viernes, 27 de mayo de 2016

O CADAVER PANTASMA.



                      O CADAVER FANTASMA

      En toda a ladeira, desde as Valiñas hasta Valdabutre, habia unha cuarta de neve. Subir desde a beira do Tuela foi unha aventura demasiado estresante. O cadaver que subiamos peasaba arredor duns cuarenta kilos, cousa que facia que cada tres ou catro metros tiveramos que relevarnos no seu transporte. O desnivel debia ser polo menos de un trinta por cento.
   Por fin cheguemos o alto do Marabón, lugar desde o que xa todo era costa abaixo, e tamén habia camiño de carros. Xa non era o mesmo. O cadaver podiase levar entre dous nunhas padiolas feitas a propósito, e os relevos eran mais espaciados.
   O chegar as Pombeiras, decidiuse descansar un pouco, pous a subida fora forte e o cargamento, camiñando pola neve, pesaba mais do normal. O friu tamen facia que se necesitera descansar, incluso os pantalóns habia veces que eran dificiles de doblalos polos xeonllos, endurapabanse debido a neve.
    Levavamos uns dez minutos descansando, sentados diante de unha fraga, o abrigo do vento que soplaba do norte, e o estar orientados hacia o sur o sol case nos adormecia.
   Fun a beira de un compañeiro a coller o mechero para encender o cigarro de “Celtas”, e o levantarme deime conta de que toda a roupa, estábese a encarouxar.  Aquelo era perigoso, pous os sintomas eran todos os de unha incipiente conxelación. Empezemos a decirle a todos que tiñamos que pornos a camiñar pous podiamos ter problemas coa tardiña, pous o sol ia pondose e cada vez era mais dificil manter o calor corporal.e como consecuencia chegabase a un estadío de benestar incrible donde non se sentia friu e nembargantes a sensación de placer levaba a un a unha conxelación segura.
    Traballo nos costou os que nos dimos conta da situación, poder convencer ó resto da pandilla de que debíamos pornos a andar.
    Decidiuse que o cadaver iamolo deixar alí, pous como xa ia teso, pola noite conxelariase e o dia seguinte poderiamos volver por él con tempo e se facia falta transportaríamolo o lombo de un burro.
   Efectivamente, o dia seguinte volvimos o lugar onde deixéramos o cadaver, e a sorpresa foi gorda; alí xa non estaba.
   A neve arredor do lugar onde se deixara, estaba todo pateado, pisadas de lobos e tamén de botas de  humanos. Aquelo tiña toda a pinta de que alí houbera unha trifulca entre homes e lobos, mais o cadaver non apareceu.
   Escanchados no burro voltemos o lugar, lamentandonos, do acaecido.  A festa xa non a podiamos celebrar tal como estaba previsto, pous o cadaver da corza desaparecera.
   Pasado un tempo descubriuse que a farra, fixeranha os do lugar veciño que estiveran asexandonos o dia anterior.

4 comentarios: