domingo, 7 de noviembre de 2010

Deica logo, compañeiro!


 Cuando eran novos, namoreron. Coñeceronse nun baile, mellor dito xa secoñecian, naquel baile deronse conta de que ambolos dous existian.
 Sufriron as consecuencias dun namoramento, nunha época, na que o ben visto era que os pais da moza rexeiteran a todo aquel que pensaban que non era o adecuado para a súa filla.
 Paseran anos antes de que puideran casar. Él tiña compromisos co estado que le tocaba vivir, roubéronle casi dous anos da súa liberdade.
 Por fin casaron. Desgraciadamente a época de casados foi cortiña. Pasou moi rápida, ainda que no calendario tiveron que mercar uns cuarenta.
 Chegou un día en que él, olvidouse de respirar. Inda que ela le deu masaxes, non atopou a maneira de facelo respirar de novo.
 Lavouno, afeitouno, púxole a roupa das festas e acomodouno na cama.
 Veleron-no os veciños, receronle, marmuñeron, beberon e lisqueron. Ela nin se enterou, tal como se sentera diante da cama, asi a tiveron que retirar na hora do traslado do corpo.
 Cuando o crego detrás de cuatro homes que sacaban o cadaleito, rezaba os responsos, escoitouse un laio:
 ¡Deica logo, compañeiro!.
 Aquelo foi motivo de leria na aldea, tanto polo deica logo como polo de compañeiro.
 Houbo burlasde todolas cores.
 Naide pensaba que aquel deica logo, non era unha despedida. ¡Era un desexo!
 A Natureza que é sabia, e coñece ben os humans, compadeceuse dela.
 Tres dias mais tarde iniciaba o mesmo camiño.
 ¡Habia que ver a cariña de ledicia que tiña dentro da súa caixiña!

4 comentarios:

  1. Muy bello, Xabres. Cargado de sentimiento.

    ResponderEliminar
  2. Tan triste como precioso ,ás veces, real.

    ResponderEliminar
  3. Es una historia preciosa. Me ha emocionado, tanto por el contenido como por cómo la has contado.

    ResponderEliminar