domingo, 10 de julio de 2011

XENTE QUE FALA GALEGO NO MUNDO


  Estando en Caracas, Venezuela, organizouse unha escursión a selva nos límites de Venezuela con Brasil.
 O destino era o Parque Natural de Canaima. Sé se quere aventura, non hai mellor cousa que apuntarse a cousas organizadas polos nativos dun país, con todalas consecuencias, olvidandose de anteman das reclamacións do mundo chamado civilizado.
 A aventura xa escomenzou no avión que nos levaba a un aeroporto no medio da selva cunha estreita e curta pista de aterrizaxe sen asfaltar.
 Cuando iamos a metade de camiño, o piloto decidiu enseñarnos as excelncias da selva desde o avión. Éste era un DC-9, avión con suficiente envergadura para que os malabarismos aereos puxeran de corbata aquelo que non se debe mencionar. Pois ben, para enseñar mellor a selva, o aparato inclinabase unha vez a babor e outra a estribor. Desde o noso asiento mesmo parecia que a punta do plano de sustentación do aparato, ia topar nas copas daquelas altísimas árbores. O piloto colleule afición o asunto, hasta que os pasaxeiros escomenceron a queixarse, acordandose dos seus antepasados.
 A aterraxe foi das que fan amigos de voar. Para entrar na pista o aparato fixo un picado completo, e estabilizou a poucos metros da terra. Hai que recoñecer que o piloto tiña destreza, cousa que naide sabía antes de embarcar.
 Nunha especie de autobuses descubertos polos laterais, leveron-nos a un fermoso campamento na beira do rio Carrao, xusto diante dunha cascada semicircular. O panorama era verdadeiramente paradisíaco. Tardemos un par de días en empaparnos daquela verdadeira maravilla.
 Outra das cousas que nos gusteron, foi que, os encargados e traballadores do complexo hosteleiro eran nativos, (dixéron-nos o nome da tribu, mais non o recordo), xente atenta, mais nada amiga de mostrar desexos de familiarizar cos visitantes.
 Un día, apuntémonos a unha de tantas escursión que se organizaban cada dia. Tratábase de subir en canoa por un afluente do rio Carrao, hasta un punto onde se vía desde un pequeno "tepuy", o Salto de Angel, unha cascada de un kilómetro de altura. O espectáculo é impresionante. Outra maneira de velo salto era desde un avón JUNKER, de sete ou oito plazas. Nos xa tíñamos dabondo co viaxe de ida e volta.
 A tal escursión duraba todo o dia. Tomemos o xexún, e cunhas botellas de auga, iniciouse a andaina nas canoas riu arriba.
 Subir por aquel riu, que era afluente, daba idea de cómo sería o resto. O ancho do mesmo non baixaba nos puntos mais estreitos de uns vinte metros, e cun caudal enorme. O Carrao, onde verquia aguas aquel era tamén afluente de outro mais coñecido, o Orinoco. Parece que o nome venle da cor das augas, que son dun amarelo brilante, que é por a cor que ás augas dan as raíces dunhas arbores altísimas que le chaman Loureiros. Non me pareceron como os loureiros daiqui.
 Cheguémos o punto de destino, onde estaba previsto comer nun poboado indio, tamén a beira de outro rio. Pola selva que coñecín os rios eran as autopistas, polas que circulaban as canoas, propulsadas por forabordas potentes.
 Cando chegou a hora de comer, a organización levounos a unha especie de salón palustre, con varia mesas corridas como aquelas que habia nas feiras galegas, onde se comia o polbo, todos xuntos e revoltos.
 Como podeis imaxinar, alí á hora de falar, mesmo parecia Babel, escoitábanse case todolos idiomas coñecidos, e os non coñecidos, tal que o dos indios..
 Sentémonos, Anxela e mais eu, na esquina dunha daquelas mesas, e dispuxémonos a comer unha especie de pitos asados.
 Evidentemente, nós falábamos galego un co outro, mentras comentábamos as incidencias do dia.
 Apareceu polo comedor un tipo bastante estrafalario. Alto, musculado, cabeleira trigueña igual que barba. Unha enorme catana o cinto, e botas de coiro case hasta os xeonllos. Mesmo parecia un personaxe sacado dunha novela sobre a Pampa de Castelao.
 Estaba vixiando todo, e os que servian parecia que le tiñan moito respeto, ainda que a todas luces él era da raza branca..
 Aquiel personaxe parecía que le collera apego a pasar polo noso lado, hasta que de sútaquedirixiuse a nos decindo: EU TAMÉN SON GALEGO.
 Era o dono do lugar no que comíamos, invitounos a comer dentro da chabola adxacente, e contounos en pouco tempo a súa vida. Notábase que ia moito que no falaba en galego, pola maneir de querer contar todo en pouco tempo.
 Tiña dúas mulleres indias, e os que servian nas mesas era fillos e fillas del, levaba mais de trinta anos na selva.
 Era orixinário de Vigo, onde xa facia moito que non ia. Confesounos preguntando sobre Galicia cousas que nalgúns casos non soupemos responder. Presentounos a súa prole como a xente da súa tribu. Por certo so unha das mulleres falaba un idioma distinto o indígena e este era o GALEGO. O resto falaban no seu idioma nativo, nin castelán falaban.
 No medio da selva de Canaima, falémos GALEGO, e bebimos unha espécie de aguardente, feita polos indios.
 O galego conservase gracias a xentes como esta, e non o empeño dos politicos, tanto en impolo  por parte de uns como de afastalo por parte de outros.

3 comentarios:

  1. Tes razón. Onde haxa mundo, hai un galego, está demostrado. Nos non fomos tan lonxe coma vós, no canto de cataratas tivemos que contentarnos con acantilados e baleas piloto, pero tamén achamos un un galego (de A Guarda)gañando a vida no sur de Tenerife. E tamén nos localizou a escape (a lungua une, por moito que queiran declara inutil antes de borrala do mapa) e tamén nos tratou como a amigos. Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Vaia !. Terei que divorciarme e casar con dúas nativas dalgún lugar exótico.

    ResponderEliminar
  3. Xa se decia nos tempos escuros: Cando os americanos chegan a lúa, alí habia un galego.
    Paideleo, Nin se ocorra!.

    ResponderEliminar