lunes, 14 de noviembre de 2011

¡TODO SE ACABA!

 Desde quince anos atrás, viñamos compartindo actividades cinexéticas. Unhas veces con mais e outras con menos alegrias, ainda que solo polo mero feito de percorrer os lombeiros, cheos de urces, carqueixas, chaguazos e xestas,sen olvidarnos  dos croios de graníto, xeixo e louxa, nos que adoitábamos tropezar de cando en vez.
 Aquelas andainas detrás das perdices, iniciéramolas ambos, acompañados doutra colega, que para a nosa desgracia, xa nos deixera tres ou catro anos atrás cando deixou de troular.
 Entendíamonos a perfección. Eu sabia cando debia prepararme, ela sempre me avisaba con tempo.
No hora de comer a merenda, era cuando os dous, estírabamos os músculos, e ás veces, se o sol agarimaba, dabamos unha cabezadiña.
 Neste fin de semana, coma sempre, saímos a dar a nosa andaina de rigor. Xa vai tempo que eso é o que facemos. Entre que a caza escasea, e as “patas” xa non son o que eran, casi todos os dias que saimos, volvemos con menos peso co que iniciamos a xornada. Acabase a merenda, súdase algo, polo que se nos pesamos pola mañá e pola tarde veríamola diferencia.
 Estivemos pateando pola mañá pola banda do castro de Hermisende, e aparte do vento bastante forte, non houbo nada mellor que contar.
 Determinei acabar a xornada dando unha volta pola terra de miña avoa Pilara, en Castrelos. Aiquí as perdices burléronse de nos. Primeiro non dábamos nelas, mais setíamolas cantar.Un debe empezar a ter certos sentidos atrofiados, neste caso o do ouvido. Nada,  que non habia maneira de averiguar onde estaban. Por último sentimolas cantar, localizando ben a zona.Cando cheguemos alí xa lisqueran, mais foi onde me dei conta de que a miña compañeira Canaria tiña problemas. Serios problemas.
 Marcou as perdices cunha mostra daquelas de antes, enfilando unha matugueira de urces e sen moverse nadiña. Salvo o tremor docorpo, parecia unha estátua. Como dixen as “patirrojas” como gustaba de chamalas Delibes, xa non estaban alí. Entonces a Perla iniciou unha busca “rastreando” no chao areizo da zona.
 De repente deime conta de que a cadela inclinaba a cabeza, intentando seguir o rastro coa ventana esquerda do seu nariz. ¡Carajo!, pensei, parece que ten un problema. Non ten olfato na parte direita.
 Chameina o meu lado, acaricieina, tentando darle ánimos, e de súpeto invadiume unha terrible sospeita; A Canaria estaba cega do ollo direito, tamén.
 Dei por acabada a xornada e volvin para a casa. Cando cheguei a aldea a cadela era renuente a sair do “maletero” do coche, saqueina en brazos, non parou nada, liscou todo seguido para a casa de meus primos.
 Decidín ir a darle o “disgusto” a miña prima Noemí, que en definitiva é a que fai que a Canaria teña unha boa vida na nosa bisbarra.
 Xa non se levou ningún susto, sabia que a Canaria tiña problemas, xa viñera o veterinário a vela. Dixerale que era unha cousa dos anos e que tiña reuma.
 Eu con todos os meus respetos para o veterinário, non estou de acordo. A Canaria seguro que tivo un accidente cerebro vascular. Unha trombosis ou como raio se chame, pous na parte direita da cabeza  ten algún pequeno problema nas patas, tamén dese lado.
 Creo que chegou a fin da sua vida, polo menos cinexética. Nunca pensei que os animais copieran as mesmas enfermidades dos humanos.
 Espero que o veterinario non decida inxectarele unha dosis letal.

6 comentarios:

  1. Bonita historia a da túa Canaria. Bonita e triste, como a vida cando se perden facultades. Eu, pola contra, vexo mellor co fondo en branco. Se foi por min, agradecido, pero tampocuo me fai falta unha letra tan grande, ho.
    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Mágoa por Canaria.
    Hai animais que son millores que persoas.

    ResponderEliminar
  3. Sr. Loro: coido que é vostede demasiado esixente.
    O do fondo foi e honor a vocemeçe e a súa prima doña Gema. Eu tamén empezo a ter problemas cos ollos, ainda que os meus teñen uns cantos anos mais cos vosos. (Catilina, mala facinora edocebat), a hora de traducir quita o que non proceda.
    Abrazos para os dous.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo: A Canaria, foi ensinada pola Troula, outra cadela que tamén me deixou de xeito "fodido"
    Houbo que sacrificala tamén.
    Supoño que é ley de vida, pasaranos a nos tamén. Si tiveramos un bon "amo" sería ben.Cando chegue a hora de non servir, esa ixeción letal, tampouco estaría mal.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  5. Moi bonita a historia e unha pena o da cadela.
    Agora ben.
    Falades moito do de ver ou non ver ben o blog. O outro día non sei onde lin, que cando un se levanta faino cos ollos cheos de pan. Pois mirade a ver si é o problema que tedes, porque non sei si irán por aí os tiros.
    Saúdos a todos e agardo que collades con sentido do humor esta bromiña.

    ResponderEliminar
  6. Xoumeco: Eu pola mañá, coido que teño os ollos cheos de "legañas". No mas quito hasta despous de zamparme unhas ostras e un albariño.
    Apertas.

    ResponderEliminar