jueves, 7 de febrero de 2013

PROMESAS SON AMORES..



 Xa se falou nesta Agora do Quilombo que os retornados do outro lado do charco, querían montar en Val dos Marcos.
 Tamén se describiu a forma na que debería estar regulada a maneira de pagar, pous había cousas de demasiado volume para levar como elemento de pago, e outro demasiado pesados.
 Aparte de de que levar cestos con produtos do campo, tales como castañas, zreixas, patacas e repolos, era motivo de cante, pous ver un home indo as agachadas camiño do burdel con un cesto, ou saco cargado, espereitado polos rapaces que as veces adoitaban tirarle pedras o home que se acercaba o quilombo, tiña como problema que podían ser obxecto de mofa e befa calquer outro home que, por motivos de traballo tamén podía ir cargado con calque recipiente daqueles.
 Imaxinádesvos que tamén vaian na mesma dirección mulleres cargadas con cestos de cousas apañadas nas cortiñas, entón poderían ser tachadas tamén de “visitadoras”.
 A min ocorréseme imaxinar o crego, na mesma dirección, levando as varas de pau do Palio. ¿Seria para o mesmo?. Seguro que o crego tiña outro medio de pago menos ostentoso. Os diñeiros dos responsos avultan pouco.
 Foi famoso o que pasou cun “visitador” , que ía cargado cunha columna de pedra da súa casa que a raíz daquilo quedou como se fose parte do Castro das Muradellas.
 Cando os tempos azancaron (os tempos avanzan xunto coa ciencia, a pesar dos homes), entón as cousas cambiaron sobre todo no eido desa cousa que o parecer non ten emenda.
 Este novo sistema de pago, na zona rural e empobrecida colleu outras maneiras. Alá polos anos sesenta, sucedeu algo que excedeu o ámbito familiar do interesado por unha falta de prudencia da “hurí”.Esas señoras que acompañan os homes dunha determinada relixión cando van o paraíso.
 Parece que o noso home, viudo desde facía moito tempo e inda con calenturas, tivo trato coa hurí de marras, fermosa pastora da comarca e que aproveitando o sestear das reses que apacentaba, retozou co noso viudo a sombra dunha urces reáguedas que crecían  na beira dunha fonte de auga limpa e fresca, na que previamente introduciran, tamén, unha botella de vinho verde.
 Aparte de satisfacer a libido de cada cual, o galán prometeulle unhas mañuzas de lá para uns “miotos”.
 Pasou o tempo e a hurí non acababa de recibir o prometido. Xa se sabe a pouca seriedade dos homes a hora de cumprir as súas promesas amatorias.
 Nunha mañá, a hora de xuntar as cabras para levalas os montes, a hurí-pastora, diante de varias mulleres mais, que axudaban a sacar as reses do souto dos castañeiros, dirixiuse con un esceso de contundencia a unha filla do inda acalorado amante da hurí, nestes términos:
-    Ten que darme vostede un guedello de lá.
-    ¿Eu, por qué?- respondeu a interpelada con asombro.
-    ¡Prometeumo o se pai de vostede! Dixo a hurí.
-    ¿Qué clase de negocio teñen vostede e o meu pai?. Que le   pague él o que le prometeu!.
-    Díxome él que lo pedira a vostede, que é a que ten a lá.
-    Pero, porque le teño que dar lá.
-    Pous porque a foda xa a votemos, e a cambio el prometeume eso para que fixera uns “miotos”.
 Como boa filla, esta entregoulle o famoso guedello.
 Da conversa entre pai e filla non transcendeu nada.
 Quedou o dito aquel que dice,” se non tes a lá a mau non retoces baixo as urces”

martes, 5 de febrero de 2013

Cousas que as veces poden ter sentido


 Chegara a hora do exame. En realidade nunca antes pensara nel. Xa se sabe, hai cousas que se pensa que nunca chegarán. Aquel chegara.
 O lugar era amplo, con fiestras grandes para tódolos lados. Unha mesa rectangular o medio, como aquelas que había nas feiras para comer o polbo e a merenda os feirantes.
Os lados da mesa, bancos corridos sen respaldo.
 Eramos dous no exame. Aí estabamos esperando que escomenzera. Por unha banda da sala andaba un home afanado nalgún tipo de traballo. Apareceu unha especie de executivo, denotábao a vestimenta. Era diferente e algo mais elegante que a que se vira.
 Saludounos con cara entre afable e seria e entrégounos uns rollos de papel. Parecían os rollos que usaban os hebreos para as súas escrituras, aínda que sen ser tan grandes e sen lugar onde enrolárense. Entregounos un lapis asaz raro. Tiña como uns cinco centímetros de diámetro e pouco mis de longo, afiado case desde o medio e cunha mina de mais de un centímetro de gorda.
 Díxonos que tíñamos que facer unha redacción arredor de tres verbas: Deserto, mar, árbore. E liscou fora.
 Quedei reflexionando sobre a maneira de enlazar aquelas verbas con algo de sentido, hasta que decidín comezar. Aquí empezaron os meus problemas. A mina do lapis derretíase, facía borróns, e as letras tiñan un tamaño descomunal. Así e todo continuei sen mirar a ningures, hasta que a mina do lapis derreteu de todo. Non tiña acabado inda.
Mirei pros lados e volvín ver o executivo o que le fixen un aceno co lapis. Ël encolleuse de ombreiros como dicindo que non era o seu problema. Entonces acercouse o home que estaba a traballar, e ofreceume o seu lapis. Era un lapis normal coma os que eu coñecía, mais non tiña punta. De casualidade tiña unha faca no peto, pequeniña que solo debía servir para iso: afiar lápices.
 Con cada verba que puña no pergamiño aquel, acabábase a mina e volta a afiar, hasta que tamén quedei sen ferramenta da escrita.
 Apareceu o executivo, colleume o papel no que garabateara algunha verbas, e ía apuntando cousas enriba. Eu estaba expectante a ver que ocorría, cando o outro examinando acercouse a min e díxome. Non tes problema, vas pasar a proba. Anota cada verba túa con sete e medio ou oito, así todas.
 Chamoume e díxome que estaba ben, pero, que podía haber sacado mellor nota se non houbera introducido a figura dun home no relato. Xa me deran tres verbas. Defendín a miña postura dicindo que si non había un home, non habería quen  vise o mar o deserto e a arbore. Quedou a cousa así.
 Acercouse o home que traballaba por alí e díxome: pensa que todo o que escribas nunha historia acabará facéndose realidade con todas as consecuencias.
 Mirei aquel personaxe, que, agora que o tiña cerca, pareceume enorme. Tiña uns pantalóns de pana con peto que le chegaban por debaixo dos brazos. Aqueles pantalóns estaban cheos de pegotes de pintura de tódalas cores, so se sabia que eran de pana o velos pola parte de atrás. Fixándome ben pensei que aquela cara érame coñecida.
 Xa te diremos o que tés que facer,-dixéronme- de momento mira de arreglar ese reloxo que está na parede. O fixarme nel deime conta de que unha das agullas de marcar as horas estaba colgando saída do seu sitio. Puxen unha escada para subir o reloxo e axustei a agulla. Tentei de polo en hora e preguntei que hora era. Dixéronme que a mesma de cando entrei. Non sabia cando entrara ó que me dixeron que non me preocupara, alí as horas eran sempre as mismas, solo corría o tempo fora daquel recinto.
 Cando le fun preguntar o home do pantalón cheo de tinta, alí xa non había ninguén, estaba eu solo e o compañeiro de exame que estaba comigo, mais este tiña cara de estar enterado de todo.
 Non te preocupes, xa irás colléndolle o xeito a isto. Cando saias recolle as instrucións que te entregarán, estúdaas e sempre, sempre, acórdate de que debes seguilas o pe da letra. En caso contrario non poderás volver por aquí. O home da pintura coñécelo desde sempre.
 Cando espertei, deume moita pena.

 --continuará......

miércoles, 30 de enero de 2013

SIEMPRE PRESUNTAMENTE (Por si es el caso)





 PRESUNTAMENTE

 Últimamente estamos escuchando, leyendo y visionando todos los día casos de corrupción.
 Muchos de estos casos están en la orbita de los partidos políticos, por lo menos eso es lo que se desprende de las informaciones publicadas.
 Se habla, se dice, que la financiación de estos partidos es opaca, que recurren a cosas algo obscuras, por lo menos contablemente, para proveerse de los dineros necesarios para su funcionamiento y al parecer, PRESUNTAMENTE, para algo más, tanto algo más que se habla de sobres con dinero y, repito, PRESUNTAMENTE,  dineros que no pasan por los tamices de la Hacienda Estatal, igual que los que nos obligan al resto de los españolitos.
 Todos estáis informados de esas cosas puntualmente, queridos lectores, por los medios de comunicación.
 Hoy he escuchado al líder de un partido, pedir consenso al resto de los partidos para llegar a un acuerdo para legislar la lucha contra la corrupción.
 ¡Joder!. Hágalo usted en su partido y luego exija a los demás. Estos también hablan con la boca pequeña, no sé si por que están afónicos o por que no quieren que se les oiga.
 Cuando los políticos hablan de estas cosas, siempre las ponen en el tejado de los otros, y si dentro de su partido se habla de casos demostrados con nombres y apellidos de responsables en algún momento dentro de algun partido. Entonces todos los político salen diciendo que ellos no sabían nada, que no les consta, etc., etc., diciendo también que no se puede juzgar todos por igual. Vale.
 Cuando se les menciona la desafección hacia ellos de la sociedad (Yo creo que esa desafección debería ser mayor) dicen que no se debe ser injusto aborreciéndoles a todos por igual. Vale.
 Yo no sé si hay que tratarlos a todos por igual. Sé perfectamente lo que yo, YO, pienso, deseo y quiero.
 Pienso que a mi no me representan. Quiero que se vayan a sus casas a trabajar. Quiero que no piensen ellos, que no somos borregos,  y, que no pueden hacer lo que les venga en gana.
 Para mi, son todos responsables. No me sirve ninguno. No me sirven los corruptos por serlo. No me sirven los que saben que los son, pero callan. No me  sirven los restantes porque no hacen nada para evitarlo, mirando para otro lado.
 SEÑORES POLITICOS, USTEDES SON SERVIDORES PUBLICOS POR DEFINICIÓN. No es el pueblo el que está a su servicio; ES AL REVÉS.
 A la política hay que ir con ánimo de servir, no con ánimo de servirse. El verbo es el mismo pero el significado no.
 A la política nadie obliga a ir, lo digo por esos que dicen que se sacrifican. ¡Quédense en casa y no hagan sacrificios!.
 Señores políticos, ya tengo mis años. He conocido de todo, siempre he pensado que este país debe ser uno de los más ricos del mundo, pués durante casi toda mi vida, siempre he escuchado la misma cantinela. Hay corruptos, fortunas rápidas, y cada cierto tiempo aparecen unas CRISIS, que lo único que nos traen de bueno es que aprendemos a hacerle “bujeros” a los cinturones, pués ustedes parece que lo único que saben es decir que hay que apretárselo, soluciones CERO.
 Vamos a ver si somos capaces de echarlos, y de hacer una verdadera separación de poderes, pués al parecer hemos llegado al punto en el que, cuando llegan al poder quieren legislar, gobernar, y si la cosa no pinta, relegislar decretando, y si hace falta amenazar.
 Por mi parte tienen ustedes un mandato: SAQUEN-NOS DE ESTA CRISIS, SI ES QUE SABEN COMO HACERLO, Y SI NO LO SABEN, VAYANSE A SU CASA, PERO NO DEN EL COÑAZO.

martes, 29 de enero de 2013

O NIU DOS CORVOS








Hai, no cimo das leiras das Lameiras, esas leiras que corren na parte de arriba do couto, paralelas o Tuela, cando este xa está a piques de  chegar o castro da Cigadonha, castro feiticeiro onde os haxa, hai no cimo das leiras decia, unhas fragas que os vellos chamaban as Fragas do Corvo, e que nos deberiamos de seguir chamando de cando en vez, igual para que non se le esqueza o nome e os que veñan detrás tamén disfruten daqueles nomes.
 Naqueles tempos, naquelas fragas adoitaban criar os corvos. Naqueles tempos naquela zona tamén se adoitaba non comer apenas xixa que non fose de porco, polo tanto toda clase de carne que non fora de “roncatudo” era bastante apreciada pola xente que podia agarrala e polo tanto comela.
 Un corvo era unha presa con suficiente entidade como para dar de comer a unha familia durante un par de dias. Era por eso que todos os que daquela estaban “empollinando”, buscaban a maneira de coller un par daquelas crias de corvo coas que podian agasallar a pais e irmans, e o mellor algún veciño.
 As Fragas do Corvo son unha especie de cellas, no medio da ladeira das Mendreiras, debaixo da caleira, xa case na raia con Portugal.
 Os nius dos corvos víanse desde abaixo, mais xusto desde ahí é onde se vé que por esa parte non hai maneira de chegar éles.
 Xa decian os mais vellos que a maneira de chegar os paxaros novos era baixando desde a parte darriba, descolgandose cunha corda. Tamén decian que habia que esperar a que os corvos vellos non estiveran por alí, pous sé se daban conta de que querian roubarle os fillos, cabreabanse e atacaban directamente ós ollos dos ladrois de paxaros.
 Chegou o tempo no que as crias de corvo xa empezaban a deixar o plumón, alguén dixera que os paxaros xa eran grandes, daban para facer un bon arroz, decian.
 As necesidades da casa eran grandes, pous non se comia todolos días o suficiente, e inda por enriba cada pouco tempo desde “os de arriba”,  deixaban as cartillas do racionamento sin validez durante unha semana ou dúas. Deciase que era para vendelo eles no estraperlo. Algunha fortuna parece que partia daquelo. Non se podia decir nada, pous por menos do que vale unha brizna, a calquera le daban un paseo pola estrada camiño da via do tren. Decir que era un ·roxo” era bastante para mandalo de paseo.
 Enganchou e corda nun penedo o suficientemente grande para que aguantara o seu peso, deslizouse hasta a parte das Fragas onde estaban os paxaros.
 Cando se acercou espantouse diante del un dos corvos vellos, dando uns berros que arrepiaban.
 Baixou onde o niu e colleo os dou paxaros que alí habia. Estes berreron tamén, cun arrepiante chirrido que fixo que o corvo grande se precipitara en picado sobre o ladrón de paxaros. Colleo medo e volveu deixalos no seu sitio. Entonces o corvo vello separouse a unha pesca das fragas espereitando o intruso, mais sen atacarle.
 Volveu coller as crias, que volveron a soltar os arrepiantes chirridos que puxeron de novo en movemento o vello, que esta vez atacou coas garras por diante sacandole unha tira de coiro dun brazo o ladrón. Sangraba como un porco. Asustouse e volve a deixar as crias no seu lugar, que caleron.
 Pensou que se seguia, o corvo era capaz de arrancarle os ollos, era mellor deixalo, a fin de contas os paxaros solo darian comida un dia ou pouco mais. Non merecia a pena matalos, en definitiva eran duas vidas que él non debia liquidar. Marchariase.
 Tiña que deslizarse hasta a parte de abaixo, pous apiolar corda arriba era imposible.
 Resbaleronle as maus e caeu enriba dun xeixo grande de cabeza e rodou por enriba das torgueiras.
 Cando atoperon o seu corpo, xa medio podrido, este estaba vixiado e non deixaban acercarse a o mesmo a ningún animal carroñeiro,  unha parella de corvos, que solo con velos escorrentaban a calquera.
 Un deles era soberanamente fero.

jueves, 24 de enero de 2013

Cuidado con el Licor-café


 

 Pequeño despiste.



 Había llegado hasta el inicio de las escaleras que daban acceso a la vivienda.

 La nevada era grande. Debajo de la nieve había hielo, era fácil resbalar y dar con las posaderas en el duro granito de aquellos escalones, o algo peor, caerse y que la caída sobre el “pendello” hiciese un estrépito grande y denunciase su presencia allí.

 Ya eran mas de las tres de la noche y lo último que quería era que alguien le viera.

 Fue subiendo despacio. Agarrándose al pasamanos, todo con mucho sigilo. Metía la mano en el pantalón y no la encontraba

 Voy a hacer el ridículo mas espantoso, se decia.Siempre me queda el recurso de echarle la culpa al tiempo helado que tenemos.

 Llegó al zaguán, y la vió. Al fondo e iluminada por una lámpara de bombillas de bajo consumo, parecía quererle decir, ¡Aquí me tienes!.

 Tal como la veía, aquello era una verdadera insinuación. ¡Y él sin poder encontrar nada entre los pantalones, aunque juraría que no había mucho, la había tocado!

 Estaba allí, efectivamente con su reluciente embocadura, como insinuándose, casi al primero que llegue. Se le veia poco uso.

 Volvió a palparse todo, incluida la faltriquera, pero el resultado siempre era el mismo. Allí no había nada, y por lo visto ni se le esperaba.

 Volvió sobre sus pasos, aprovechando las pisadas  iniciales y volviéndolas del revés, deshaciendo lo andado y deshaciendo las pisadas. Nunca se sabría si eran hacia la casa o para fuera de la casa.


 Aquello era  una gran frustración para él. Toda la tarde-noche esperando aquella hora y se encontraba con que a la hora de la verdad todo le había fallado. Estaba ompletamente seguro de que tiempo atrás, y antes de la operación de renovación a la que la había sometido, por seguridad, de aumento de tamaño de aquella cosa que ahora no encontraba, prácticamente había desaparecida.

 Maldiciendo su mala suerte y pensando en como se lo diría a su mujer, volvió a la calle por la que había subido. Cuando en un rielar de la luna sobre el agua-nieve vió algo brillar.

 Se acercó y con el corazón dando trompicones en su pecho, por fin la encontró. Seguro que cuando se lo contase a su mujer las carcajadas se oirían dentro de la casa.

 La cogió con ternura y volviendo a la casa, por fín pudo introducir la llave en la nueva cerradura.

 ¡Menos mal que no la había perdido!. Cambiar la cerradura con su nueva llave le había costado una pastizarra.

lunes, 21 de enero de 2013

COUSAS DE CORUXAS, CORVOS E BRUXAS (II)

 .....continuacón...
 Foi gracias a agacharme a mirar as piaxes do xabarín, por si habia mais, ou algún raion desperdigado por ali, cuando puxen a atención nun pequeno arbusto que estaba debaixo das urces albariñas.
 Ó velo, e ver as baias que producia, de un color negro-azulado, cuando eu estaba habituado a velas de color negro-morado e mais pequenas que aquelas, deime conta de que debia de ser una arandeira. Para esplicar un pouco a miña confusión direi que as de color negro-morado, mais pequenas que as negro-azuladas que habia alí, xa as comera, e polo tanto vira, no  Rigueiro de Lagoas e un gran arandaleiro na parte norte do Pozo da Moura, xusto o lado do Castro das Muradellas.
 O atoparme con estes arandos, enpecei a fixarme no resto das herbas e arbores que me ia atopando, e direivos aiquí o que atopei no eido da flora das serras de Lubian Chaos Barxacoba e Porto. Noutro momento falaremos do resto da que hai por a Xeabra.
 Encotrei as seguintes herbvas e arbustos: Os estourotes ou dixitalis, a xanzá ou genciana, o afeto macho, o come merendas, a carpaza xabresa, a xesta negral, carqueixas que arraigan nas fragas, o piorno, o tomillo xabrés que nalgures tamén chaman santolina zamorana, valeriana, xesta de flor azul, chamada tamén genista lusitanica, berros nos cristalinos nacentes de auga, o mentrasto ou menta silvestre e de auga, e unha enorme gama de moras de silva. E un feixe mais de herbas que deixei de tomar nota por descoñece- mento e tamén por un pouco de galvana.
 Nesta parte das serras, xa empezan a escasear, a medida que se sube, or carballos. En realidade o que hai a media altura son carrascos que solo chegan o tamaño de rebolos.Hay bstantes acibros, que nun momento determinado case se dan por estinguidos, vi un teixo de escasa altura, bedulos bastantes, algunha faia que outra, nas bordas dos regueiros hai bastantes abelairas, guindeiras e zreixais silvestres ou marouviños, algún tilo  e alisos. Dos que xa era imposible atopar algún eran os negrillos ou olmos.
 Estaba xa decidido a tomar nota de todo cuanto bichexo atopera, mais fíxoseme moi tarde. Xa non tiña tempo de baixar a Chaos con luz diurna, polo que decidí buscar un lugar onde pernoctar despous de chamar polo móvil a familia decindo que me quedaba na serra.
 Nunha ocasión que estivera nunha das malladas de Lubían, vira unha choza, que aunque sin teito, podia arreglalo pondole enriba un colmo de xestas. Non seria un mal sitio para dormir unha noite. Co coitelo de monte que levaba, dediqueime a cortar xestas e piornos co fín xa descrito, e facer un camalecho medianamente decente onde deitar os doloridos ósos.
 Mentras cortaba o colmado, deixei un pequeno lume dentro da choza, co fin de que quentera un pouco o habitat, e tamén para  churruscar unhas liscas de xamón serrano mercado na aldea de Montesinho, no parque do mesmo nome, en Portugal.
 Unha vez acabado o traballo, metinme dentro do chozo a comer algo, pous levaba bastantes horas sen comer e xa lambreaba algo.
 Probei o viño da bota, que estaba moi bon e fresco e cando me dispuña a comer o xamón xa quentiño, entrou dentro da chabola unha fermosa muller que tiña na faciana como unha mirada de incredulidade, seguramente por verme alí a aquelas horas, cousa que tamén me pasaba a min con ela.
 Díxome que vira o fume que saia da chavola e que a curiosidade a levara a entrar. Según dixo, naquel paraxe non via xente desde facia moitos anos. Eu, un pouco asombrado polo que decia e deducindo que ela era unha habitual de por alí, pregunteille de onde era, se era de Barxacoba ou de Porto, pous eran as dúas aldeas mais proximas. Ela díxome que non. Que ela era da serra, pertencia a unha comunidade de mulleres que adoitaban buscar, naquela época, as herbas que habia naqueles rius, lombeiros  turbeiras e morrenas da glaciación que inda quedaban pola bisbarra.
 Eu non daba crédito a aquelo,  cuando ela, o darse conta, díxome que en realidade, ela era unha  Meiga que buscaba as herbas para facer meciñas, que despous puña a disposición dos habitantes das comarcas cercanas.
 Díxome que se queria, podia asistir, á noite seguinte a unha conferencia de Meigas que haberia na serra.
 Entonces eu pregunteille, se a bandada de coruxas que vira pola mañá, tiña algo que ver coa xuntanza. Ela dixo que non. Que unha cousa eran as Meigas e outra as bruxas que adoitaban a xuntarse todalas noites do estiu no Caneiro da Bruxas. Elas tiñan outro lugar de reunión. Se queria asistir, que estaba invitado, e que seria ela mesma a que viria a buscarme, en calquer lugar da serra, no
estivera .
 Dixenle que me encantaria, asistir, e quedou en que o dia seguinte me levaria o punto de xuntanza. Inviteina a comer algo, e agradeceumo, mais non quixo comer nada.
 Atrevinme a preguntar se as xuntanzas eran coñecidas por alguén, e dixo que non. Solo por elas e por algún invitado algunha vez.
 Dixo que no mundo das lendas e da literatura as súas xuntanzas eran coñecidas como Aquelarres. Mais que non tiñan nada que ver co que nelas se decía. Era unha das cousas que facía que me invitera, aunque seguro que o que eu dixera non seria crido por ninguén.  Despediuse de min e saiu da choza, cando me dei erguido para acompañala fora, xa non a albisquei por ningures. Foi como sé se volatilizase.
 Naquela noite, dormín como un anxo, soñei con bruxas, coruxas, e sapos. Na mañá cando saí do chabolo, no sabía se a visita de Meiga fora certa ou non.

 … continuará….

jueves, 17 de enero de 2013

COUSAS DE CORUXAS, CORVOS, E BRUXAS (I)





 Estábamos a mediados do mes de Sanxoan, nos inícios do estío, Eran días e tempos nos que as andainas polos montes, serras e curotes eran moi apetecibles e instrutivos, pois ademais de entreterse nunha contemplación dos paxaros, os anfibios e lepóridos igual que os cérvidos e demais fauna que adoita andar polas serras,  tamén  nestas datas se pode contemplar, e nalgún caso estudar, son as árbores, matogueiras de arbustos e eses vexetais pequeniños que serven de unha ou de outra maneira de alimento a todos os seres do Reino animal. Ë dicir as herbas, esas diminutas cousas que conforman o Reino Vexetal, que son o intermedio entre o Reino mineral e o Reino vexetal.
 Non é cousa de amentar aiquí o Reino Espiritual e o Reíno da Enerxía, pois podería este pobre relatador incorrer en desgracia se se le ocorrera dicir que os dous son a mesma cousa. ¡Válame deus, xa se me escapou!.
 Subira eu as estribación da Serra Segundeira, Desde o concello de Hermisende a facer unhas fotografías do nacente do riu Tuela. Hasta Lubián subi en coche, que quedou aparcado e encomendado a Nosa Señora das Neves, o lado da capela que hai na súa honra nos paraxes da Tuiza. (Teño entendido que esta virxe, amosouse a uns pastores ou vaqueiros, as crónicas non están certas, no medio do verán en medio de unha grande nevada. Cousas veredes e escoitaredes).
 A intención inicial era subir pola beira do Tuela arriba, hasta chegar o seu nacente. Levaba un mapa argallado polo meu cuñado Xusto, que coñece mellor aqueles pagos do que eu, deume instrucións valiosas que como se verá, foron de de unha inestimable axuda.
 Según o mapa que me proporcionou Xusto Lubián Lubián (por algo se fía un da xente que leva ese segundo nome, cando se trata de percorrer as paraxes desa mesma toponimia), despois de cruzar o couto de Chaos chamado As Maseiras, unha vez que alcanzara a paraxe chamada O Caneiro das Bruxas, teríao mais difícil para subir, cousa que debería facer con mais tento, indo de vagar, hasta chegar a ladeira da marxe esquerda do Tuela, onde me dixo que se atopaba a Pala dos Albardeiros.
 Tanto o Caneiro das Bruxas como a Pala dos Albardeiros, en realidade eran os lugares que eu quería esculcar,  para evitar no resto da familia o que a algúns les parecía unha aventura perigosa, dada a lenda escudeime en que queria facer unhas fotos. Tiña que evitar as Bruxas, e a Pala onde según dimes e diretes dentro atoparan ósos humans, que non dicían nada bo a favor da covacha.
 Ía preparado para aguantar na serra bastante tempo. Levaba provisión de víveres dabondo case para unha semana, unha boa bota de Viño con mezcla de Albariño e un reserva de Toro. (Non sabedes vos que viño sai de ese “coupage”. Mellor non lo digais a ninguén pous poden acabarnos coas existencias.), unhas latas de conserva xunto con chourizos feitos pola zona de “Los Valles”nun lugar que agora non recordo  o seu nome, pan, un termo de café e froitas.
 Cando estaba por enriba da serra de Chaos, onde os veciños deste lugar recollen augas para regar os seus eidos, e supoño, solo supoño, que para o seu abastecemento diario, xusto nunha matogueira de bedugos ou bedulos que de tódolos xeitos os escoitei nomear, cando estaba descansando, digo,  e tomando algo para repor as forzas, pasou por enriba de min unha bandada que endexamais vira. Era unha bandada de unas duascentas ou trescentas coruxas, todas brancas guiadas por un bufo grande.
 Baixaron voando sobre o Tuela hasta que as pedí de vista. Estaba eu pensado no insólito da cousa, pois endexamais vira tanta coruxa xunta, nin sabia da súa querenza de animais gregarios. Xa solo por aquelo merecía a pena ter subido hasta alí. De repente collín un bon cabreo comigo mesmo, pous no fora quen de coller a cámara e tentar inmortalizar aquelo nunha instantánea. Dicía miña avoa, con moita razón que “o galego, acorda ben, pero acorda tarde”. Esta cantinela ía sempre dedicada a min.
 Acabei o refrixerio e dispúxenme a iniciar a subida, cando por enriba de min, espantáronse tres enormes corvos, que tamén baixaban voando por enriba do riu, e sorprendinnos o erguerme, pous fixeron un pequeno xiro esquivándome, volvendo mais abaixo a súa liña de voo.
 Levaban a mesma dirección que as coruxas, inda que a súa altura de voo era bastante mais alta.
 Crucei o Tuela para a outra banda, saltando nuns penedos que nalgúns lugares escondían as augas do riu, e tamén algunhas boas trutas. O saltar a unha matagueira de unhas grandes xestas, mais ben parecían piornos, casi caio enriba de un porco montés enorme. Tiña unha navallas de mais de dez centímetros por enriba do fuciño, e miroume cuns ollos sanguinolentos que non presaxiaban nada bo. Cando botei man do coitelo de monte que levaba o porco xa desaparecera polo cavorco abaixo.

 …….cocntinuará….

domingo, 13 de enero de 2013

Documental "La Gran Estafa" | Sobre la teoría de las puertas giratorias



     

Desde hace tiempo pensaba hacer una entrada sobre la llamada "crisis",
No tengo la formación ni información sufucientes para hacer una cosa interesante, Solo seria mi opinión.
En la red me he encontrado este video de los amigos de DRY, que merece la pena visualizar.
Sé que es un poco largo  pero, repito. merece la pena invertir los 27 minutos que dura.
Sin información nunca podremos manejar bien nuestro futuro
¡ESPERO QUE OS SIRVA PARA UNA BUENA TOMA DE DECISIONES!

miércoles, 9 de enero de 2013

ENAMORAMIENTOS PLATÓNICOS




 Eran los tiempos obscuros de este país. Eran los inicios a la vida de un joven inexperto en todo. Inexperto en trabajo, inexperto en la vida en la gran ciudad, inexperto en compaginar trabajo y una formación a la que aspiraba, inexperto en las relaciones personales con las bonitas barcelonesas.
 Los dineros que los esplendidos empresarios barceloneses pagaban a final de mes, al principio daban para llegar al último día con un pequeño déficit. Es decir que lo que pagaban daba justo para pagar la patrona y comer, sin pasarse.
 Había que mejorar la cosa económica, por lo que diariamente consultaba La Vanguardia buscando un hueco entre todos los anuncio de trabajo. Se necesitaban mas “pelas” para subsistir y pagar las matriculas, para seguir la formación que uno consideraba que Daria acceso a una mejor remuneración y trabajo- ¡Siempre hay ilusos!
 Después del primer año, la cosa funcionaba un poco mejor, aunque no daba para residir en el Ritz, sí para residir en una pensión medianamente decente, aunque esta estuviese por la zona de Las Corts, muy cerquita de los dos campos de futbol del Barcelona, el viejo y el nuevo.
 El lugar de trabajo estaba en el Paseo de Gracia enfrente de la Pedrera, edificio diseñado por Gaudí, un genio de la arquitectura que al revés que los famosillos actuales nunca tuvo que emigrar de su país por culpa del exceso de dinero en su cuenta corriente. Cuando murió atropellado por un tranvía, los que le auxiliaron creían que era un indigente.
 Digresiones aparte, vamos a lo que íbamos: Para llegar al trabajo debía subir todos los días a un autobús, siempre a la misma hora, desde el barrio de Sants hasta el Paseo de Gracia.
 Todos los días a la misma hora también subía al autobús una “fermosa” moza. Siempre íbamos enfrente uno de la otra ,
 Yo tenía la costumbre de recostarme en una barra del autobús al final del mismo, y la moza “fermosa” se recostaba en la barra de enfrente donde empezaban los asientos. Nos mirábamos cuando pensábamos que el otro no nos veía. A veces nos cruzábamos las miradas que eran rápidamente desviadas de forma un tanto azarada por las dos partes.
 Esto sucedía todos los días, salvo domingos. Sí, si los sábados también, pués de aquella los sábados se trabajaba por la mañana. Para mucha gente era día de paga semanal.
 Desde el primer día de las `rimeras miradas furtivas ya habían pasado mas de un año.
 Una mañana sucedió algo que me tuvo pensativo medio día. Subí como siempre al autobús, me acomodé como siempre en el lugar de costumbre, la fermosa hizo lo mismo por su parte. Pero aquel día su comportamiento, fue extraño para mi manera de ver.
 La fermosa, de una manera muy seria, casi hierática, me miraba fijamente a la cara y a renglón seguido fijaba su vista en mis piés. Todo el trayecto fue así, su mirada iba de una parte de mi cuerpo al otro. A veces pensaba que se iba a dirigir a mí, pero eso nunca sucedió.
 Llegamos a nuestro punto de destino, cada uno se fue a su trabajo y yo con la “mosca detrás de la oreja”, sin saber el porqué de aquel comportamiento.
 Me enteré a madia mañana durante la jornada laboral. Algo se me cayó al suelo y al inclinarme a cogerlo, al lado de uno de mis zapatos, me dí cuenta de que llevaba un zapato de color rojo y otro negro.
 Las prisas de la mañana habían conseguido que a la hora de calzarme me pusiera un zapato mio y otro de mi hermano que dormía en la misma habitación.
 El enamoramiento de la fermosa y yo continuó durante otro año aproximadamente, a raiz del accidente de los zapatos, empezamos a decirnos adios, y buenos días.
 Esperábamos, por lo menos yo, que el otro tomase la iniciativa, pero nunca sucedió.
 Como decía al principio, estábamos cargados de inexperiencia, y lo que era peor éramos completamente bisoños.
 ¡Bendita inocencia.! ¡Mierda de timidez!


martes, 8 de enero de 2013

HOMES CON PODERES SOBRENATURAIS




 

 Eu rezava olhando para os lados. Aprendi a dominar o pavor, logo tudo melhorou.Vin saber, ja de adulto, que cuanto maior é o medo as “almas do outro mundo”, maior é o sofremento.
 Esta conversa levábase a cabo no fondo das leiras da Aligheira, alí onde esta o nascente da fonte do mesmo nome. Por certo; a fonte está xusto no medio da raia.
 Nos colléramos as meruxas, no nascente, que estabamos a comer acompañando a un par de gazapos cazados na tardiña.
 Fixérasenos tarde, e decidimos preparar algo de cea. Tocoulle ó rapaz mais novo, acompañar o señor Diogo hasta a Moimenta a mercar pan e algunha cousa mais de comer, así como unha boa garrafa de viño verde, dese bo viño que fan os portugueses para eles, non ese que venden ós turistas en garrafas de diseño.
 A conversa tiña lugar despous de acabar de cear, sentados arredor da vella lareira da casa da quinta, que unha vez estivera habitada. Alí viviran, despous dos monxes do Temple tan habituais pola xeografia portuguesa, dúas familias mais. As dúas mistas de portugués e galega, e a outra de Galego e portuguesa.
 Fora o señor Diogo o que fixera o comentário, co que se enceta a historia, que tento contarvos.
 O noso amigo señor Diogo, relatounos que na súa época de estudante na universidade de Coimbra, vivindo no que eles chamaban unha republica de estudantes, fora onde se dera conta de que tiña a capacidade de albiscar as almas dos mortas que vagaban polo astral, e que adoitaban facer broma cos credulos, e as veces cos incrédulos.
 Relatou o caso que acontecera unha vez na cida de Evora, perto das ruinas romanas, alí onde está o templo de Diana e xusto onde acaba o acueducto, ou mellor dito o que queda do mesmo.
 Diante do acueducto, estaba a parada do autobus, lixeiramente afastada da estrada, case nun descampado.
 Era de noite, unha noite desas do mes de Marzo, cunha lua enorme que de cando en vez escondiase detrás dunhas néboas pretas. As sombras da noite xa se ian alargando e facian, co paso das neboas, unha danza fantasmagórica que puña os pelos do corpo de punta.
 Esperando a chegada do bus, estaba unha fermosa moza dunha fermosura fora do normal.Era dun branco níveo, tanto da cor como do que parecia a frialdade.
 Pola parte do bosque apareceu un facineroso, cunha faca na mao, ameazando a moza e decindole que le entreguera todo o que levaba de valor; o reloxio, o telfono dixital, a carteira, os aneis.
 Como a rapaza non perdera o sorriso, e non le facia caso ningún, o maleante enfurecido achegose a ela e tentou porle a faca na gorxa. A moza soltando unha risotada díxole o ladrón:
 “Desgraciado. Mentras estiven viva naide tentou roubarme nin asaltarme, e agora que estou morta xa é a segunda vez que o tentades facer”.
  Dixo iso cunha voz de ultratumba arrepiante. O “mala facinora” colleo tal medo que, sen querer, encheo os pantalóns cunha enorme mexada. Votou a correr, e pensase que inda non parou.
 O acabar, o señor Diogo dixo: “Você ficaria feliz se, quando morresse e voltasse para uma visita à Terra, fosse considerado como assombração?”.
 Naquela noite, non foi so o rapaz o único que non pegou ollo.
 O que mellor dormiu foi o señor Diogo. ¡Xa estaba acostumado!

jueves, 3 de enero de 2013

VERBAS E DITOS DE VAL DOS MARCOS.


 Encetémos un ano. Imos ver como o acabamos.
 Hoxe acordeime de unhas palabras que nalgún día, case todos pronunciemos alá polo Val dos Marcos, cousa que me deu pé para facer unha entrada nova, con propósito de continuidade.É o propósito, facer unha entrada,cada-vez que me lembre de unha verba usada alí, sen dicir cual é, e logo ver se aqueles que leen as miñas chorradas acertan e din cual ou cuales son.
 Aqueles que acerten serán agasallados oportunamente cun xongo mollado e os que non acerten e respondan entregarémoslle un gogo seco.
 Nin o xongo, nin o gogo procederan daqueles xeixos relumbrois que hai no alto da Cachena.
 Nesta canteira da Cachena coido que era onde o "ti Laudio", pai dos meus amigos "Milio" e Santiago, collía os xeixos brancos, que atizandole cos restos de unha lima, era quen de acender a mecha coa que matiña acesa a cabicha no canto da boca.
 Había quen cos mesmos artiluxios era capaz de acender lume, como unha vez o tamén amigo meu "Loi", cando se quedou sen lume no monte e recorreu a esa maneira de conseguilo, iscando sobre unhas iscas das que producen algunhas urces. Creo que son as reáguedas.
 Por hoxe xa está ben. Se conseguimos que algunha das verbas non se esqueza, xa será un pequeno aporte a fala arraiana do Val do Tuela onde éste se esconde camiño de Vinhais.
 Que o 2013, polo menos non sexa moito peor que o finado 2012.
 Apertas fortes e aloumiños para todosss....todosss.

miércoles, 26 de diciembre de 2012

ESTREANDO NOVOS CAMIÑOS




 Xa cheguera o progreso a Val dos Marcos. Ian facer unha atovia pola estrada nova, ou así.
 A estrada vella pasaba, no tramo das Portelas, pola soalleira. Cruzaba polo medio do Padornelo, Hedroso, e Lubian hasta chegar a Vilavella. Os lados quedaban lugares como Acibeiros, Chaos e As Hedradas. Un pouco mais alonxados estaban pola marxe direita camiño de Vigo pola vella estrada Villacastin- Vigo; O axuntamento de Pías e Porto e na outra banda o de Hermisende.
 Como aquela carretera traceran-na con moitas curvas, os politicos do momento decidiran facer unha nova. Seguramente sen tantas curvas.Mais curvas, mais tuneles; eu que adoito ser mal pensado digo, con mais comisións para arreglar a financiación dos partidos e de paso a dos dirixentes (vale, a de alguns).
 Fixose unha variante nova. Polo avesedo, por onde xea mais, con pendentes fortes, así de paso aqueles que teñan a má sorte de ter un accidente, ó mellor xa deixan de dar a tabarra, a aqueles que eles mesmos voteran.
 De súpeto alguen decidiu facer unha autovia. Viña diñeiro pola “jeró” da comunidade económica europea (fixadevos no nome, e o que quere dicir).
 A naide se le ocorreu arranxar o que habia, sacando tráfico por as dúas xa existentes, millorando a vida dos veciños das aldeas e que as vias de comunicación serviran para eso: COMUNICARSE.
 En Val dos Marcos tamén vivian persoas. Eran aquelas que por idade ou porque non quixeron, quedaran a vivir alí.
 Había un amigo meu que non emigrera. Seguia vivindo, daquel xeito no que se vive nas aldeas olvidadas da man de deus e o que é peor, dos politicos.
 Arrincábale todolos dias o sustento a aquelas terras ácidas, cheas de urces, xestas, bituminosa e graníto, con demasiado puco espazo para sacarle a terra algo que mellorera a vida dos que quedaban.
 Cando se enterou que viña a Autovia por aqueles lares ficou todo ledo. Por fin terian o mesmo que en Barcelona coa sua Autopista a Mataró. Igual que os de Madrid polo Guadarrama.
 Por fin xa cheguera o futuro a Alta Xeabra. A partir daquela xa vivirian mellor, pous  xa o decia a TV: As comunicación son fundamentais para a sociedade.(Nunca decian para cual).
 O meu amigo, que nunca usera nada do estado, pous o camiño hasta Lubián era da Diputación (así él estaba) pensou que agora xa eran chegados os tempos de ir mellorando.
 A capital da provincia quedaba, quedaba,…¡carajo!, práticamente a mesma distancia e percorrer esa distancia levaba o mesmo tempo.
 Bueno pensou, polo menos hasta Mombuey, hai Autovia. O mellor poñen unha delegación de todo en Puebla de Sanabria e hasta alí é a carreiriña dun can.(Xá).
 En definitiva él estaba convencido de que a autovia ia ser unha boa cousa para él e os seus veciños.
 Púxose maliño,un día a sangue con colesterol prodúxole un infarto de miocardio. O infarto foi pouco considerado con él. Atizoule un día de inverno cunha nevada daquelas que contaba os vellos. Donde menos neve habia, habia medio metro.
 Saqueron-no o hospital nun helicóptero. Era moi urxente.
 Os tres días, meu amigo estreonou a autovia. A neve xa remitira. A autovia estaba expedita. Desde Lubián a Val dos Marcos pasábase, con dificultad,pero pasabase.
 Así e todo o coche mortuorio era un todo terreno.



domingo, 23 de diciembre de 2012

UN BISPO NEGRO, NON É O MESMO QUE UN ARIO

      

    O BISPO NEGRO.

  Xa sabedes que en Val dos Marcos somos a reostia. Bailando, cantando, traballando pouco, criticando o veciño, axudando o veciño poucos, xogando ós paus en Hermisende, collendo bácoras no Tuela, facéndolle a pelota os “derriba”, e moitas cousa mais que agora non me dá a gana de enumerar, sobre todo aquelas que teñen que ver co “atajaná”, verba inventada polo meu amigo “Milio”, e que o parecer algunha vez fixo nas guindeiras da Costa.
 Nesta leria de inventar verbas, un especialista era o “ti Dario”. Aínda que este era mais amigo de facer frases novas que verbas.
 Sirva como exemplo, aquela vez que no mes de Agosto, baixaba do Camiño Novo, e o chegar a porta da tía Aurora, molladiño de arriba a baixo por mor de unha horrísona tormenta, ó decirle a veciña: ¿Qué Dario, ves mollado?. Ël respondeu: “mollóuseme hasta o mesmisimo Don Quixote”. Frase que non se deberia  despreciar polos lingüistas actuais, por aquelo que ten de recoñecemento do noso famoso “Escritor”. Senón sabedes do que vai, preguntade pola aldea de Cervantes de Sanabria e saberédelo por decir de calquera veciño da.
 Hoxe ésta léria vai adicada ó “TI” Dario.
 Nunha ocasión, naqueles días nos que era obligado ir á misa nas festas de guardar e “diomingos”, adoitaban no lugar , o saír de misa facer concello debaixo do balcón do ti Antoño.
 A min aquelas xuntanzas, ¿Qué queredes que vos diga?, gustábanme moito. Nelas podía coller a palabra calquer veciño, expor as súa ideas ou queixas e todo “quisque” escoitaba e debatíase sobre o asunto.Solo o referido a aldea,por suposto.
 Os que estaban e posesión da palabra, tentaban lucirse diante dos conveciños, e ás veces conseguianho. 
 Despous do concello quedaban corriños de homes (o concello era cousa de homes) falando de calquera cousa.
 Algún dia falaremos daquel matriarcado. Xa veremos.
 Debaixo do castañeiro, enfrente o raigame que o milenario árbore xa tiña o ventestate, e debaixo do meu sentalló, formouse un pequeno corro falando das cousas que se levaban daquela polas festas do Nadal. Había sete ou oito homes, o cura e un carabineiro, e tamén o famoso “ti” Dario.
 De todos é sabido que o cura e os carabineros non eran homes.Eran eso que os definia.
 Chegouse a conclusión de que todo aquelo das festas, era pros ricos das cidades, pous era demasiado caro, e enriba o turrón a hora de comelo facía que as encias boteran sangue. Aquelo era durísimo. Alguén dixo que era como unha pedra das de Rechouso.
 Entonces, o “ti” Dario criticando con moita razón o que pasaba mais alá das portelas e os que facían que todo aquelo dos precios fose como era, nun rauto de rabia forte, querendo criticar de maneira contundente ós, xa daquela, políticos inimigos do pobo, foi e soltou: “Mecago no Bispo, …..” e dándose conta de que o crego estaba diante, tratou de arreglar aquelo que podía ser ofensa e o peor motivo de querela polo representante do Bispado de Ourense, rectificou deste xeito:
 “Mecago no Bispo….Negro”.
 El quedou contente, e o crego tamén, notouse pola risotada que soltou.
 Non é o mesmo un Bispo ario que un Negro, ¡non Señor.!

martes, 18 de diciembre de 2012

¡FELIZ NADAL, BOAS FESTAS É POUCA ENVEXA!




                                                                ¡Xa choveu!


 Baixábamos polas Teixugueiras. A Lua xa estaba a media altura. Diante de nos ia a nosa sombra, remedando todos os nosos movimentos, e a demais, denunciando aquelas cousas que non queriamos que fosen vislumbradas.

 As manxoeiras ian agachadiñas nun saco de esparto para que non fosen vistas. Mais a lua, que non entendia de agochamentos, reflexábaas en negativo, xusto diante dos nosos pés.

 Eu,a medida que camiñaba, xa nos eidos do Prado Grande, andaba case a brincos tentando pisar na miña sombra, a ver se era capaz de deixala detrás de min. ¡Non o intentedes, sempre é tempo perdido!

 Meu pai, que ia a carón de min, díxome que él xa intentera noutra ocasión acompañando o seu, e non o conseguira. Sabia ben o que eu estaba tentando.

 Eran tempo de Nadal,.Habia que tentar ás camelas, pous dentro da frixideira serian a ledicia de toda a familia. Os peixes nas serras dos montes baixos leoneses, que eran aqueles, non por ser de mares de terra adentro eran peores que aqueles que viñan en camións, camiño de Madrid, e que o pasar polas portelas deixaban o seu arrecendo nada mais.

 Cheguemos a raia, no fondo de Cancelada, e nos prados de Parada, xa deixemos a primeira manxoeira. Eu, non deixei descalzar ó pai, crucei o Tuela a marxe esquerda e no fondo do prado do ti Salvador, armei a manxoeira.

 Cando íamos a cambiar de postura, berrounos o ti Marceneiro da Moimenta, que o parecer tamén andaba no mesmo. Charlemos un pouco de case todo. Fundamentalmente do mal que andaban as cousas. A xente pasaba fame. O que habia e Tras os Montes faltaba polas Frieiras e a Xeabra, e o revés. Encima os guardinhas e os carabineros tiñan demasiado celo polas cousas dos governos, e non facían a vista gorda.

 Se alguén queria que fixeran a vista gorda, deberia ter algo do que acusalos, cousa non demasiado dificil, pous eles tampouco nadaban na abundancia.¡Os que pasabas grandes cousas, nunca os collían!

 Seguimos hacia arriba, e a segunda, armémola no vello paso do fondo de Veigadiz a As Mendreiras. Era un lugar abenzoado polos Fados do riu daquel recuncho, pous alí como a sorte fose propicia é a primeira en entrar fora unha bácora, seguro que a manxoeira se enchía.

 No fondo das Callostra de Veigadiz armémola terceira, a cuarta debaixo do prado do ti “Lias” de Vilares, e hasta o Prado Grande non estaquemos a cuarta, que xunto coa da preseira do fondo de Penacoba, foron as dúas últimas.

 Cuando volviamos otra vez para a casa, volveu a sombra a porse diante de nós. Según meu pai, perderamos tanto tempo que le deramos tempo a lua a porse sobre as terras da Moimenta, e polo tanto facia que a sombra se puxera o reves da ida.

 O dia vintecatro pola mañá, cando íamos a levantar as manxoeiras, o empezar na de Cancelada, xa pensemos que nos levanteran a pescata, pous no fondo das leiras habia duas persoas. Menos mal que era o ti Marceneiro e o Marcelino da Moimenta, que estaban a guardar a nosa manxoeira. O parecer outro individuo xa quixera levala. Eles non le deixeron. Como despous me dixo meu pai ¡Eran uns bós amigos! 
  Cada manxoeira tiña catro ou cinco camelas, menos a do Pasadeiro. Aquela estaba totalmente chea. Tiña encerradas dentro, según o ollo do vello, unha arroba (@) de camelas.

 Aquel Nadal, polo menos tres familias, celebremos con trutas as festas.

 O menú foi, mais ou menos: Caldiño de berzas. Alleiras. Chourizas. Trutas fritidas con pemento, allo e ben salgadas. Esterroxas a esgalla e despous do café un bon grolo de aguardente, despous dun bon café, pasado de contrabando desde Portugal.
¡Foi todo moi ben gorentado!

 ¡QUE APROVEITEN OS MANXARES DESTE PRÓXIMO NADAL, AMIGOS!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

¡ELES NON PINTAN NADA!




 Decian que non avisaba .Parece que é certo. Veu de repente e sen demasiado esforzo separoume da pesada carga dun corpo  de terra.
 Non fora nada dificil, incluso foi algo bastante agradable. Aquelo de deixar o corpo era agradable. Desaparecía a peasadez, e sentíase ún liberado de todo.
 Aquel acidente, nun primeiro momento produciume unha grande dor. Mais ó sentirme separado do corpo sentin un pracer enorme. Todo estaba ben.
 Todo indicaba que acababa de morrer. Xa escomenzaba a facerme a pregunta de por qué non acaecera aquelo antes.
 Estaba un pouco, mais ben un muto, desorientado. Non sabia que facer, nin hacia onde marchar.
 Decidí alonxarme da terra, como decian que o ceo estaba “arriba”, pensei en ir hacia alí. Pronto descubrí que o de ir hacia arriba era complicado. Simplemente non sabía onde era arriba, abaixo, esquerda e direita. Estaba noutra dimensión.Non tiña referencias polas que guiarme. Hasta que descubrí que o de ir de un sitio a outro solo era cuestión de pensalo, pasou un pouco de tempo.
 Pensei en ir o ceo, e de sútaque atopeime nas portas. Alí estaba un home cun feixe de chaves, que abrian as portas.
 Díxenle que quería entrar alí, e él pediume o certificado de boa conduta. Pregunteile que qué era aquelo, e dixo que sin él non podia entrar. Mirou nun ordenador pequeniño, mais de unha rapidez instantánea, viuse a miña vida relixiosa, e díxome que o tiña crú, nunca pagara nada a igrexa, e as veces falara mal dos cregos, o que era un grande impedimento. Deberia volver, pagar todo e entonces os representantes eclesiasticos darianme un certificado co que, unha vez abonadas a taxas correspondentes xa podía entrar.
 Decidí marchar a outro lado. Iria o inferno, pensei. Atopeime na porta e ó meu carón estaba un home ben vestido, con chapeu de copa, chaqué, unha enorme gravata e moitos aneis nos dedos. Debia ser o demo, ou un deles. Díxenle que quería entrar alí e él respostoume decindo que tiña que abonar a miña parte alícuota da hipoteca que os politicos en nome de todos os homes fixeran  sobre a estadía no inferno. Habia que pagar as infraestruturas. Eu non sabia nada daquelo, mais non me chamou demasiado a atención aquelo. Estaba acostumado as estupideces dos politicos e as súas maneiras de enguedellar ,os demais e sobre todo ás cousas.
 Dixen que non.
 Quedei un pouco, alí no medio da nada, pensativo. Decidín ver a Deus. Automáticamente estaba o seu carón. Mellor dito, sentíao cerca, vélo non o vía, so cambiu o meu entorno, decidin que era alí onde quería quedarme.
 Sonou a voz de Deus: ¿Qué queres?
 Quero quedarme aiquí con vostede, nun currunchiño pequeno  onde non estorbarei nadiña.
 ¡Non te deixeron entrar no ceo nin no inferno ¿Non sí?!. Amiguiño ahí, eu pouco teño que facer, deile liberdade e agora usanha so no seu proveito. Por min poderias quedar aiquí, mais terías demasiados problemas, o contacto coa miña enerxia, nun momento de descuido serias eliminado, e non foi esa a idea da creación.
 ¿Qué podo facer logo?- preguntei.
 ¡Tomar unha decisión!- Respondeu
 Decidin quedarme alí. Preferia desaparecer por un golpe de ENERXIA nun decuido antes que darle satisfación a demos, banqueiros, politicos e cregos.
 ¡Qué carallo, a fin de contas fóra a enerxía quen me creara ¡ Mal seria que non se me pegara algo, e se non era posible, sempre me quedaba a posibilidade de reencarnarme, nalgunha galaxia perdida nalgún lugar do universo futuro.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS, POR ANTICIPADO.





 Llegan los tiempos de fin de año. Son tiempos, eran, en los que las familias acostumbraban e repartirse entre sí, la miseria en la que estaban inmersos.
 Eran años duros en algunos sentidos, no en todos. Salvo deshonrosas excepciones, la gente era solidaria con el vecino. Claro que ya de aquella había los falangistas y los que vendían a su padre por absolutamente nada, solo por quedar bien con las llamadas fuerzas vivas.
 Bien situados los amigos lectores, (como decía alguien, tú desocupado lector), vamos a lo que queríamos ir.
 Llegan estas fiestas, y pensando en aquellos tiempos, la memoria de un viejo que todavía la conserva y quiere hacer buen uso de la misma, pensando en aquello, recuerda:
 Día veinticuatro de Diciembre. En Val dos Marcos había caído una nevada en los días precedentes, que para caminar por “os camiños”, hiciese falta ponerse leguis o borceguíes como también les llamaban. Los Chavales cuando salíamos hasta “As Airas das Pirlas”, o a la “Escaleira da tia Inxinia”, debíamos ir pisando sobre las huellas de los mayores, enterrando nuestra piernas hasta un poco mas de las rodillas.
 Llegaba la noche de Navidad. Era noche de cena fuera de lo común. Se hablaba de algo llamado turrón que al parecer se comía en las mesas, algunas, de las grandes ciudades. Ya digo se hablaba de él, pero nadie sabia como era. Decían que lo había duro y blando, que era dulce y que era típico de la Navidad. Se nos llenaba la boca de agua pensando en él y en aquellas mesas pantagruélicas en las que había de todo.
 A la hora de cenar, nos conformábamos, y Dios nos las diera ahora, con unas buenas “chouriças” algún otro producto de aquellos cerdos cebados con castañas. y, sobre todo, con aquellas “esterroxas”, recién fritas por nuestras madres, normalmente con pan de “centeo” anormalmente con “pantrigo” y con el aditivo de aquellas gallinas que eran capaces de volar mas de cien metros seguidos. Cosa vista por un servidor, su progenitor y un tío. Cierto es que la “pita”, escapaba de las garras de una águila que la quería de aperitivo.
 ¡Nunca he comido ningún postre que hubiese satisfecha tanto mi paladar!
 Cuando llegaron las fechas de Reyes, la cosa también tenia su… aquello. Se hablaba siempre de lo que traerían, cosa fomentada por “las maestras” de la época.(Eran todas de la sección femenina)
 Todos los años, sin excepción, siempre pasaba lo mismo. Los hijos de los Guardias Civiles presumían de que le iban a traer esto y aquello, cosa que se quedaba siempre en lo mismo de cada año; una imitación de un camión de hojalata, que sus padres guardaban de un año para otro. A mi lo que más me gustaba eran un par de gallinas de latón pintadas con los colores de las plumas muy vivos, y puestas de una manera muy ingeniosa de forma que parecía que estaban picoteando sobre un recipiente con grano, y que gracias a un artilugio que las hacia moverse, parecía que comían, pero lo mas de los más, era que hacían el mismo ruido que una gallina cuando comía entre pasillos y sobre el piso de madera de castaño.
 Con aquellas cosas éramos felices y al día siguiente ya todo había sido olvidado. Volvíamos a nuestras rutinas.
 De aquello ha quedado una cosa; que éramos amigos. Estábamos dispuestos a cualquier cosa por los amigos y nosotros, de manera personal, no importábamos nada. El importante era el amigo.
 Con el tiempo eso se fue al carajo. Como decía alguien que yo me sé” el que tenga oídos para oir, que oiga”.
 Si se me olvida por aquellas fechas : QUE TENGAIS UN EXCELENTE SOLSTICIO DE INVIERNO Y QUE LOS REYES OS TRAIGAN “ESTERROXAS” DE LAS DE ANTES.

lunes, 3 de diciembre de 2012

O PENEDO DOS TRES REYNOS



 Pasemos outro "finde", nesa terra de transición entre as chairas infindas castellanas e os lombeiros xa medio cansos e redondeados galegos. Esa fermosa terra que todos coñeceis como Sanabria y La Carballeda e que eu denomino como o facían  os meus antergos: A Xeabra. Teño a sorte de ter como lugar escollido pra nacer nun cacho de terruño espetado no medio do linde da Serra Segundera, As Frieiras e Tras os Montes. Unha parte do que se chama a Alta Xeabra.
 Ben, como dicía, este fin de semana pasado foi día de estar na terra da miña infancia e adolescencia.
 Como xa algúns sabedes, desde bastante mozo aprendín con xente xa morta, algúns deles se viviran hoxe terían mais de cento trinta nos, aprendín, decia, a quererle os montes e ladeiras daqueles lugares e tentar  cazar un coello ou unha perdiz. Durante unha época, a caza era a única maneira de levar a boca un cacho de xixa que non fora de porco. Inda que na comarca había moitas vacas, a carne delas comíase noutras mesas, a cambio de que os gandeiros troqueran os vitelos por catro perras gordas pra pagar con elas os impostos, que nunca o seu traballo xeraba.
 Nesta finde estiven paseando por enésima vez aqueles montes, acompañado da oitomesina, inda non, Lupa, unha cadela de raza Perdigueiro de Burgos,
 Desta vez estivemos nun sitio chamado O Penedo dos Tres Reynos.
 É este un punto xeográfico onde converxían tres reinos e inda agora converxen dúas Comunidades Autónomas e unha República.
 No lugar hai unha marra no alto dun penedo granítico onde, según a tradición popular, nunha ocasión  xunteronse  a firmar un tratado os reis de Galicia León e Portugal.
 Dí a tradición que a componenda dos reis foi tan larga que se le fixo de noite. De madrugada escoitaron cantar os galos de tres aldeas: Cádavos de Ourense, Moimenta de Portugal e Castromil de León
 En recordo daquela xuntanza quedoulle o nome o sitio como O Penedo dos Tres Reynos.
 Pódovos dicir que a Lupa progresa algo mais que adecuadamente, mais penso que en sentido inverso vai a progresión do seu amo. Ela xa empeza a ser os ollos e ouvidos naquela parte que le empezan a fallar o seu dono.
 Espero que entre os dous pasemos inda, unhas cuantas andainas tanto pola Cachena como polo Catrapeiro e a Escusaña.
 Outro día falaremos do governo, quero dicir das perdices.