovos que se podedes non cumplais anos, no sexa que se poña de moda,(¡xa case está!)a maneira de foder o vello.
 Eses todos que agora manexan parte das nosas vidas, que non se esquezan que, moitos coma min fixemos a famosa "mili" e inda supéramos os psicotécnicos de sobra.
 ¡O CARALLO CON TODOS ELES!

2 comentarios:

  1. jajaja non te alporices que alomenos tes xa adicada unha rúa!
    Os seguros funcionan así. Meus pais pagaban o do enterro (manda carallo!) e a medida que ían facéndose vellos o seguro subía de precio cada pouco tempo. Colleu meu pai e mandou todo ao carallo! Alá foron case trinta anos pagando, jajaja. O certo é que gañou en saúde pois cada vez que viña o probe cobrador á casa a meu pai o comían mil demos, jaja
    Puta vida!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Fan de nós un pandeiro e sóbralles tempo !.

    ResponderEliminar