martes, 11 de enero de 2011

UN SECUESTRO NAS MALLAS DAS BICHAS



 Fora un dia duro. Levábamos dous dias de malla, os dous dias mallando pras tias Bichas.
 Sempre tiñan a malla mais grande (dúas medas), mais, nesta ocasión as medas parecia que unha vez plantadas na aira, medreran.
 Naquel ano, cuando facía as medas o Modesto, sobre todo nunha, o pasar da metade, algunha vez houbo que axudarle a mandar os mollos o alto.
 Desde o carro, clavábamos os mollos nunha espalladeira que suxetaba o Franco de Dine que estaba no medio de unha escada, desde onde a levantaba hasta o sitio da meda que xa estaba feita, alí recolliao a Felicidad, que o achegaba a tia Josefa que lo acercaba o Modesto que os ia colocando en roda na meda.
 Esto dará idea da talla da meda.
 No segundo dia acabouse de mallar a medio dia, e decidiuse, que antes de empezar outra meda, era mellor limpar o grao. Ameazaba chuvia e era mellor guardarlo antes de empezar outra malla.
 Instalouse a limpadora, e iniciouse a limpa, coa promesa da Felicidad de unha boa merenda, que acompañaria o final cuns “sapiños”
 Casi a hora do solpor acabouse de mallar. Non o recordo moi ben, mais creo que as “minas” levadas o couso rebaseron as cuatrocentas dabondo.
 Comeuse unha opipara merenda na mesma aira, correo o viño da uvas de Vilares, e houbo leria hasta a hora de vir a res, momento en que a tropa liscou pro Esterqueiro, a seguir a parola, e ver ir as mozas a fonte do Souto a encher as barrilas.
 Tratouse de botar un trago de viño, daquel que soia traer o Paco. Entre todos, rebuscando nos petos, cheguemos a conclusión que non tíñamos nin para un cuartillo.
 Alguén dixo que na aira quedera unha caneca nun canto, o Modesto ou á Felicidad non le importaria que o bebéramos. Fumos alá un par deles, e o entrar na aira atopemola tia Josefa que se levaba o caneco para a casa. Dixémosle o noso propósito e sin delación deunos o caneco, decindo que era pequeno, que se queriamos trainos un mais grande. Chegábanos ben.
 O chegar o Esterqueiro, o primeiro que puxo nos morros o caneco, deuse conta de que aquelo non era viño ¡Era un caneco con tres litros de aguardente!.
 Apareceu por alí o Emilo do ti Laudio, que dixo que o mellor para beber aguardente era unha cesta de noces, cousa que se arreglou nun santiamén indo a nogueira do Souto, abanando-a casi enchendo-a.
 Acabouse a cesta de noces casi o mesmo tempo que a aguardente. O Paco pechou as portas do “comercio”, pois daquela naide entrera alí, e nin as boas noites nos deu.
 Alguén propuxo que sería unha cousa ben feita, atracar o comercio do Paco, pois como era rico tería o caixón cheo de cuartos.
 Houbo dúbidas o respecto, falando dunha cousa pasouse a outra, hasta chegar a conclusión de que, mellor que roubar no comercio, era mellor secuestrar a Palmira, e logo pedirle un rescate o seu marido.
 Aiqui a discusión foi forte. Que si se pedian mil pesetas, que era mellor cen mil, que onde escondiamos a muller, é decir, démonos de cheo con todoslos problemas de un secuestro.
 Nestas estábamos cuando o Emilo tomou a voz cantante, e coa experiencia que xa daban os anos dixo:
 “¡Estades todos errados. Non vai dar nada por recuperar a muller! ¡Parece mentira que non coñezades os humans!.
 ¡Se queredes cobrar un rescate, debereir, primeiro secuestrar a muller, escondela varios días, unha vez pasado éstos, mandarle unha nota decindole: SE NON PAGAS, DEVOLVEMOSTA, DE NOVO!
 Pudo haber sido un bonito secuestro, que solo quedou neso, nun anteproxecto.
  Por Val dos Marcos éramos así.

4 comentarios:

  1. Jjajajajaja
    ¡Lo que se bebía en las majas, leñe!
    ¡Y lo que se trabajaba también!
    Un abrazo, Xabres

    ResponderEliminar
  2. Menos mal que quedou en proxecto; se chegades levalo a efecto non me estrañaría que acabase imputada a tía Josefa, por darvos a arma da maioría das valentías.
    Apertas, veciño.

    ResponderEliminar
  3. Xibeliuss, se bebia, si. Unos mas que otros, pero aquello solia dar sangre a la vida, que era bastante plana. Menos mal que habia "mallas", matanzas y fiestas patronales. Y sobre todo bastante buena fé, aunque se tratase de secuestrar a alguien, siempre en la teoria.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  4. Loro: Endexamais seria imputada a tia Josefa, pois se un caso fose, de que se levera a cabo o famos secuestro, poño a mau no lume de que ninguén dos presentes a mencionarian. Éramos un pouco "bestias", pero coido que eramos xente de fiar, ainda que muta xente non se fiera.
    Fixen unha especie da trabalinguas que no sei se entenderá, se no se é daquela xeración.
    Apertas, e un recordo para as túad tias.

    ResponderEliminar