domingo, 31 de enero de 2010

CONTO (INICIO) A HÉCTOR


¡Cuntame un conto do pueblo!- decíame Hector algunha vez, cando o sono se resistía a pecharllelos ollos.
As veces era o conto de “una vez era una rana y un pez, y al otro dia por la maña era un pez y una rana”, mais él non deixaba de pregar que le contara o conto da águia e mailo anel.
EMPECEMOS:
-Habia unha vez un neno en Brumoso, capital do Val dos Marcos, un rapaz, que daquela tiña sete ou oito anos.
Era por aqueles anos nos que, según os vellos, habia fame. Según decian, fóra dos lombeiros do Val do Tuela, houbera unha guerra, de uns contra outros, sen outro motivo aparente que non deixar arraigar no país a uns homes que tiñan cornos e rabo. Chamabanles “Rojos Comunistas”.
Para min que os motivos foron outros, mais non se atrevian a decilos, porque ian en manifesta contadición coas súas crenzas relixiosas.
Por aqueles anos adoitaban a instalarse no Forno de Arriba, unhas persoas as que os mais grandes chamaban “gitanos”.
Eran familias completas, un patriarca e a súa dona, cos fillos, hirmans, primos é netos.
Metianse no forno porque daquela, os veciños, inda cocian fornadas de pan de centeo. Como o forno estaba quente aproveitaban o calor é pola noite dormian todos xuntos, embrullados enriba do estrado de amasar, e polo chan perto da borralleira.
O rapaz, ó que le chamaremos,O Pinta, fíxose amigo de un dos ciganiños que era mais ou menos do seu tempo. Cada día buscabanse un o outro, e dedicabanse a xogar coa neve, e tentar cazar algún merlo coa “esparrela”. Ninguén le dixo que as “esparrelas” eran para atrapar trallóns, alá polo fin do vrao. Con esto quero decir que nunca pillaron cousa.
Polas tardes, O Pinta, levaba ó seu amigo cigano á casa dos seus pais, e pregaballe a súa nai que les dera de merendar, cousa que a boa da muller sempre facia; Un cacho de pan e unha chouriza, ou unha tallada de touciño, para cada un, é se tiña tempo un ovo estrelado ou unha tortilla de patatas, que comian na mesa da cociña, aquela de “baixar”, na que tan quentiño se estaba.
Acabouse a estadía dos cíngaros no Forno de Arriba, e chegou o tempo da despedida entre os dous amigos.
O rapaz Xitano, pregulle ó seu amigo que fóse con él ó forno pois a súa mai queria despedirse del. Díxole que cando entrera no forno que deberia saúdar o patriarca que era seu avó, pois esa era a súa costume.
Entreron no forno, e alí estaba todo o clan, xa con todo preparado en fardos para marchar de novo a Portugal, pois dalí era a súa procedencia. O Pinta dirixiuse o mais vello o cual le fixo un alomiño, e pondole a man direita sobre a cabeza, dixole que Deus o abenzoera, e mandouno anda a mai do seu amigo que ó parecer tiña algo para él.
Acercouse, e a muller deulle un anel que parecia de cobre, cun amalló largo, que le anoóu ó pescozo co anel como colgante, decindole: “cando sexas mais grande poderás levalo na man, deberás levalo no dedo corazón da man direita, e defenderáte de moitos males”.
Despedironse, é con tristura os ciganos dirixironse por Falgueiras, camiño de Portugal é o noso amigo quedou triste. Foi a casa e ensinoule o anel á súa nai, a que le preguntou se le dera as gracias a mai do seu amigo, decindo tamén que o anel parecia de ouro, mais que o máis importante era a boa intención dos ciganos.
O Pinta era moi aficionado a perseguir os páxaros, verle os “nius”, bulirle nos ovos, é as veces facer rabiar as páxaras que andaban no choco.
Nunha ocasión empezou a perseguir a un zorzal, para ver se le atopaba o “niu”, mais de salgueiro en negrillo, é deste as urces, cando se deu conta estaba nun lugar desconocido para él, pois alí endexamais estievera.
Habia un riu pequeño, cheo de amieiros e chopos polas dúas bandas, é o zorzal perdérasele.
Como ia tan ensimismado seguindo o zorzal, non se decatou por donde pasara, e agora non tiña nin idea por donde era o camiño de volta.
O sol escomenzaba a esconderse detrás dos lombeiros, e percatouse de que pronto seria noite.
Escomenzou a preocuparse, e o medo fixo a súa aparición polo seu caletre; de súpeto acordou que se falaba dos lobos, dos porcos monteses, teixugos e outros seres, que según os vellos era perigosos.
Xa se via acosado por un montón daquelas feras alimañas, que seguramente o acosarian contra un dos pozos mais frondos do riu, é ali mesmo o zamparian.
Escomenzou a tremer, e caseque estaba paralizado de todo. ¡Menos mal que as feras inda no deran señais de vida!
Nestas acordouse do anel que le dera a mai do seu amigo cigano. Recuperou a cor e os folgos pois según a muller aquel anel iao axudar. Agarouno coa ma direita, e con toda a convincion do mundo díxolle: ¡Prégote, por Deus que me axudes, pois estou perdido, é non quero que me coman os lobos, que ia ser de miña mai!.
Volveu meter o anel dentro da roupa. De repente, desde uns vinte metros, unha voz díxole: ¡Eh, rapaz,imos para a casa, pois xa vai ser noite pronto. O Pinta como se aquello fose a cousa mais natural do mundo botou a correr hasta donde estaba o ti Adolfo, que viña do seu prado da Illande.

3 comentarios:

  1. Jejeje, gúuuuustame. Aqueles contos, debaixo do peso de catro mantas, sentindo cómo se colaba o aire por entre as grietas da madeira, imaxinando o monte e as aventuras a escuras, eran millor que trinta películas en 3D.
    Eu creo que por eso me gusta tanto o cine, os comics e a literatura en xeral. Aqueles contos me fixeron un yonki das boas historias.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Con máis circunloquios có anterior (non sei se o rapaz non se durmiría sempre antes de que acabases, mais ese era o obxectivo, non?), pero tamén moi simpático. O outro era para adultos, este para todos os públicos. Outra vez grazas por compartir tesouriños tan guapos. E o anel, onde vai, eh?

    ResponderEliminar
  3. Hector: Sabia que te ia gustar, ainda que non apareceron en escena nin a aguia, nin o esquio, raposos e lobos. Espero acordarme, é ireinos sacando pouco a pouco.
    Coido que unha das mellores cousas, é tentar volver o mundo infantil. Hai moita imaxiacíón é puca esixencia hacia o contador
    Se aqueles contos serviron para que te guste a literatura, o cine e comics, abenzoados sean eles.

    Loro: Non te vou contar o do rapaz, explicouse él mesmo, no primeiro comentario. Prometo que os próximos serán mais infantís. ¡Que queres, un segue a ser bastante infantil.
    Un abrazo ós dous.

    ResponderEliminar