martes, 27 de marzo de 2012

¿Morrerá o Tuela?



                                            Estas eran as trutas que o menda agarraba no Tuela.

Un político de cuxo nome non quero acordarme (perdone D. Mguel), asegurou vai un tempo que, eso do cambio climático non existia.
 Supoño que o susodito tamén pensará que a Terra e unha cousa que debe ser explotada por aqueles que le queren e poden sacar todo, ainda que gran parte da humanidade desapareza. Supoño que él espera quedar entre os elexidos para formar outra sociedade.
 Eu penso que o cambio climático xa é algo mais que unha evidencia. Leva todo o outono e inverno sen chover en todo o noroeste. Sen embrago chove a reo polo levante e sur, cousa que hasta pouco non era o que adoitaba pasar.
 Vai pouco tempo estive na Alta Xeabra, concretamente en San Ciprián de Hermisende, como todos ou a maioria sabedes son oriundo daqueles lombeiros e estreitos vales que regan dous estupendos rios: O Tuela e o Gamoneda. Pous ben cando pasei por enriba do Tuela na fermosa porte do século dezaoito,(medio destrozada) probablemente enriba de outra xa existente, o rio levaba menos auga que cando é o tempo estival, cando os rapaces van a nadar e tirarse de vez en cando desde o petril o charco que hai debaixo, coa auga acumulada pola preseira do antiguo muiño e a minicentral que ali estivo, feita a cambio das travesas sacadas dos carballos de Hermisende para facer o ferrocarril que une Sanabria con Ourense.
 Ben esto e un problema, mais está agravado pola falta de auga nos acuiferos que abrollan as fontes coa consecuencia de que estas non botan auga, e os regachos que deitan a sua auga no Tuela xa apenas levan auga.
 Se a primeveira non o soluciona coas famosas chuvias de Abril e Mayo, imos estar lixeiramente fodidos.
 Claro que tamén pode suceder que a cousa se poña contrária o tempo actual, e empece a chover sen tino, e as tormentas fagan das suas.
 O pobre Tuela, coido que xa apenas ten trutas, entre o cemento e a canalización do rio en Padornelo, as toneladas de sal vertidas entre as duas portela por mor do carouxo, e os incendios nos montes, xa se queda algunha truta, seguro que é cousa de estudiar como un dos milagres deste século.
 ¡Quén viu e quen vei o Tuela!. Inda recordo aqueles días en que, desde as airas de baixo mirábamos como a crecida, nalgúns días, cubria totalmente o louxado do muiño da Veiguiña. Cando case rebosou por enriba da Ponte, e cando arrastrou a vella ponte que habia para pasar a Campelo. Alí solo queda o nome que a ponte le deu o pozo: O da Ponte.
 Era o Tuela un rio orgulloso, pous parece que as suas augas non se mezclaban coas do Douro hasta a desembocadura no Atlántico.
 Inda hoxe, despous de perder o nome en Mirandela collendo o nome de Tua, as augas do noso Tuela seguen correndo hasta chegar o Douro, inda con as suas augas cristalinas, e dí a lenda que asi chegan até o Atlantico.
 Coido que en Portugal  inda os lugareños de Tras os Montes seguen a decir: “Arreda, mar arreda que ahí ven o riu do Tuela”.

4 comentarios:

  1. Xabres, yo creo que ya ni las lluvias de abril y mayo, aunque vengan, que todavía está por ver, van a salvar este año. No hay ni gota de nieve en las cumbres, todo está seco. Los ríos, los arroyuelos están, como bien dices, al nivel de un agosto seco.
    Es una de las primaveras más tristes, frágiles que recuerdo.
    Ojalá me equivoque.

    Abrazos

    ResponderEliminar
  2. Esperemos equivocarnos. Aver si Abril y Mayo enmiendan algo, pero que no sea con tormentas demasido gordas.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Aquí dicimos que cando marzo maiea,maio marcea. Supoño que choverá boa parte do verán e mudará todo.
    A ver como rematan os nosos ríos e montes con este cambio climático.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo: Esperemos que a natureza nos enmende a plana, e non nos afogue. Dos ríos estou seguro que os cauces seguiran ahí, mai a auga e a vida que conlevan....non sei.

    ResponderEliminar