sábado, 16 de enero de 2010

ESCATOLOXIA, CASI RABELIANA


Rabelais, naceu e morreu casi cuatrocentos anos antes que meu pai.
Inda que pareza unha tolería,como é lóxico, tampouco Gargatúa, tivo a oportunidade de coñecer ó meu proxenitor.Igual que o creador de Gargantua.
Se este úlimo o houbera coñecido, seguro que a súa explicación a seu pai Grandgousier, sobre a súa limpeza, é sobretodo das tropecentas maneiras que tentera para limparse o cú; desde chapeus de donas, bufandas, mantos, gatos, paxaros e outros animais, él acabera atopando un animal en especial, que le recomendaba ó pai: Un ganso moi plumoso. Gargantúa decia que metendo ese bicho entre as pernas, aparte de facer o ser-
vicio de lipeza, parece que tamén le daba gusto.
Meu pai coñecía un método moito mais respetuoso cos animais, é de concurso mais simple, pois non se necesita a ninguén.
Contaba o Pepe, que nunha ocasón, un finolis de capital, aterricera por Val dos Marcos, un día saiu o monte cun nativo da zona.
Cando estaban, poñamos que en Rechouso, o fino home de ciudad, encontrouse cunha necesidade. Aiqui, eu, debería decir: unha necesidade fisiológica, mais como tampouco son moi fino, e estamos a falar de un escritor escatólogico como Rabelais, direi que o finolis entreronle ganas de cagar, ou como decian en Val dos Marcos, tiña que tirar o pantalón.
Como estaban en lugar agreste, silvestre é rocoso, o visitante preguntoulle ó paisano, que donde o facia. O noso amigo contestoule, que donde quixera, agregando: mire, nós escondémonos detrás de algunha urz, e alí mesmo.
Pero, ¿y el papel higuiénico?.
Entonces o paisano, xa canso dos remilgos e un pouco retranqueiro, dixole, ¿Qué papel nin farrapos de gaita, aiquí limpase o cú cos dedos.
¿Y donde timpian los dedos?. Bueno carallo, os dedos chupámolos.
Enton o ilustre ciudadadano, escondeuse detrás dun penedo daqueles que hai no castelo
é tirou o pantalón.
Unha vez aliviado o intestino, viuse na necesidade real de limpar o cú. Mirou por todos os lados e non atopando nada que le servira para a limpeza rectal, con certo noxo limpouse cos dedos. Mais, ¡oh cruel destino!, os dedon quederon emboldregados demerda, entonces quixo sacudilos, fixoo cun xesto demasiado enerxico, con tan má sorte que dou un soberano golpe contra un xeixo. O dolor foi tan intenso que instintivamente, fixo que os levera a boca..
Entonces quedou convencido de que aquela era amellor maneira de limpar o cú.

2 comentarios:

  1. Tes que deixar de contar esta historia, que é unha cochinada... Mellor remata a que empezaches xa. Qué pasóu con a Tecedeira? Falta un cacho, non?
    Bicos, Tiuuuuu!!

    ResponderEliminar
  2. Si, Mase, faltan dous cachos, ainda que é demasiado dura.
    Téñoa acabada é dame algo de repelús, pois inda vive algún protagonista.
    ¡Oes! dúas cousas:unha este "finde" vamos a Val dos Marcos. Duas, ¿que tal o dos c.v.?

    ResponderEliminar