martes, 13 de abril de 2010

TESIS, PARA PAULA


Falar do contrabando da zona de Val dos Marcos, normalmente é falar de contrabando a pequena escala, salvo algunha rara excepción.
En realidade cada aldea tiña o seu lugar na raia para pasar o mesmo. O contrabando pequeno, que era mais ben un contrabando de necesidade, normalmente chamabanle “trelo”.
No axuntamento de Hermisende habia tras zonas diferenciadas, onde os veciños ian a mercar, cousas como café, xabrón, e algunha tela para facer fundamentalmente camisas, pois daquela habia “camiseiras”, e un xastre en Hermisende e outro en Lubián. Costureiras habia varias.
Antes da guerra do 36, habia un contrabando diferente pois unha materia obxeto deso mesmo eran a vacas.
Escoiteile varias veces a meu pai, que él axudera a pasar vacas de Portugal para España, varias veces, fundamentalmente a un curmán del que se chamaba Euloxio, que o parecer era bastante forte neste eido.
As vacas arreaban-as pola noite, ben polo terreno de Hermisende e Castrelos ou ben polo de San Ciprian, dependendo se o destino era a zona da Canda ou Lubián ou o Padornelo ou Requeixo. Neste último caso o arreo facian-no pola serra da Teixeira. Parece que este parente do meu pai tamén facia algún outro tipo de contrabando, sobre todo café, a gran escala. Tamén le escoitei que por dúas ou tres veces se fixera rico e outras tantas quedou aruinado despois de ser atrapado polaas autoridades.
Unha das persoas que tamén se dedicou a pasar gando, foi a nai do cura Don Manuel, a tia Florinda. Parece ser que era unha muller de armas tomar, e non tiña inconvinte en enfundarse nuns pantalóns de liño, e arrear vacas por Valdecabritos e as Valiñas. As mulleres, daquela eran bastante “botadas pradiante”. Seguramente a necesidade tamén axudaba, pois unha zona como aquela non era necesariamente un sitio onde as oportunidades de gañar uns pesos, abunderan.
O marido da tia Florinda, seguramente para complementar o negocio, tamen se dedicaba o “trato”, comprando en vendendo vacas. Era o que se chamaba un tratante.
Sendo eu un neno, nun vrao que le fun a coidar as vacas ésta familia, contoume mais dunha vez o que le pasera unha vez que se fora a confesar, cun crego que creo era de por alí.
Díxolle ó crego en confesión, que como andaba no trato, as veces, se podia engañaba os que le vendian as vacas ou las compraban. Entonces o crego díxole que tiña que restituir o mal ganado, pois aquelo era pecado. Ante este razoamento do crego o ti Elias contestoule que as veces tamén o enganaban a él ó que o crego respostou “hay que abrir el ojo”.
Cada vez que o contaba escachaba a rir.
Mais tarde este tipo de contrabando esmoreceo, e quedou o do café, as pedras de chisqueiro, e armas. Coido que estas tiñan un fluxo nos dous sentidos, hacia Portugal e o revés.
No contrabando pequeno, os de Castromil e os de San Ciprian, iban fundamentalmente a pobo da Moimenta. Os de Hermisende mais ben a zona de Mofreita e os da Teixeira a Vilarinho e aldeas do aredor.
Desde San Ciprian á Moimenta habia dúas rutas: a de Lagoas e a de baixo. Esta última iba pola beira do Tuela a Cancelada, e polo camiño da Moimenta a ponte do Cunqueiro.
Os de Hermisende pasaban pola zona da Escusaña, habia varios camiños que levaban a prados e leiras na raia. O transito non era complicado.
O contrabando de España hacia Portugal era fundamentalmente de bacalao, aceite, e tamén algunhas telas. Neste senso o punto mais importante era Hermisende pois tiña comercios, e a Mezquita.
No axuntamento da Mezquita, en Cádavos, estaba o contrabandista mais famoso da zona. Se pasades por esta aldea podedes preguntar pola casa do Urbano, pois ainda está en pé. Este home, nunha ocasión, tivo a casa rodeada pola Guardia Civil, nove ou dez guardias, él estaba dentro, mais cuando entreron para detelo, non aparaceu nin alto nin baixo. Por alí xa habia máxia.

2 comentarios:

  1. Bueno, esta é a comprobación de que cambiaches moi ben as opcións dos comentarios.

    ¿Ves como o que quere pode?

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Grrraciiiiñññas!!!
    Si que hai chicha aiquí!!
    Bicos

    ResponderEliminar