miércoles, 27 de enero de 2010

¿FOI VIOLACIÓN?

Era pola primavera. Nas beiras doTuela, estaban dúas persoas novas, arredor dos dezanove anos cada unha. So unha diferencia, unha era muller e a outra home.
Xa se sabe que na primavera o asunto hormonal anda requentado. Estas dúas persoas non ian ser distintas.
Non mantiñan unha relación anterior. Simplemente estaban alí, facia calor, o ambiente estaba cargado de feromonas de atración sexual, e pasou o que tiña que pasar.
Pasan quince días. A persoa femia ten un retraso, asustase é fala coa avoa. Contalle o que sucedera na beira do Tuela, é a falta que ten.
A avoa, reflexiona. ¡Carajo!, o rapaz ten terras, prados e vacas. A rapaza non. Ela é o que se chama pobre, él rico.
Convence a rapaza de que o mellor é denunciar ó rapaz, así un xuiz obligarao a casar, e ela ten resolta a vida. (Menuda estúpidez pensou a vella).
Van a xuício, o xuiz interrogaos por separado, é chega a conclusión de que nada daquelo é certo. Foron cousas da mocidade. Mandaos para a casa, é cita ós proxénitores para o dia seguinte.
No interin, o rapaz lisca fora da terra, é o dia seguinte a rapaza tamén.
Non houbo embarazo, so foi unha falsa alarma.
Pasou o tempo. Cada un casou polo seu lado. Pasaron uns cantos anos, cada un acabou separado da súa parella.
Volven un vrao a aldea. Atopanse na beira do Tuela, e repiten o mesmo daquel día. Solo unha diferencia, noteron demasiado a calor, e a fogosidade non foi a mesma. Os boches xa non estaban para tanto trote.
Descansan, non teñen presa, non teñen medo, estan sos en todolos sensos. Repiten a operación. Foi moito mais reposada, disfruteron da tarde e do solpor. Inicieron o regreso a aldea, sen esconderse, ledos é convencidos de que así debia ser.
Naquelas vacacións decidiron que o mellor era vivir xuntos. Perdian pouco por probar, xa non tiña que gardar apariencias, nin demostrar nada.
Xa son vellos, levan cuarenta anos xuntos. No vrao as veces inda vain as beiras do Tuela. O aasunto xa no é como era, mais eso xa non importa. O que importa é que están xuntos, é que queren seguir así hasta que a parca faga liscar a un dos dous.

4 comentarios:

  1. Huy, que historia máis bonitiña. Real??

    ResponderEliminar
  2. Vista á galega resposta, non preguntarei máis.

    Real ou inventade ou pódaque, a historia é unha pequena maravilla, un relato deses que merecen un premio. O premio, de momento, é para os que temos a sorte de poder lelo. Gracias.

    ResponderEliminar
  3. Moito obrigado míster Loro.
    Seguindo á galega, haberá de todo, "inclusivmente"
    pódaque masi real que inventado.

    ResponderEliminar