martes, 25 de enero de 2011

¿QUEDAN TRUTAS NO TUELA?



                             O Tuela por Veigadiz


 Non hai que perder os costumes, nin as boas maneiras.
 Xa ia un tempo, pouco, pero tempo, que non falaba aiqui do riu Tuela, e por ende de Val dos Marcos, terra brava, e fria no inverno, non así no vrao.
 Hoxe imos falar, non do riu Tuela, senon dos inquilinos do mesmo, que nun tempo non demasiado lonxano inda vivian nel e sacaban ós que querian mollar  cú, da indigencia de comer peixe, que o parecer é bon para a saúde, ainda que non teña ese mineral que fai que non le saia bocio ós que o inxieren. Unha cousa que abundaba en demasía pola zona.
 Funme polas ramas, coma sempre, mais eu o que queria era falar da `pesca das trutas, naquel fermoso e caudaloso riu, sobre todo na época das tormentas pola serra de Chaos, Lubián, Hedros e Padornelo, e no tempo do derreter do carouxo e a neve nas serras.
 Vereis, nos tempos ós que me quero referir, no Tuela habia trutas por todolos cantos, nas caldeiras que levaban auga os prados, os muiños e nos rigueiros afluentes.
 Desde a raia hacia arriba, a última caldeira era a que saia da preseira chamada do couto que acumulaba un montón de auga en Chaguazais e levaba auga o couto e a Veigadarea. Nas vicadas das preseiras criábanse trutas hasta mais de cen metros pola caldeira, aparte das que se criaban no propio riu. Pasaba que as que tiñan a sorte de vivir nas caldeiras tiñan moitas mais posibilidades de supervivencia que as do riu, pois os predadores eran menos. Sabreis que no Tuela habia, lontregas e outros mustélidos que zampaban trutas, así como gran cantidade de kiobras truteiras, e outros vichos que non eran homes, que vivian das trutas. Os homes eran colledores de trutas no vrao. O resto do tempo naide as collia, salvo no inverno coas manxoeiras.
 A seguinte preseira era unha que eu xa non coñecín, no cimo dos prados de Chaguazais, e mais arriba a do Prado Grande. Era esta preseira coa sua caldeira un verdadeiro viveiro de trutas, pois ó principio dos prados do Prado Grande, para remontar os desniveis do terreno facia unhas charcas bastante considerables que casi facian outro riu, e alí as trutas tiñan poucos depredadores.
  A seguinte preseira é a de Penacoba, no fondo do pozo de Barxelas que como a anterior ramén tiña un bon tramo para a cria de alevins de truta, que logo remontaban e incorporabanse o riu.
 As eguinte preseira era a da luz de Hermisende, por debaixo da ponte. Nesta habia trutas desde as vicadas hasta a volta da auga o riu.
 As seguintes xa eran as dos muiños, e destas xa falaremos noutro momento.
 Falaremos ahora da maneira de cómo se collian as trutas daquela: A maneira mais común era co tesón. Un dos mellores era un home de Hermisende chamado Gabriel, tamén habia un home neste pueblo que as collia con anzuelo e cebo de mioca. Era o “ti” Sardiña. Andaba polo riu cun lareiro grandísimo que manexaba como se fose unha palla, era tan experto que casi sempre enchia o cesto de trutas. Das manxoeiras xa falei por aiqui, polo que non falarei mais delas.

                             O Tuela debaixo da Ponte

 Mais tarde apareceron as cañas con cebos artificiais como cucharillas e moscas feitas con plumas de galo. A partir desto cada ano empezouse a notar a falla de trutas. Seguramente coincidiu a incorporación das novas tecnolxias de pesca coa construción das carreteras entre Padornelo e a Canda, mais tarde a autovia, e o encauzamento do riu na zona do Padornelo, facendole un leito de cemento, cousa silenciada polas administracións.
 Ahora durante os invernos, na autovia, os de Fomento tiran cantidades enormes de sal para quitar o carouxo, o que leva este salitre o riu coa conseguinte mortandad de trutas.
 Pensade que durante a época da construción da variante de Lubián, o riu foi vedado. ¿Para conservar as trutas,’ ¡Non!. ¡Para que ningún pescador se vira na necesidade de denunciar a mortandade!.
 Bueno, queria falar da pesca das trutas e das fames que quiteron polo Val do Tuela, mais foiseme “ o tarro”, e xa vedes.
 Fortes apertas, os que inda leen as hitorias do abuelo Cebolleta.

2 comentarios:

  1. Jjejeje Estimado señor Cebolleta: aquí hay uno que lee - y disfruta - sus historias, y seguro que no es el único. Las truchas, las de verdad, pronto formarán parte de la mitología de esta tierra. Como los dioses antiguos: cosas de tiempos muy lejanos.
    No sabía que en Padornelo habían encementado el cauce. Cuántas veces las mayores barbaridades las cometen quien más deber tienen sobre ellas. En fin, no todo van a ser palos para los demás: aquí también hubo mucho sinverguenza demasiado aficionado a la lejia ... o la dinamita.
    Un abrazo, Xabres.

    ResponderEliminar
  2. Xibeliuss:Creo que a mi me está pasando lo mismo que a Lope de Vega, suelo parir mucho,..y..claro a veces dudo si seria mejor lo de "lo bueno si brebe dos veces....".
    Si es verdad que alguien lee. este humilde blog esta alrededor de las mil visitas al mes.
    Las truchas, creo que ya casi son historia.Lo mismo que otras muchas cosas.
    Solo nos queda la resiganción, ya no merece la pena cabrearse.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar