martes, 17 de mayo de 2016

DIA DAS LETRAS GALEGAS




                                  


   Hoje, día das letras galegas, eu tamén quero rendir unha homenaxe, mais no idioma da Alta Xeabra, se deus non me da a entender que o estou facendo mal.
 Como un xa anda un poco encurocado,porque os anos no la perdoan nin o cristo-negro que diría o tí Dario, cando estaba diante do SEÑOR cura, por si era o caso de que se necesitera o certificado de boa conducta, que de aquela era cousa dos cregos, ou que lle dixeran a un que era, algo “rojillo”, cousa que queria decir que era irreverente, e que o mellor era chamarlle a atención sen desleixalo.
 Habia na miña terra un home revesgado,  que de cando en vez puña os tildes enriba das ies, decia unha vez que estaba atarabancado nun pitareco demasiado gordo para sair del por culpa do alabeo do castañeiro no que estaba buscando un bulló do magosto feito na troba do mesmo arbol, por culpa de unha sacada de casca para fecer un zerrungón, daqueles que se ouvian desde a  Moimenta.  Todos sabedes que o entrecasco dos castañeiros é dun color acafetado, e dun sabor parecido e amargante case como agridoce, cousa incrible.
 Buscando nas arraigadas dos amieiros nas bordas dos rius, moitas veces en vez de lontregas, collianse trutas, daquelas que os antergos chamaban bácoras, e os templarios camelas, cousa que adoiteron a chamar tamén or falantes dos arxinas das canterias, arraigados no norte de Portugal. Estes  homes levaban nas entretiñas os gogos gordos da fala, coa que non querian ser descubertos.
 O Xosé do ti Alexandre(outros dicen que o Pepe da Manuela), unha vez que ia a abrir a poza da auga o chegar a beira do bocal atopouse cun sanguiño dunha boa e regular envergadura, o noso amigo non se le ocorreo mellor ocurrencia(que diria Cervantes), que facer uns atributos masculinos, para intertar vendelos o dia da festa mayor.   El decia que expostos nuns cordeis atravesados na aira das,  Pirlas podia facer que se venderan,  pous era cousa novedosa na comarca despous de xogar o xogo da chapas.
 O baile escomenzou, cando o gaiteiro Luis, atacou a Empreñadora, o Silverio tocou o bombo, e xa non recordo quen tocaba o tambor.
 Na hora da Muiñeira e xota, os bailantes, tiñan solo unha idea: era  a de non caerse. 

 O ti Carlos decia que non baiñlaba ben, mais que bailaba moito e nunca caera.

2 comentarios: