sábado, 5 de noviembre de 2011

GRANDES FEITOS CINEXETICOS



No dia de todolos santos, aparte de percorrer os lugares nos que adoita andar a Estantigua, como xa referin no anterior post, tamén aproveitei para dar unhas zancadas  polos eidos de San Ciprián e polos da miña avoa Pilara.
 Como comprendereis, non escribiría esto se non fora un día de caza, deses de rompe e rasga. Foi un dia de caza, que a própia Diana, non a filla de meu primo, senón a do Olimpo grego que tamén adoitaba cazar, inda que creo que de outro xeito. Ela tiña que ter moito tento, pois habida conta de que o seu xefe, Zeus, era amigo de meterse na pelexa de moitos animais, sobre todo cando andaba berraco. Mirade o caso de Leda que foi seducida por Zeus vestido de pato, ou alguén levaba unha berza de mil pares de narices, e a Leda esa non se le ocorreu outra cousa para disimular a súas quenturas.
 Deixemos as cousas dos deuses, e volvamos o alto da Ladeira que foi onde a Canaria ventou un rastro, xusto hasta que chegou por alí o magote do Xeantoño, e deixou de buscar. Parece que non se leva ben coa cadela mastín deste e decidiu meterse debaixo das miñas nádegas. ¡Xa vai vella, a pobre Canaria!.
 Despou de subir  polo vello camiño de Rebordelo, solo me quedou baixar Ladeira abaixo, e tocar a retirada aquela tarde de sábado.
 Pola tarde houbo un magosto en Hermisende, non fún,  pois adoito non acercarme a lugares onde haxa mais de cinco personas. Sonche tímido e non bailo con descoñecidos.
 Mandei corresponsais o evento que me conteron cousas. Parece ser que, a pesar de ser a festa da castaña, non houbo bullós nin mamotas. Eso sí outro tipo de viandas. Tamén me conteron que por alí andaban as forza vivas da comarca e Tras os Montes. Acompañados todos polas súa respectivas parellas, menos a miña prima Noemí, que polo visto é do meu mesmo parecer con esto das xuntanzas.
 Outra das cousas que me conteron foi algo que me aledou moito. Non habia mesa presidencial e as autoridades estaba mezcladas co pobo liso e chairo; ¡Como debe ser!
 No domigo sain de caza de novo pola mañá, foron conmigo as dúas cadelas, desde a Cabeza das Fontes pasando polo Coballón o Sestil da Carbuizas, a fraga Balastreira a canteira infame dos Garridos, coller de novo o carro e ir probar sorte s leiras de Castromil. Estas alturas da o mesmo vaias onde vaias xa non queda nada que cazar, mellor dito non queda nada que ver, podo decir que non fun quen de ver nada. A Lua portouse, correu detrás de catro coellos, supoño, non os guipei.
 Pola tarde fun a dar unha volta pola banda de Castrelos, terra da miña avoa Pilara, e pasou o mesmo. Como decia meu pai que decia un señor de San Ciprián :”comerás berzas!.Nesas estamos.
 Inda comí tomates collidos da Porteliña, plantei allos e cebolas das de cedo. A esperar que todo vaia ben.
 Sinto moito non ter nada mellor que contarvos.
 Apertas a todos, todas.

7 comentarios:

  1. A min o que non me pinta e este fondo negro do teu blog; maréame a letra. Debe ser problema dos meus ollos.

    ResponderEliminar
  2. Tentarei cambialo. A ver que se me ocurre.

    ResponderEliminar
  3. Tiene razón mi primo Javier, mejor fondo blanco y letra negra o fondo azul y letra gris claro.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  5. Pues para no tener nada que contar te ha quedado un relato muy compuesto, Xabres. ¡Hasta pensé que al final algo habrías cazado!
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  6. Pués no Xibeliuss, aparte de que no hay casi nada que cazar, uno espera que los conejos y perdices se acerquen a los caminos y parece que no están por la labor.

    ResponderEliminar