lunes, 15 de noviembre de 2010

O RETORNO- (RELATO INCRIBLE)

 CAPITULO III AS DUDAS

....... Intentei acercarme a aquela figura, vestida como de pelegrin. Tanto como me acercaba, tanto se distanciaba Era o mesmo que quedarse quieto.
 Finqueime de xeonllos, e cos brazos extentidos, preguei que me deixera acercar. Necesitaba un pouco de acougo, e tal vez aquel ser poderia axudarme, inda que non fora mais que por caridade, unha das tres virtudes teologais, das que unha delas eu xa ia tempo que a perdera; era a fé, e, a esperanza ia polo mesmo camiño.
 Non necesitei  acercarme mais, debeuse de compadecer de min e de súpeto, tiña a aquel ser a meu carón.
-         ¿Quen eres?- preguntei.
-         Eu son tú- respostou o ser.
 Aquela contestación deixome aparvado. Durante un tempo non fun capaz de reacionar, nin de inquirir mais.
-         Si home, sí, eu solo son unha creación da túa imaxinación, son eso que todos vos queredes chamar Deus. En realdade os grandes creadores sodes vos. Claro que tamén sodes os vosos destructores. Esto sin nigunha piedade.
-         ¿Cómo podo chegar a saber a VERDADE de quen son?.
 A imaxe que tiña a meu carón despareceu. Eu non sabia se aquelo fora real ou imaxinário. Unha cousa sí que me quedou clara, aquela situación tiña-a que resolver eu por min mesmo, se axuda.
 Atopeime de novo na haba da Gamoneda. Esta vez nun antigo campamento das obras do ferrocarril. Estaba no campamento de Santa Barbara, pertiño do alto do Padornelo. Era de noite e conseguira resguardarme dunha forte nevada, entrando nun barracón grande, onde, en literas de tres pisos, descansaba a man de obra barata, que os contratistas tiñan o seu cargo para traballar no túnel 19.
 Alí xunto a xente patibularia, habia homes moi maiores, que tiñan pinta amable. Acerqueime a un destes últimos, que me sonriu moi afablemente, e fíxome un sitio no banco no que estaba sentado.
 Acercouse un individuo coa cara cunha cicatriz desde un ollo hasta a gorxa, decindole :
-         Xa está o listo do Mestre, axudando a quen non coñece.
 Ante esta ocorrencia, o meu compañeiro, mirou para min, e con xesto indubitable, deume a entender que non fixera caso.
 Descubrín que por unha das bandas dos catres, estaban xentes forzadas a estar alí; eran presos que non foran nin tanxiquera xulgados, so estaban alí polas súas ideas, e por axudar os seus veciños. Pola outra banda estaban tamén presos, pero neste caso, xente con delitos de roubos e de sangue.
-         Márchexe  o mais axiña que poda, deste lugar, seguramente non sairemos ningún vivo deste sitio.
 O dia seguinte, sain monte a través, camiño das serras, sen rumbo definido, e botando menos aquel cabalo mercado na Gudiña.
 Despous de camiñar todo o día, xa entre lusco e fusco, atopeime nun pequeño val no que habia as ruinas do que parecia que fora unha boa casa. Pensei que seria un bon lugar no que pasar a noite.
 Acerqueime, e descubrín catro paredes que conformaban un rectágulo, con un piso de laxes de cantería,¡ mais sen teito!. Esculcando por todolos cantos, nunha abertura dunha das paredes encontrei unha especie de entrada cunha escaleiras en caracol que se enterraban na terra. Baixei por ela a tentas hasta chegar a unha sala das mesmas dimensións que a parte de arriba, con chan tamén feito de pedras graníticas, cun recinto separado o norte, e con bancos de pedra, tamén, os lados. Entraba un pouco de luz do dia, por unha bufarda que habia xusto na parede do sul.
 Cuando os ollos se  acostumeron a pouca luz, foi que descubrin todo aquelo. Senteime nun banco, pensando que tivera sorte de atopar aquela construción deshabitada. Deiteime enriba dun banco, e cando xa levaba un tempo, sentín un marmurio de auga por debaixo do piso. Ia mirar no recinto que estaba separado por unha parede e unha porta con arco, cuando pola mesma porta que eu entrera, empezeron a baixar uns cabaleiros, con cotas de malla que le chegaban desde a cabeza hasta os xeonllos, enriba levaban unha túnica branca cunha gran cruz roxa no peito e nas costas.
 Quedei quedo no banco, eos cabaleiros non se decateron de que alí estaba. Inicieron un rito arredor dunha pedra que habia no medio do recinto, e canteron nun idioma extrano para min. Levaban fachois de palla acesos, e o acabar lisqueron por outra porta identica a primeira, que estaba na parede contrária…………





No hay comentarios:

Publicar un comentario