sábado, 24 de abril de 2010

NAS POLDRAS


Hoxe, escoitando “charade”, a través de internet, veume as mentes un lugar onde, nos vraos dos anos cincuenta e tantos, soiamos ir a beira do Tuela a parolar.

O lugar está na marxen esquerda do Tuela no fondo da Charca Negra, xusto por donde pasaban as primeira poldra entre Hermisende e Sancibrao.
Digo as primeiras, porque cambieron de sitio tres veces, hasta que definitivamente desapareceron. Ahora xa no fan falla, aparte de que non hai xente, a carretera é moito mais comoda para transitar dunha aldea a outra.

Para chegar as poldras, habia un carreirón que baixaba desde o Outeiro, pola borda do prado dos Tomés que tamén levaba o Muiño do Freixoeiro. Uns cen metros antes de chegar o muiño, o carreirón adentrábase no salgueiral que ainda existe, entre o riu e as caldeiras do muiño do Carrizal e a do propio muiño, que creo que tamén le chamaban da Veiga.

Inda existian as paredes de outro muiño un chisco mais arriba, enfrente do que, na caldeira da Veiga as muleresiban a lavar a roupa, a facer a barrela como elas decian.

Por certo a barrela era unha forma de blanquexar a roupa a base de mollar, fundamengtalmente as prendas de liño, e despois de tendelas botarle cinza do lume enriba para que ampleceran, despois vavian a lavalas e xa está. Mais ou meno coido que era así.

Ben, pasábamos as poldras e no prado que creo que era dos Pitos, a sobra de un chopo e unpar de afreixos, xuntábamos-nos uns chavalotes de Hermisende, unhas chavalotas e eu, as veces a Marisa da Nélida, e a Amparito.

Eramos todos menores de vinte anos, excepto un par de mozos de Hermisende, entre os que se atopaba Don Paco, a aszón médico da zona.

Debaixo daqueles altos amieiros, proxectábamos o noso futuro, facíamos cábalas e quedabamos para o dia seguinte sempre esperando a que cheguera a festa do dia quince de agosto.

Este dia tíñamosle todos bastante medo, pois unha vez que pasaba, xa escomenzaba o éxodo. Avolta de un mes xa non quedaba nadie da pandilla pola zona, e entonces, pouco a pouco, a medida da falta de algún, a nostálxia caaba cada vez mais fondo en cada un de nós.

Daquela estaba en boga a música “charade” do gran compositor Mancini, por eso oxe o escoitala, veume as mentes, aquel curruncho, que podiamos considerar un dos lugares que co paso do tempo se botan de menos, xunto cunha xuventude, falta de mopitas cousas, mais chea demoi bon “rollo”.

4 comentarios:

  1. Teño por costume, despous de publicar un post, correxilo dende o orixinal.
    Por algunha razón decoñecida para min, agora non me deixa.
    Xa sabedes a miña pouca man para este artíluxios.
    Cando descubra como facelo, correxirei a páxina.

    ResponderEliminar
  2. Está moi ben... pasados uns cantos anos, a historia vaise repetindo noutros lares de Val dos Marcos e con outras persoas pero os sentires parecen non mudar...

    ResponderEliminar
  3. Encántame ler este blogo na fala extremeira de Galicia.Gústame de saber detempos antigos e vidas e costumes que se van perdendo.
    Ánimo que o estás a facer mui ben.
    un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Paula, xa ves que, o tempo pode "fuxir", mais as arelas das persoas "mutatis mutandi" seguena a ser as mesmas.
    Paideleo, gracias polo comentário. So pido disculpas pola miña maneira de escrever, tento facelo o mais aproximado posible a como se fala entre as portelas. Inda que as diferencias entre os distintos pobos sexan evidentes.
    Espero que Leo, non tarde moito en ler as chorradas dun vello(Ou casi).

    ResponderEliminar