martes, 22 de abril de 2014

COUSAS DUN PASADO




 

Xornes da septimania finada o dia de pascua florida, unha almiña que deambula por ese mundo chamado Terra, e que xa empeza a pensar que non tardará demasiado en deixala, esa almiña, decia, cavila, relaciona e algunhas veces, poucas, chega a conclusión, de que endexamais descubrirá nada se sigue as instrucións que le foron inculcadas nun pasado xa lonxano. Xa escomenza, con demasiada frecuencia un, a referirse o século pasado.

No dia da pascua florida deste ano, veume a cabeza unhas reflexions de cuando eu cumplin con aquel precepto eclesiastico que decia: Comulgar por lo menos una vez al año por pascua florida.

Comulgar por pascua florida levaba consigo, según os cánones eclesiasticos, confesarse antes. Para os que xa non usades esto, direivos que eso de confesar era chegar a un pendello no que se escondia un crego, e ti por unha bufarda pequena, contabaslle os teus pecados, ou o que considerabas que eran. Se non os contabas él preguntaba e ti respondias. Sempre a cousa versaba sobre un tema, por enriba dos demais ; ¿Tiveche pensamentos impuros, fixestes cousas impuras, con quén, como, cuando etc. etc., ?.

Cando o crego acabou con as inquisicións pertinentes, e as impertinentes, deume unha penitencia coa que se perdoarián todos os pecados. Como a confesión fora na sacristia, dixome: agora saes fora e rezas un pai noso e unha ave maria. Tomeino o pé da letra e saí fora. Pero fora da igrexa. Era o que correpondia.

Cuando acabei a penitencia, pensei que, por deixar atrás os pecados, xa tiña que ser unha persoa nova, un home novo. Inda non lera a Nietzche.

Despous de comulgar e cumplir escrupulosamente co que me ensineran, non sentí absolutamente nada. Non era mellor que antes, que era o que se pretendia.

Decepción gorda. Sobretodo o observar que os mais grandes seguian tomando os rapaces por parvos.

Pasou tempo, descubrin a politica, desde fora, poderia decir con mais propiedade que a sufrin. Mais decepcións.

Habia unha cousa que era a defensa da “patria”. Non quedou mais remedio que ir a servila. Outra decepción.

Chegados a este punto, podo decir que, decepción a decepción cheguemos a situación actual.

Nos libros de historia, falan de homes e mulleres, que eran sabios, que sabian o que facian, algúns deixeron a sua pegada en libros, que de cando en vez algué lee.

Habia politicos con clase, mellor dito con enxundia cultural. Aqueles Caesares da republica romana, eran dignos de todo. Eran capaces, militares de sona, e algúns estaban como cabras, pero Grandes Cabras.

Agora, eso acabou. Os politicos non se xogan a vida dirixindo centurias nin cousas similares. Non hai conquistas que facer para demostrar a capacidade. Con demostrar a ambición persoal, despous de achegarse a unha agrupacion de borregos que paga, xa chega.

Unha vez dentro solo hai que medrar. Todos deben diferenciarse, uns dos outros, para alternar e mandar os odios alternativamente.

Creo que a idea está demasiado embarullada, pero os que me conoceis, sodes sabedores da miña perguiza.

Escribir demasiado pode ser perigoso. Metese a pata deamsiado.

De todolos xeitos quero deixar constancia de que un DEUS BO, deberia de existir. Mais seria tamén bo que non tivera interpretes.

Alguén dixo que se deus non esistise, teriamos a necesidade de inventalo.

Amen.

2 comentarios:

  1. Cuanta razón teneis en estas cosas vuestras, lástima que yo no pueda contestaros con vuestras palabras.No es que yo añore aquellos tiempos de confesiones y penitencias, pero sí, por que todo estaba mas claro para mi comprensión. Ahora no hay Dios que entienda nada, y si existe, a algunos le importa poco por los desmanes que hacen......
    Saludos amigo y paciencia.....

    ResponderEliminar
  2. Nen deus fai falla, nen os políticos. Vivíriamos millor sen os relixiosos e sen os políticos.
    Unha aperta, amigo Xabres.

    ResponderEliminar