miércoles, 21 de julio de 2010

UN CONTO PRA LEO



Unha vez, vai xa mutos, mutísimos anos, cuando os páxaros falaban, alá pola terra de Val dos Marcos, no internacional Val do Tuela, aconteceu esta historia que te quero contar:

“Chegou unha primaveira, na que os páxaros teñen como traballo principal, ter fillos que os sustituian a eles, cuando fain os seus nius, e empezan a enchelos de güevos que chocar, déronse conta de que algúén los roubaba.
A primeira en decatarse foi unha charrela. Todolos dias puña un güevo , e nunca tiña no niu ningún. Chegou a pensar nun problema propio dela.
Mais tarde foi a picanza a que tivo o mesmo problema. Polo domingo de Lazareto xa todos os páxaros de Val dos Marcos estaban de acordo en que alguén zampaba os seus ovos.
Foise correndo a voz entre a paxaragada.
Entonces decidiron, algúns, respaldados por todos os que sabian da situación, que habia que avisar o Bufo. Era este un páxaro nocturno que tiña sona de sabio. Era o unico que tiña orellas e uns ollos moi grandes, o denotaba por elo que era sabio.
Cando aquel clamor chegou as orella do Bufo, este entristou, e mandou convocar unha xuntanza de todolos paxaros da comarca no Teixo da touza das Mioquiñas na primeira hora da mañá antes de que o sol arraiera.
O Teixo estaba rodeado de Acivros, Escambrons e unha boa matugueira de Peixemurgos e silvas. Alí non se acercaria ningún home e ningún becho sen plumas.
Cuando chegou a hora, o Bufo scanchouse na galla seca, que dominaba toda a touza. O lado del estaba a Coruxa e a Noutarga con funcións de axudantes.
- Temos que averiguar que rouba os güevos- dixo o Bufo- Vixiaremos todo por parellas pra coller o roubaovos..
- Hai que vixiar todo, e cando sepamos quen é veremos que se pode facer- dixo a Picanza, que xunto coa Vazcoallada, inda tiñan ovos nas leiras de centeo..
- Volvemonos a ver aiqu a noute, o quitarse o sol- dixo unha Bubela..
Descubriuse que o “robaovos” era un raposo de rabo longo, lombo canoso, ollos vivos, e con tantos anos que xa sabia de sempre onde os páxaros puñan os güevos. Descubrirono na Mallada axexando a unha Cotovia-
Pola noite na xuntanza do Teixedal, acordouse pedir axuda a Águia de Valdabutre e os Corvos das Lameiras, pous nadie millor que eles para darle un escarmento a aquel raposo.
A proposta foi do Porcopisco, que xunto co Carrixo, eran os mais pequeniños. Estuveron todos de acrodo e decidiuse que os Vencellos aviseran a Águia, pous eran uns grandes voadores, e os Corvos que foran as Anduriñas, que tamén voaban sen cansarse.
O Tecelán foi o encargado de señalar o lugar no que estaba o raposo, quedando suspendido no aire enriba do raposo, hasta que chegueron os Corvos e maila Aguia Real que chegou acopañada da sua parella.
Os Corvos empezeron a escorrentar o raposo, lanzandose sobre él en picado cos peteiros en ristre, hasta que este cansado xa de tanto fuxir, foi agarrado pola Aguias que empeceron a elevarse no aire cada vez mais altas, e o raposo berrando que non o subiran tanto, pois tiña medo a altura. O parecer sufría de vértigo.
As Aguia dixérole que tiña que prometer que nunca xamais volveria a roubar ovos, por que se non o facia, levarian-o os grande neboeiros e deixarian-o caer desde alí.
O raposo prometeu que nunca mais o faria, e entonces a Aguias deixeron-o caer dunha altura pequena, no medio dun pozo do riu Tuela.
Desde aquela os páxaros poin mais cudado onde poñen o niu, e os raposos pensan-o máis antes de robar güevos.”

Esta é a lista de páxaros que foron a asamblea:
Porcopisco Zorzal
Vazcuallada Pigarro
Pintasirgo Rola
Relixa Pombo
Miorlatruteira Moucho
Alconchón Bufo
Charrela Noutarega
Pradal Pitoverdeal
Raboruzo Chincho
Carrixa Perdiz
Tecelán Ruxinal
Falcón Lavandeira
Corvo Trallón
Ferreiriña Bubela
Anduriña Pato
Vencello Picanza.
Pedimos perdón polos omitidos.

4 comentarios:

  1. Que Leo será ?.
    O meu Leo coñece a Swipper, a raposa de Dora a exploradora e sabe que as raposas queren roubar.
    Quedei marabillado coa riqueza de nomes de paxaros que coñeces.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. É precisamente para o teu Leo, para que coñeza nomes de páxaros, tal como le chamamos na Xeabra.
    Explicale que non o tome como algo a seguir gramaticalmente, pois tento escribir como se fala alá, ainda que non consga de todo.
    Dile o Leo que medre, e iremos os paxaros.

    ResponderEliminar
  3. Bonito conto e nutrido rosario de paxaros; máis que un conto para rapaces é una historia coral, cunha chea de personaxes propia dun serial. Non sei se non deixarías o avión fóra a propósito. Seguro que ven polos figos ó patio das Bichas para levarchos a ti.

    ResponderEliminar
  4. O avión tamen coñecido como Milpéndora pola zona, fódese que non pode comer figos pois os pardais xa deron conta deles.
    Na figueira do curral das Bichas, comín muto figo de Zeus, sempre pedindolle permiso a tia Fernanda e no seu defecto a Felicidad, persoas, ambalas dúas que estaran sempre cun recordo agarimoso, polo menos, da miña parte.

    ResponderEliminar