jueves, 11 de noviembre de 2010

ESTAMOS POLO SAN MARTIÑO


 Onte fun a matanza do meu tiu Marcelino. É a primeira matanzado ano, e é por eso que vola quero contar, aparte de que é unha ledicia para nos os rapaces.
 Pola mañanciña, bastante cedo, empeceron a chegra os homes a casa do tiu a tomar a “parva” ou “matar o bicho”. Cortanse unhas rebanadas de pan de centeo, e torranse no lume, e vanse comendo a mesmo tempo que se botan uns grolos de augardente nova, feita co bagacio das uvas do mesmo ano.
 Ona vez que se tomou a “parva”, baixamos todos o curral, ode xa esta o banco posto para matar os porcos, neste caso o porco pous o tiu solo tiñs un.
 O porco xa desconfiaba algo, supoño que seria por ver a xente forasteira, o caso e que non queria deixarse coller, hasta que foi agarrado polas orellas por dous homes e os rapaces a veces deixan-nos collelo polo rabo.
 Berraba como unha boa fera e no queria deixarse deitar no banco. Os homes eran mutos mais e o fin deiteron-no. Agarrado polas patas as orellas e o fuciño, o pobriño non tivo mais remedio que renderse. Entonces o Céfiro, que é un esperto matachin, meteule o coitelo pola gorxa hasta que se desangrou. Cando le cravou o ferro, o son dos beros cambiou ben, xa era de lamento.
 Unha vez morto, deiterono nunha padiolas, e dediquemonos a chamuscalo con fachois de palla por un lado e polo outro, procurando non deixarle ningun pelo. Despous de chamuscalo lavemolo. Botandole auga e frotando con uns callaos de canteria, hasta deixalo limpiño e branco, tamén o final pasemosle un coitelo como se quixéramos afeitar.
 Unha vez acabado esto, o Céfiro, fíxole a “tripa do cu”, que era retorcendo unha pallas que le metia polo cú hasta deixar limpo de excrementos ese tramo.
 Unha vez colgado das vigas, na corte, empezaba a tarea mais importante do Céfiro, e xa interviron as mulleres. Primeiro no chao co vicho panza arriba, quitoule a piel da barriga desde as patas de adiante hasta as de atrás. Debaixi desta sacaule o “vallo” unha parte grasenta coa que despous se fai o unto e a continuación colgase de cabeza para abaixo.
 Iniciase en entonces o proceso de sacarle as tripas. Unha vez colgado o matarife rachou a teaz que inda as suxetaba, coido qué é o peritoneo, e empeza a sacar todalas tripas e visceras de dentro do corpo do porco. É entonces cuando empeza o traballo das mulleres, separando as tripas unha de outras para despous ir a lavalas o rigueiro. Cuando a separan tamén sacan a “paxariña”, que nola dan os rapaces para asar, cousa que está moi sabrosa, e tamén sacan as molexas que as comen elas cando volven de lavar as tripas. Antes de ir o rigueiro, xa se come, e un dos pratos favoritos de todos e o figado encebolado do recien morto porco.
 Mentras as mulleres van lavar as tripas os homes van a xogar a partida á casa do Caxera, hasta a hora de cear, cuando xa acabou todo o traballo. Acabase a xornada arredor do lume na lareira, contando cada quén aquello que mais le chamou a atención no ano que está a acabar.
 Outro dia falaremos dos rexois e dos chourizos.

3 comentarios:

  1. Una fiesta, Xabres.
    Aunque he de reconocer que nunca pude con los berridos del gocho.
    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, aquello era horroroso, pero tenian que hacerlo.
    Ahora creo que las matanzas han desaparecido en casi toda Sanabria, por lo menos de la forma tradicional-
    Como se dice por Gaicia: Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Para o mes que vén matamos os dous porcos en Arbo. Matamos máis tarde para que veña o frío.

    ResponderEliminar