miércoles, 21 de marzo de 2012

¡RESPONSABILIDADES POLITICAS?



 Dicen os políticos, cando os collen metendo a mau no saco común, que eles asumen o seu coste político. Eles din “eu deixo os cargos politicos e quitome do medio”. Mais ou menos eso é o que dín.
 Eu non son desa opinión. Entre algo que agora direi, eu creo naquelo que o  César de Roma le dixo á súa muller: “A muller do César, non só debe ser honrada, senón que debe parecelo”.
 Miren señores políticos; a min non me sirve esa monserga que vostedes adoitan sembrar. Estou a falar en xeral de todos os colores políticos, pois aiquí, cando alguén cheira poder, por arte de maxia deixa de ser quen era, e se ten a oportunidade mete a mau no saco. Poderáseme decir que non todos son iguais, é posible, en todo caso a excepción confirma a regla.
 Se un político e corrupto, chourizo, ou neglixente, debe ser apartado de calquer acción na “res publica”.
 Se os políticos que o acompañan nesa lexistalura, tamén les debería pasar o mesmo.Se saben das corruptelas do correlixionário deben apartalo. Se non o fan son tan responsables como o “indecente”.. Se non se enteran, a min tampouco me valen, pous seguro que non estan facendo ben o seu traballo.
 Resumindo, se son corruptos deben ser apartados e castigados por eso. Se o saben e o achantan tamén. Se non se enteran hai que apartalos por ineptos.
 Cobran cantidades  astronómicas, e polo tanto deben demostrar que “o ganan”. Calquer traballador que falle no seu posto de traballo, vai ó camiño, e ganan moito menos diñeiro. ¡Xa está ben!.
 Unha vez que chegamos a este punto, seria de desexar que no só asuman responsabilidades políticas, é moi sinxelo meter a mau nosaco ou tomar decisións “ a bartola”, e despous marcharse de rositas non pode ser. Ten que haber responsabilidades, aparte das políticas que son evidentes, penales e mercantiles. En palabras lisas e chairas: ¡A delvolver a pasta, pagar o malgastodo, e “trullo” asegurado!.
 Parece que neste país xa todo está permitido. O que mais amola é que eses supostos membros do cuarto poder, tamén dan as súas puntadas de acordo cos seus intereses.
 ¿SEREMOS TODOS GILIPOLLAS?

4 comentarios:

  1. Fai tempo que eso de devolver os cartos pasou de moda. Nos tempos de Roldán xa pasou. El apareceu pero os cartos nada. Agora de Urdangarin, Matas, Camps, EREs andaluces con non sei cantos euros do saco común para cocaína. Non temos xente honrada no poder, temos trincóns.

    ResponderEliminar
  2. Eles fan a lei e fan a trampa e nós a apandar con todo.

    ResponderEliminar
  3. xoumeco: Os votantes temos a solución, de momento, solo que para facer eso efectivo hai que pensar, e eso parece que a maioría costalle moito.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo, xa empezo a pensar que esto está podre. E encima tamén penso en que temos o que nos merecemos. ¡Non todos!

    ResponderEliminar